FUTFEM: O Xallas raticou o seu ascenso directo e busca o título
Superou o Xallas o exame do San Paio de Refoxos nun intenso derbi ante un gran Cee, e as xalleiras aproveitaron a derrota do Carral para asegurar o ascenso directo. Con todo, non baixarán a intensidade buscando o título, que teñen a 4 xornadas, con 2 puntos de vantaxe sobre o Pastoriza.
Na Liga da Costa, o Muxía deu un paso cara a promoción ao vencer en Fisterra e aproveitar o empate do Bergan B ante un gran Camariñas. Fermoso foi o derbi soneirán, no primeiro ano de Soneira e Zas.
Polo Sur, a Esteirana complicase a promoción, ao caer ante un rival directo como o Taragoña, que as alcanza na táboa pero as blaugranas aínda teñen o golaveraxe. Ollo tamén ao Chispa, que fica a 1 punto de ambas.
2ª Div. Galega, Gr. 1, xornada 26
Orillamar - Dumbría (1-4)
- Dumbría: Lucía, Forján, Carril, Mai, Kally, Claudia, Carla, Paula Rod., Sabela, Paula Fandiño, Eva Lema. Tamén: Lissette, Mariña, Juliette, Yoli, e Laura.
- Goles: 0-1, m.22: Paula Fandiño; 0-2, m.36: Eva Lema; 0-3, m.41: Eva Lema; 0-4, m.81: Mariña; 1-4, m.83: Natalia.
Partido dominado de principio a fin das dumbriesas, que suman unha nova que as afianza na 7ª praza con posibilidade de mirar cara arriba, pois o Carral, na 3ª praza, queda a apenas 5 puntos das de Santi Lira, cando faltan 4 xornadas, tendo iso si, outros tres equipos polo medio.
Cee - Xallas (0-2)
- Cee: Noemi, Lurs, Ramos, Nerea, Sabela, Laura, Martínez, Naiara, Nayara, Duarte, Sharay. Tamén: Valeria, Lucía Caamaño e Uxía.
- Xallas: Rosío, Carla, Cali, Andrea Otero, Mery, Espasandín, Sara, Noe Vimi, Barcia,, Facal e Olalla. Tamén: Patricia, Valeria, Carmen, Laura e Yaiza.
- Goles: 0-1, m.6: Claudia Facal nun córner; 0-2, m.83: Noe.
Fermoso derbi costeiro case que en horario nocturno no San Paio de Refoxos, que comezaba cun gol tempraneiro das de Eloy nunha xogada ensaiada tras un córner. A primeira metade foi de moito xogo no medio campo, con algo de máis dominio xalleiro pero poucas ocasións, máis alá dun tiro Espasandín que salva Noemi.
Na segunda parte o Cee intentou achegarse a portería rival pero non foron capaces salvo un tiro de Duarte desviado e outro de Nerea. Tamén tivo o empate o Cee nunha xogada por banda trala que o pase atrás dunha ceense era despexado por unha defensa rozando o pau.
Na outra área Barcia facía dano pola banda, e sacaba centros para Olalla obrigando a Noemi a facer un paradón de mérito. A incerteza mantívose ata o treito final cando Noe facía un golazo dende lonxe para certificar así o ascenso directo.
3ª Div. Galega, Gr. 2, xornada 21
Cabana - Corme (0-2)
- Cabana: Miriam, Alison (Begoña), Sheila, Laura, Valeria (Antia Torres), Inma, Iria (Jessie Pose), Alejandra, Irene, Natalie (Nuria), Saray (Aroa)
- Corme: Lucía; Saskia, Laura, Irene; Zeltia, Olalla, Lucía, Natalia (Aurora) (Aroa); Ana (Candela), Naroa, Cris.
- Goles: 0-1, m.30: Naroa; 0-2, m.50: Naroa.
Recibía o Cabana o líder invito da competición e tentou poñelo en problemas pero o Corme impuxo o seu ritmo dende o primeiro minuto. Defendiase ben o Cabana e tentaba contragolpear pero a defensa do Corme mostraba se firme. Con todo, non estaban ben co balón as de Rubén Souto e tardaban en facer dano a unha Miriam estelar. Á media hora aparecía Naroa para abrir o marcador e quitar presa ás visitantes.
Na segunda parte seguiu a mesma tónica cun Corme mais dominador e un equipo de José Manuel moi combativo que poñía en algún apreto ás visitantes pero volvía a ser Naroa (xa leva 51…) quen poñia o 0-2 definitivo.
Ponteceso - Pastoriza B (6-1)
- Ponteceso: María, Berdeal (Virginia), Ainhoa, Myre, Karen (Lara), Claudia (Lucivi), Eva, Lago, Oanes, Muíño, Andrea (Laura R).
- Goles: 1-0, m.10: Eva Lago dende os tres cuartos de campo; 2-0, m.12: Oanes cun tiro dende fóra da área; 3-0, m.17: Andrea a pase de Oanes; 4-0, m.41: Claudia; 5-0, m.54: Claudia; 6-0, m.58: Muíño nun córner botado por Lago; 6-1, m.73: Carlota.
As de Curro dominaron durante todo o primeiro tempo, mentres que as de Pastoriza apenas conseguiron facer dano. Dende o inicio, as de Ponteceso comezaron a xerar ocasións claras, e en 20 minutos xa tiñan o partido encarrilado cun claro 3-0.
Na segunda metade, o cansazo e a calor fixéronse notar, pero as pontecesás volveron saír con forza.
Zas - Soneira (2-3)
- Zas: Noelia, Sara, Andrea,María, Carlota, Inés, Lara, Alvite, Nerea, Nuria e Lucía. Tamén: Lorena , Tania, Alba.
- Soneira: Martina, Rosa, Cristal, Uxía, Zoe, Albores, Ana Mouzo, Leila, Adriana, Sara Casti, Kenny. Tamén: Laura Calvo, Rocío, Antía, Sara Agra e Helena.
- Goles: 0-1, m.11: Uxía Lema; 1-1, m.55: Nuria; 1-2, m.58: Uxía; 2-2, m.89: Tania; 2-3, m.93: Zoe.
Volveulle gañar a partida, como na ida, o Soneira ao Zas neste fermoso duelo de debutantes que non se decidía ata o desconto. Fo un choque moi igualado, que comezaba co balóns nos pés das de Roland, pero sen atopar ocos na defensa local. Si que aproveitaba Uxía Lema abrir pronto o marcador de tiro lonxano. Tivo o Zas tamén algunha ocasión pero sen acerto.
Arrincaba a segunda metade na que o cadro de Anxo Garrido asumía o mando, marcando pronto o empate por medio de Nuria. Pero de contado, Uxía Lema metía de novo ás soneirás por diante sen tempo para que o Zas celebrase o gol. Quedaba media hora por diante, e o Zas apretaba cada vez máis. E cando parecía que o partido esmorecía, Tania facía o empate. Xa estaban no desconto pero o partido non acabara e xa no 93, un centro da veterana Ana Mouzo era rematado por Zoe para delirio das visitantes.
Mazaricos - Corcubión (1-2)
- Goles: 1-0, m.30: Silvia; 1-1, m.60: María Castro de penalti; 1-2, m.66: Noa nunha contra.
4ª vitoria seguida do Corcubión que se afianza na 5ª praza, tras remontar unha boa primeira metade das amarelas. Partido moi igualado no que se adiantaban as locais cun golazo de Silvia, tendo un man a man de María e tendo tamén unha ocasión ás visitantes nun balón ao pau. Na segunda, recurtaban as visitantes, e pronto se metían por diante. No treito final apretaron as amarelas que fixeron sufrir ás branquiazuis.
Bergantiños B - Camariñas (2-2)
- Bergantiños B: Nereira, Aisha, Serrano, Arancha, Daniela, María, Antía Rojo, Ahinoa, Amelia, Carmen e Julia. Tamén: Aroa, Paula, Lorena, Yousra e Sara.
- Camariñas: Desiré, Aitana, Rosana (Lara), Rocío, Saray (Daniela), María (María), Laura Pose, Yara, Laura Garrote (Uxía), Laura Paredes (Alba) e Paula Mouzo.
- Goles: 0-1, m.8: Yara; 1-1, m.21: Carmen; 1-2, m.75: Alba; 2-2, m.76: Julia.
Saían as de Cabrejo e Pepucho ben prantadas, esperando as súas ocasións, e pronto Yara demostraba a súa calidade abrindo o marcador. Non tardaron as locais en empatar cun tiro lonxano de Carmen. Non estiveron ben as de Noe Iglesias na primeira metade, ante un Camariñas moi intenso, que tivo ademais unha boa ocasión de Paula tras unha parede con Laura Paredes e que sairía lambendo o pao dereito da portería carballesa.
Seguía o mesmo guió na segunda, coas locais algo máis entonadas, pero eran Alba a que aproveitaba un rexeite tras unha xogada da súa irmá Paula Mouzo para facer o segundo. Non duraba moito a alegría na casa camariñá pois un minuto despois Julia volvía empatar cun tiro frouxo que contou coa axuda da meta Desiree. Acabaron sufrindo as visitantes pero aguantaron un puntiño nas Eiroas, complicando a loita do filial para meterse na fase.
A Baña - Cerqueda (1-2)
- Goles: 1-0, m.64: Paula; 1-1, m.65: Inés Amado; 1-2, m.85: Mariña de penati.
Vitoria moi traballada polas de Miguel Ángel Rodríguez, que se atoparon cun cadro de A Baña tamén moi mellorado dende o comezo de liga, e ao que alonxa na táboa. As de Leticia Fernández apretaban dende o comezo dominando a primeira metade. Custáballe entrar ás malpicás pero acabaron tendo algunha ocasión que salvou a meta Xiana.
Na segunda as visitantes apretaban algo máis, pero era Paula Varela a que adiantaba ás locais. De contado empatou Inés Amado, deixando de novo o choque aberto. Puido caer dos dous lados, pero foi Mariña, de penalti, a que asinaba, no m.85, o gol da vitoria do Cerqueda.
Fisterra - Muxía (0-4)
- Fisterra: Lucía, Tamara, Irene, Marcote, Aroa, Jimena, Xiara, Leny, Paula, Jenifer e María Díaz. Tamén: Cata, Lidia, Bego, Rosa e Sandra.
- Muxía: Vero, Ana, Paula Vilela, Nerea Pazos, Andrea Dom. Andrea Piroja, Karen, Elsy, Claudia, Raquel e Barca. Tamén: Nuria e Nerea Barrientos.
- Goles: 0-1, m.7: Claudia; 0-2, m.19: Barca; 0-3, m.32: Claudia; 0-4, m.49: Andrea Piroja.
Do 13-0 da ida ao 0-4, nótase a melloría deste renovado Fisterra, que intentou prantar cara a un eficaz Muxía, que a pesar de non contar con Patri Romaní, demostrou a súa pegada. Non foi un partido con ritmo, pero os goles tempraneiros xa lle permitiron ás de Isma Pose controlar os tempos. As de Fran Pazos e Ángela demostraron a súa melloría.
3ª Div. Galega, Gr. 4, xornada 21
Catoira -Outes (0-11)
- Goles: Laura Lires (8), Erika, Carla e Claudia Carou.
8 goles de Laura Lires (xa ten 29 a pichichi outiense) deron conta do pechacancelas da categoría, nun partido no que as de Dani Salgueiro saíron moi enchufadas, marcando xa no primeiro minuto. A primeira metade foi de control absoluto do balón pola parte visitante, vixiando algun balón en longo cara a extremo rival que Gema e Uxia controlaron perfectamente. Foron 4 goles nesa primeira metade e facendo a porteira rival varias boas paradas. Destacar o primer gol de Claudia Carou.
Taragoña - Esteirana (4-3)
- Esteirana: Maruxa, Lidia, Nerea, Terre, Marta, Lara, Sandra, Nuria, Leti, Bárbara e Rut. Tamén: Inés, Gina, Alba e Dara.
- Goles: 0-1, m.15: Bárbara; 1-1, m.36: Luna; 2-1, m.44: Laura; 2-2, m.51: Leti; 3-2, m.56: Luna; 3-3, m.66: Rut; 4-3, m.92: Luna.
Duelo intenso na parte alta da táboa, que permite que o Taragoña alcance na táboa na segunda praza ás de Fran Figueroa. Un Figueroa que se queixou da actuación e sobre todo da actitude arbitral, tras sufrir dous goles anulados por polémicos fóras de xogo e dúas expulsións.
O choque estaba fermoso, sen un dominador claro do xogo, por fases de ida e volta e con bonitos duelos, con golpes para un lado e para outro. Adiantábanse as blaugranas pero as locais dábanlle a volta antes do descanso. Empataba de novo Leti para as visitantes, e o guión volvía repetirse: marcaba Luna e respondía Rut (que xa suma 45 goles). E cando o partido parecía que ía esmorecer, Luna completaba o seu triplete dándolle importantes puntos ás súas.
Milladoiro - As Miúdas (0-8)
- Goles: María González (2), Sofía, Paty (2), Cris e Carlota.
Vai recuperando efectivas Mané Senande, como Sofía e Ana, esperando aínda pola longa recuperación de Ximena e Laura. As muradás saíron moi forte e en 25 minutos xa sentenciaran o partido con intensidade e efectividade ante un dos equipos da zona baixa. A segunda foi un trámite.
Máis novas do álbum
- Presentación en Dumbría: “Pero vós sabedes o importante é ter un cromo?”.
- Presentación en Muros: As xogadoras do sur da Costa xa teñen o seu álbum de cromos.
- Presentación en Buño: “Vós sodes as referentes”.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas do FUTFEM
- 02-04-2025: O Xallas volve alzarse ao liderato.
- 25-03-2025: A crónica previa ao álbum.
- 18-03-2025: Nova xornada á espera do álbum.
- 11-03-2025: O Bergan B consegue quitarlle os primeiros puntos ao Corme mentres o Xallas cede o liderato na 2ª.
- 05-03-2025: O Cabana suma por Entroido.
- 25-02-25: O Xallas, a 4 vitorias do ascenso.
- 18-02-2025: 7 equipos implicados na loita pola promoción na Liga da Costa.
- 11-02-2025: O Xallas mantén o ritmo mentres o Dumbría venceu en Cee.
- 04-02-25: Esteirana perdeu unha final adiantada.
- 26-01-25: Ponse líder o Xallas, único equipo sénior que xogou, e gañou, nesta finde de temporais .
- 14-01-25: Xallas, Corme e Esteirana seguen protagonizando a temporada.
- 16-12-24: O Xallas tamén pode co Cee e a Copa xa está viva.
- 09-12-24: Cee e Xallas mantéñense na “teté de la course”.
- 03-12-24: : O Xallas superou ao Dumbría.
- 19-11-2024: O Corme demostra o seu potencial.
- 11-11-2028: Corme, Camariñas, Mazaricos e Esteirana seguen sumando de 3 en 3.
- 05-11-2024: O Cee mantén o ritmo e o Dumbría queren engancharse.
- 29-10-2024: Chegaron as primeiras vitorias da historia do Soneira e Zas.
- 22-10-2024: O Xallas mantense na pelexa Noe e Olalla ao mando.
- 15-10-2024: Xallas, Corme e Esteirana, protagonistas da xornada.
- 08-10-2024: Arrincaron as Ligas da Costa FEM cun ollo no tenso derbi do Conco.
- 24-09-2024: Cee e Xallas suman e seguen.
- 17-09-24: Trío de vitorias para comezar o curso.