FUTFEM: A crónica previa ao álbum

Esta semana, sen dúbida, o protagonista da xornada é o Álbum do FUTFEM da Costa. A familia QPC comeza hoxe mesmo a ruta de presentacións levando a maxia dos cromos por toda a comarca.
No tocante á xornada na 2ª Div., superaba o Xallas unha finalísima, ficando a só 3 vitorias do ascenso directo, e manténdose a só 1 punto dun líder que conseguiu superar ao Cee. A vitoria do Dumbría permítelle superar na 7ª praza ás ceennses
Na Liga da Costa, o Corme superou outra proba en Mazaricos, mentres a loita pola segunda praza segue viva. O Muxía é o protagonista da xornada pois non fallou en Pastoriza e aproveitou a vitoria do Corcubión nas Eiroas para ampliar a renda co Bergantiños ata os 5 puntos. O Ponteceso segue tamén aí tras superar ao Camariñas.
Polo Sur, a Esteirana venceu no derbi e mantén a vantaxe na 2ª praza sobre un Chispa que conseguiu endosar a primeira derrota da temporada ao equipo líder.
2ª Div. Galega, Gr. 1, xornada 24
Dumbría - PMFriol B (2-1)
- Goles: 0-1, m.26: Lidia; 1-1, m.49: Kelly; 2-1, m.93: Eva Lema.
Boa remontada do cadro de Santi Lira nun partido que saían desconectadas, deixando espazos atrás e sen ter claro como facerlles dano. Tras varios erros en saida de balón e tras varias faltas concedidas serían as visitantes quen se adiantarían no marcador. Pero pouco a pouco as locais ían asentándose defensivamente e aumentando o ritmo, sen demasiada claridade.
Foi ao comezo da segunda, cun punto máis de intensidade, cando as dumbriesas souberon atopar ocos na defensa lucense e conseguían empatar de contado. Non pararon de presionar, buscando a meta rival ata o final, e xa sería no desconto cando Eva desde fóra da área daría esta importante vitoria para as dumbriesas, para erguerse dun mal momento anímico, a pesar dos bos resultados.
Pastoriza - Cee (4-2)
- Goles: 0-1, m.11: Martínez; 1-1, m.12: Candela; 2-1, m.41: Cris Revuelta; 3-1, m.42: Lucía Camison; 4-1, m.81: Lucía Camison; 4-2, m.82: Nayara.
Bo partido do Cee ante o poderoso líder. As costeiras saían moi enchufadas e pronto se metían por diante, pero tiveron a mala sorte de que as locais empataron de contado. O choque rompíase a final do primeiro tempo con dous goles case consecutivos que serían un mazazo para as de Rafa. Na segunda, intentárono, pero non foron quen de remontar.
Sp. Burgo - Xallas (0-1)
- Gol: 0-1, m.85: Espasandín.
Superou unha saída moi complicada o Xallas ante un rival que esta loitando polos postos de promoción de ascenso e nun campo pequeno. Custoulles entrar no partido ás de Eloy, e igualar a intensidade das rivais que tran pronto recuperaban o balón golpeaban en longo ás costas da defensa, xerando moitas dúbidas e indecisións na defensa xalleira, pero sen grandes ocasións. Pouco a pouco foron meténdose no partido, tendo varias chegadas de Oli a envíos de Noe, e de Barcia.
Na segunda, o Xallas estivo máis dominador, e non cedeu atrás, gracias a unha gran defensa comandada por Mery e Otero. Na área contraria, as xalleiras tiveron un penalti provocado por Espasandín, que a porteira rival pararía a Noe cun auténtico paradón. Pero non decaeron, seguiron buscando a vitoria, que chegaría a 5 do final, tras unha precipitada saída da porteira local, que despexa centrado e Espasandín dende fóra da área lanza ao fondo das redes para delicia de todos os siareiros desprazados ao Burgo.
3ª Div. Galega, Gr. 2, xornada 19
Cabana - Zas (1-0)
- Cabana: Miriam, María, Sheila, Laura, Valeria (Begoña), Inma, Alejandra, Antia Pazos (Nuria), Iria (Antia Torres), Adriana (Jessie Pose), Saray.
- Zas: Noelia, Sara, Lorena, María, Carlota, Inés, Tania, Alvite, Nerea, Nuria e Lucía. Tamén: Tania T, Elsiña.
- Gol: 1-0, m.87: Miriam de penalti.
Chegaba a Cabana un Zas en clara progresión no seu primeiro ano, e a pesar de tter apenas 13 xogadoras, e foi un gran rival. De feito, na primeira parte as mellores ocasións foron dun equipo de Anxo que practicou un xogo rápido e directo buscando segundas xogadas.O Cabana levaba a iniciativa pero tampouco acertaba á hora de finalizar as ocasións con un tanto anulado a Adriana por falta á gardameta.
De feito, as porteiras, tanto a internacional Miriam nas locais, como a gran Noe Touriñán nas zaseiras, foron as grandes protagonistas dun partido que só rompía a igualada por un penalto por mans na área zaseira, que transformaba a propia Miriam.
Pastoriza B - Muxía (2-4)
- Goles: 1-0, m.11: Andrea de penalti; 1-1, m.21: Elsy de volea a un rexeite dun córner; 1-2, m.28: Andrea Piroja; 1-3, m.54: Nerea Barrientos a pase de Patri Romaní; 1-4, m.69: Raquel de cabeza; 2-4, m.81: Noa.
Solventou o Muxía o partido en Pastoriza a pesar de baixas como a dunha enferma Barca. Custoulles entrar tamén no partido ás de Isma Pose, e se viron por debaixo no marcador. Foron meténdose no choque, comezaron a combinar con máis fluidez, e no ecuador lle daban a volta ao marcador.
Na segunda parte, xa máis tranquilas e co marcador a favor, as muxiás tiveron varias ocasións sentenciando pronto.
Bergantiños - Corcubión (0-2)
- Goles: 0-1, m.31: Andrea Romero; 0-2, m.86: María Castro nun córner.
Primeira derrota do Bergan B na casa da temporada ante un Corcubión que soubo xogar as súas cartas. Comezaba ben o filial de Noe Iglesias, combiando e chegando á área rival, pero o Corcubión estaba ben posicionado e pouco a pouco deixaba de sufrir, e mesmo ía chegando á área local. Á media hora Andrea Romero abría o marcador para as de Rubén Castillo, que dominaron de aí ao descanso ante unhas tocadas xogadoras vermellas.
Na segunda, as visitantes souberon parar o partido, xogar co resultado e aguantar, impedindo que as locais tivesen fluidez nin chegadas. Xa contra o final, nun córner, as de SAn Marcos pechaban a vitoria, que aínda as deixa con algunha posibilidade de meterse na promoción.
Mazaricos - Corme (1-5)
- Goles: 0-1, m.28: Zeltia; 0-2, m.34: Natalia; 0-3, m.37: Naroa; 1-3, m.44: María Senra; 1-4, m.70: Naroa; 1-5, m.80: Naroa.
De máis a menos chegaba o Mazaricos para enfrontarse ao poderoso líder, e se atoparon cun Corme moi serio, firme e potente. Despois de media hora de control, lanzaban 3 latigazos e en 10 minutos deixaban resolto o partido co 0-3.
O equipo de Marcos, que recurtou antes do descanso, apretou durante o primeiro cuarto de hora da segunda, forzando imprecisións e varias ocasións, pero as amarelas non recurtaron e as de Rubén Souto sentenciaban.
Ponteceso - Camariñas (2-0)
- Ponteceso: María, Berdeal (Karen), Ainhoa, Myre, Laura R, Oanes (Virgi), Eva Carril, Lago, Claudia, Andrea (Lucivili), Muíño.
- Camariñas: Desiré, Laura Garrote (Lara), Rocío, Rosana (Uxía), Aitana, María, Laura Pose, Yara, Laura Paredes (Alba), Saray (Maira) e Paula Mouzo (Lola).
- Goles: 1-0, m.23: Andrea de cabeanun córner; 2-0, m.59: Myre de penalti.
Disputado encontro no Pinguel, cun Camariñas que lle puxeron moi complicada a vitoria ao cadro local. Nada máis comezar Laura Paredes mandou un balón preto do pau, e na xogada seguinte Desiré tiña que sacar unha man salvadora a un remate de Claudia. Oanes, Muíño e a propia killer Andrea avisaban antes do gol desta de cabeza nun córner.
Arrincaba forte o Camariñas na segunda, cunha ocasión moi clara ao principio pero o balón paseouse pola liña de gol sen rematadora. O tanto, de penalti cometido sobre Oanes, deixaría o partido sentenciado.
A Baña - Soneira (2-4)
- Goles: 0-1, m.2: Kenny; 0-2, m.15: Zoe; 1-2, m.45: Sara Pose nun córner; 1-3, m.48: Casti a centro de Casti; 1-4, m.79: Daniela; 2-4, m.89: Xastia.
Gran partido do Soneira, que xa dende o comezo saía moi fortes e se colocaba 0-2 en apenas 15 minutos. A Baña dispoñeria de un tiro de Xastia que salvaba Martina, e se ben as de Roland tiveron algunha ocasión máis, as de Leticia Fernández recurtaban no desconto nun córner.
Pero nada máis saír dos vestiarios, Casti fai o terceiro freando as ansias das locais, e deixando o choque case listo.
Fisterra - Cerqueda (1-1)
- Goles: 0-1, m.2: Mónica; 1-1, m.80: Xaira.
Partido moi igualado entre dous equipos en plena temporada de reformas, que rematou cun empate que sabe ben nos dous bandos. Os dous equipos competiron ben, o Cerqueda de Miguel Ángel metíase moi pronto por diante, e tivo algunha ocasión para sentenciar, pero as fisterrás de Fran Pazos aguantaron e non perderon a cara ao partido ata o final. Foi nese último treito cando chegaba o gol do empate.
3ª Div. Galega, Gr. 4, xornada 19
Esteirana - As Miúdas (6-0)
- Esteirana: Maruxa, Lidia, Martina, Marta, Terre, Lara, Sandra, Leti, Bárbara, Nuria e Dara. Tamén: Rut, Alba, Inés e Nerea.
- As Miúdas: Noa, Atenea, Leire Lamela, Leire Gallardo, Marta Verán, María Gonz., Adriana Piñeiro, Sabela, e Paty. Tamén: María García, Sofía, Ximena, Carlota e Iria.
- Goles: 1-0, m.7: Sandra; 2-0, m.15: Lara; 3-0, m.41: Rut; 4-0, m.68: Bárbara; 5-0, m.81: Martina; 6-0, m.83: Marta.
Derbi local cun bonito ambiente en Esteiro, cun cadro local que recuperaba sensacións e foi dominador. O cadro de Mané Senande, que vai recuperando lesionadas, non puido facer fronte ao potencial esteirán, nun choque de alta intensidade, e no que Maruxa tivo que salvar algunha ocasión das muradás como un man a man de Sofía. Na outra área, as blaugranas volveron tamén a efectividade.
As esteirás, que dedicaron a vitoria Alba que ven de perder á sua avoa e tamén ao xuvenil Xabi, que caiu lesionado a semana pasada no outro derbi en Muros; e lamentan a baixa de Dara, unha das xogadoras de iniciación que máis estaba medrando este curso, que á media hora se tuvo que retirar por un pinchazo nos isquios.

Bastavales - Outes (5-2)
- Goles: 1-0, m.1: Carmen Trigo; 2-0, m.18: Carmen Trigo; 2-1, m.46: Carla Vidal; 3-1, m.47: Carmen Trigo; 4-1, m.53: Carmen Piñeiro; 4-2, m.62: Alicia; 5-2, m.76: Carmen Trigo.
Mal partido das xogadoras do Outes ante un rival da mesma zona. As de Dani Salgueiro tardaron en arrincar, e pronto xa se viron 2-0 abaixo no marcador. O Bastavales controlou o marcador todo o partido aínda que as da Serra intentaban máis saír co balón xogado, e tiveron ocasións para ir recurtando. Pero a cada golpe visitante, as locais respondían con outro tanto.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas do FUTFEM
- 18-03-2025: Nova xornada á espera do álbum.
- 11-03-2025: O Bergan B consegue quitarlle os primeiros puntos ao Corme mentres o Xallas cede o liderato na 2ª.
- 05-03-2025: O Cabana suma por Entroido.
- 25-02-25: O Xallas, a 4 vitorias do ascenso.
- 18-02-2025: 7 equipos implicados na loita pola promoción na Liga da Costa.
- 11-02-2025: O Xallas mantén o ritmo mentres o Dumbría venceu en Cee.
- 04-02-25: Esteirana perdeu unha final adiantada.
- 26-01-25: Ponse líder o Xallas, único equipo sénior que xogou, e gañou, nesta finde de temporais .
- 14-01-25: Xallas, Corme e Esteirana seguen protagonizando a temporada.
- 16-12-24: O Xallas tamén pode co Cee e a Copa xa está viva.
- 09-12-24: Cee e Xallas mantéñense na “teté de la course”.
- 03-12-24: : O Xallas superou ao Dumbría.
- 19-11-2024: O Corme demostra o seu potencial.
- 11-11-2028: Corme, Camariñas, Mazaricos e Esteirana seguen sumando de 3 en 3.
- 05-11-2024: O Cee mantén o ritmo e o Dumbría queren engancharse.
- 29-10-2024: Chegaron as primeiras vitorias da historia do Soneira e Zas.
- 22-10-2024: O Xallas mantense na pelexa Noe e Olalla ao mando.
- 15-10-2024: Xallas, Corme e Esteirana, protagonistas da xornada.
- 08-10-2024: Arrincaron as Ligas da Costa FEM cun ollo no tenso derbi do Conco.
- 24-09-2024: Cee e Xallas suman e seguen.
- 17-09-24: Trío de vitorias para comezar o curso.