FUTFEM: O Xallas ratifica o ascenso a costa do Dumbría

O partido da xornada previa a este parón de Semana Santa era o derbi da 2ª Div. na Fontenla. Un partido tenso, tremendamente igualado, que rematou con vitoria xalleira para asegurar o ascenso directo, e seguir pelexando polo título.
Ademais, na Liga da Costa, o Muxía case deu un paso definitivo na loita pola 2ª praza e pola promoción ao vencer ao Bergan B. As corviñas, a falta de 4 xornadas, suman 6 puntos máis que o Ponteceso, 7 que o Corcubión e 8 que as carballesas. A vindeira xornada, o Corme poderá cantar o alirón se vence na casa ao Corcubión.
Polo Sur, vitorias de Esteirana e Miúdas, pero sobre destacar a presión que lle meteu o melloradísimo Outes a todo un líder.
2ª Div. Galega, Gr. 1, xornada 27
Carral - Cee (4-3)
- Goles: 0-1, m.22: Naiara; 1-1, m.25: Olalla; 1-2, m.37: Nerea; 2-2, m.41: María Fraga; 2-3, m.60: Nerea: 3-3, m.65: Sabela; 4-3, m.95: Mayra.
Gran partido ofrecido polos dous equipos, con ambos tendo a pelota aínda que o Cee dominou máis. Empezou marcando Naiara nunha gran xogada en equipo poñendo o 0-1. Pero moi pronto empataba o Carral. O partido seguía igualada e Nerea marca o desempate pero o Carral antes do descanso iguala o marcador.
Na segunda parte Nerea marca un golazo nun 1 vs 1 coa porteira a que lle fixo un regate e marcou a pracer. O partido foi igual aunque o Cee estivo mais volcado en ataque. Pero nunha xogada o Carral empata o partido e na última xogada do encontro marcan o gol da vitoria.
Xallas - Dumbría (2-1)
- Goles: 1-1, m.47: Sara; 1-1, m.64: Eva; 2-1, m.86: Olalla.

Derbi de altos voos no Fontenla co ascenso e o título en xogo para as xalleiras. A tensión mascábase e cada disputa era tremendamente intensa. O partido empezaría cun ritmo alto cos dous equipos que querían ser dominadores e no permitian estar cómodo ao rival. Avisaría o Xallas con disparos desde a frontal de Espasandín e Carla, repelidos por Lissete, mentres que as visitantes tiñan antes do descando unha gran ocasión de Mariña que petaba no pau.
Seguía na segunda o partido moi intenso, sen dominador. Adiantábase o Xallas cando Sara aproveita un balón solto tralo rexeite de Lissette a tiro de Olalla. Ao pouco empataría Eva nunha presión alta definindo ben no man a man ante Rosío.
Pasaban os minutos e parcía que o choque acabaría en empate ata que nunha falta lonxana (o adestrador dumbriés Santi Lira protestou a doble vara de medir do colexiado en varias situacións do medio campo), Olalla mandaba un chut seco que se colaría pola escuadra. Aínda tivo, despois do parón pola lesión da xogadora dumbriesa Noa Forján cunha dislocación do cóbado, tendo que ser trasladada en ambulancia, Eva un man a man que puido ter sido o empate.

3ª Div. Galega, Gr. 2, xornada 22
Ademais da vitoria do Muxía ante o Bergan B, a xornada deixou resultados máis ou menos esperados.
O Corme mantén o liderato e a incrible condición de equipo invicto, goleando ao Soneira, con tantos de Naroa (3) (xa leva 54), Saskia (2), Cris Veres e Carla Pose.

No derbi do Anllóns, o Ponteceso venceu ante un serio Cabana, gracias a un gol de Oanes xusto antes do descanso, e os tantos de Eva Lago (aproveitando un rexeite dun man a man de Claudia) e de novo de Oanes (cun golazo pola escuadra) na segunda gracias á velocidade das pondalianas.
O Mazaricos venceu en Cerqueda por 0-2 cos tantos de Silvia e María Senra, pero o cadro de Miguel Ángel demostrou que está moi mellorado con respecto ao da primeira volta.

Sufríu o Corcubión para sacar os 3 puntos de San Andrés, ante un Sporting Zas tamén moi ben armado. As visitantes fallaron un penalti na primeira metade, e se ben na segunda as locais saíron fortes, un gol de Andrea Romero deciía o partido.
Ademais, O Camariñas non sufriu ante A Baña (goles de Laura Paredes (2), Yara (2) e Maira) mentres que o Pastoriza B superou ao Fisterra.
Muxía - Bergantiños B (6-2)
- Goles: 1-0, m.7: Patri Romaní; 2-0, m.10: Andrea Piroja; 2-1, m.25: Julia; 2-2, m.30: Julia; 3-2, m.32: Barca; 4-2, m.40: Barca; 5-2, m.50: Barca; 6-2, m.86: Barca.
Partido moi entretido na Arliña onde o Muxía saía moi enchufado e pronto se metía por diante cos goles de Patri e Andrea. Conseguía empatar o cadro de Noe Iglesias en dúas accions rápidas de Julia, pero aparecía o factor Barca. A punta muxiá facía dous antes do descanso e outros dous na segunda metade para sentenciar o choque e media promoción.
3ª Div. Galega, Gr. 4, xornada 22

Esteirana e As Miúdas sumaron sendas vitorias. As blaugranas saían ao campo rendendo homenaxe aos prebenxamíns, recentes campións da competición, e deron forzas para a goleada das súas referentes, gracias aos tantos de Rut (3, e xa leva 48), Bárbara (6, e xa leva 37), e Sandra Dosil.
As Miúdas superaron pola mínima ao Bastavales gracias ao doblete da capitana Paty.

Pola súa banda, cómpre loubar a actuación do Outes ante o líder, un Céltiga que só cedeu unha derrota e un empate no que vai de liga e que sufriu para levar os puntos do Cunchido. As visitantes marcaban pronto pero as de Dani Salgueiro empatan encontro nunha xogada moi ben trenzada por Carla e Gema pola banda que remataba Erika, que está a recuperar gol. Foi xusto antes do descanso nunha falta un pouco polémica que se poñen por diante.
Intentouno na segunda o cadro local, envorcadas en campo contrario, tendo varias ocasións e manténdose no partido ata o final tamén gracias a unha gran intervención de Lía.
Máis novas do álbum
- Os puntos de venda do álbum #Futfemdacosta
- Presentación en Dumbría: “Pero vós sabedes o importante é ter un cromo?”.
- Presentación en Muros: As xogadoras do sur da Costa xa teñen o seu álbum de cromos.
- Presentación en Buño: “Vós sodes as referentes”.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas do FUTFEM
- 08-04-2025: O Xallas raticou o seu ascenso directo e busca o título.
- 02-04-2025: O Xallas volve alzarse ao liderato.
- 25-03-2025: A crónica previa ao álbum.
- 18-03-2025: Nova xornada á espera do álbum.
- 11-03-2025: O Bergan B consegue quitarlle os primeiros puntos ao Corme mentres o Xallas cede o liderato na 2ª.
- 05-03-2025: O Cabana suma por Entroido.
- 25-02-25: O Xallas, a 4 vitorias do ascenso.
- 18-02-2025: 7 equipos implicados na loita pola promoción na Liga da Costa.
- 11-02-2025: O Xallas mantén o ritmo mentres o Dumbría venceu en Cee.
- 04-02-25: Esteirana perdeu unha final adiantada.
- 26-01-25: Ponse líder o Xallas, único equipo sénior que xogou, e gañou, nesta finde de temporais .
- 14-01-25: Xallas, Corme e Esteirana seguen protagonizando a temporada.
- 16-12-24: O Xallas tamén pode co Cee e a Copa xa está viva.
- 09-12-24: Cee e Xallas mantéñense na “teté de la course”.
- 03-12-24: : O Xallas superou ao Dumbría.
- 19-11-2024: O Corme demostra o seu potencial.
- 11-11-2028: Corme, Camariñas, Mazaricos e Esteirana seguen sumando de 3 en 3.
- 05-11-2024: O Cee mantén o ritmo e o Dumbría queren engancharse.
- 29-10-2024: Chegaron as primeiras vitorias da historia do Soneira e Zas.
- 22-10-2024: O Xallas mantense na pelexa Noe e Olalla ao mando.
- 15-10-2024: Xallas, Corme e Esteirana, protagonistas da xornada.
- 08-10-2024: Arrincaron as Ligas da Costa FEM cun ollo no tenso derbi do Conco.
- 24-09-2024: Cee e Xallas suman e seguen.
- 17-09-24: Trío de vitorias para comezar o curso.