FUTFEM: O Xallas volve alzarse ao liderato
Xa cos álbumes na rúa, despois das presentacións realizadas en Dumbría, Muros, e Buño, o fútbol feminino da Costa disputou unha nova xornada ligueira.
Xornada importante na 2ª, onde o Xallas, despois de vender ao Orilla, vía como o Carral (3º), vencía ao Pastoriza, permitíndolle ás xalleiras volver tomar o liderato da categorías. As xalleiras teñen 2 puntos de vantaxe a falta de 5 xornadas para o final, tendo ademais 11 puntos xa de marxe coa terceira praza, polo que está a vitoria e media de ratificar o ascenso.
Na Liga da Costa, co Corme ao seu, a loita está pola segunda praza, na que o Muxía sumou un empate que lle vale para manter a 6 puntos o Ponteceso no partido da xornada, co permiso dun Bergan B que fica a 3 das muxiás. O Corcubión, a base de goles, non se quere despegar con aínda 6 partidos por diante.
Polo Sur, a Esteirana segue pelexando por manter a praza de promoción, e o empate ante o Chispa deixa ás de Vilanova de Arousa a 4 puntos. As Miúdas non puideron frear ao Taragoña que se pon a 3 das blaugranas.
2ª Div. Galega, Gr. 1, xornada 25
Silva- Dumbría (0-5)
- Dumbría: Lissette, Noa, Carril, Mariña, Laura, Paula Fandiño, Cundíns, Sabela, Mai, María, Eva. Tamén: Lucía, Paula Rod., Juliette, Carla, Lara.
- Goles: 01, m.12: Eva; 0-2, m.22: Eva; 0-3, m.30: Mariña; 0-4, m.50: Paula Fandiño; 0-5, m.60: Mariña.
Visitaban ás pechacancelas as de Santi Lira e a pesar da calor, saían moi enchufadas, ante unhas herculinas que parece que xa se están deixando ir. Pronto abría a conta con doblete de Eva, a partir de aí o portido colliu velocidade de cruceiro, sendo máis ben un trámite.
Xallas - Orillamar (4-0)
- Xallas: Rosío, Landeira, Cali, Andrea Otero, Espasandín, Sara, Noe, Laura, Barcia, María Rial e Facal. Tamén: Olalla, Marta, Valeria e Yaiza.
- Goles: 1-0, m.2: Andrea Otero pola escuadra tras un córner; 2-0, m.25: Facal a centro de Barcia; 3-0, m.30: Espasandín nun córner; 4-0, m.80: Yaiza aproveita un rexeite da porteira a unha falta botada por Noe.
Bo partido das xalleiras, dominadoras absolutas e con boas combinacións. Xa se adiantaban pronto cun tanto de Otero tras un córner, e no ecuador da primeira Facal, tras gran xogada de Barcia, e Espasandín deixaban o partido visto para sentenza.
A segunda foi de trámite.
Cee - Burgo (1-3)
- Cee: Noemi, Lurs, Ramos, Nerea, Sabela, Laura Blanco, Lucía Martínez, Saray Duarte, Sharay Caamaño, Naiara Vázquez, Nayara Casais. Tamén: Valeria, Uxía e Minerva.
- Goles: 1-0, m.21: Saray Duarte; 1-1, m.70: Tamara Fuentes; 1-2, m.78: Yadira; 1-3,m .90: Jade.
Derrota do Cee a pesar de comeza gañando tras un gol lonxano de Duarte, e estar moitos minutos por diante. Os dous equipos loitaban por ter o balón pero ninguén se apropiaba del, deixando unha primeira metade con poucas ocasións.
Na segunda parte a tónica do encontro foi a mesma pero o Cee tivo algo máis o control do partido ata que nunha polémica xogada o árbitro pita penalti a favor do Burgo, que foi ataxado por Noemi pero no rexeite as herculinas empataban o partido. Despois nunha xogada de contraataque o Burgo marcaba cunha vaselina. O Cee envorcouse a area rival en busca de igualar o encontro pero nos últimos minutos o Burgo marcaria o gol da sentenza.
3ª Div. Galega, Gr. 2, xornada 20
Camariñas - Fisterra (2-0)
- Camariñas: Desiré, Uxía, Rosana (Saray), Rocío (Leti), Aitana (Lola), María, Laura Pose, Yara, Laura Garrote (Lara), Laura Paredes (Maira) e Paula Mouzo.
- Fisterra: Lucía, Ana, Tamara, Irene, Marcote, Aroa, Sandra, Jimena, Xaira, Leny e Jenifer. Tamén: Cata, Adela, Bego, Antía e Paula.
- Goles: 1-0, m.10: Laura Paredes; 2-0, m.43: Paula Mouzo.
Segue competindo cada vez mellor o Fisterra, defendendo como pode e aguantando mellor que no primeiro terzo da temporada. Así e todo o Camariñas foi superior e moi pronto xa se puxeron pronto por diante. Antes do descanso Paula Mouzo faría o segundo nunha boa xogada persoal.
Na segunda aguantou ben o Fisterra, que tivo un par de chegadas como unha falta lanzada por Leny que conseguiría atallar, non sin apuros, Desiré.
Corme - Zas (9-0)
- Zas: Noelia, Sara, Andrea,María, Carlota, Inés, Tania, Alvite, Nerea, Nuria e Lucía. Tamén: Elsiña, Lara e Olalla.
- Corme: Lucía; Saskia, Laura, Irene; Candela, Olalla (Salomé), Lucía, Zeltia; Ana, Naroa (Aroa), Cris.
- Goles: Naroa (6), Cris Veres (3).
Partido marcado por un inicio espectacular do Corme ofensivamente (viñan concienciadas as de Rubén pois o da primeira volta foi o peor partido do curso) que xa deixou sentenciado o encontro nos primeiros 15 minutos con 5 goles, 4 de Naroa…
A segunda parte xa baixando a intensidade ambos equipos non pasou nada destacable máis alá dos 6 tantos que sumou a destacada pichichi da categoría con 49 tantos en 20 partidos xogados.
Muxía - Ponteceso (0-0)
- Ponteceso: María, Berdeal, Ainhoa, Myre, Karen (Laura R.), Silvia (Lara), Eva Carril, Lago, Oanes, Claudia, Muíño. Tamén: Virgi e Colores.
- Muxía: Vero, Ana Toba, Nerea Pazos, Andrea Piroja, Nerea Barrientos, Andrea Dom., Patri Romaní, Elsy, Barca, Nuria, Raquel. Tamén: Claudia e Karen.
Partido de poder a poder en plena loita polo segundo posto da táboa. E foi un partidazo de intensidade e igualdade máxima, e moitas ocasións nas dúas áreas. Comezaba o Ponteceso co vento a favor, tendo varias oportunidades de Claudia ou Eva Lago e un tiro o traveseiro de Silvia para adiantarse, pero Vero impediron ás visitantes adiantarse. Tamén as locais lanzaron un par de boas contras que se atoparon cunha espectacular María na meta das de Curro
Na primeira ocasion da segunda parte as de Isma Pose tiveron a ocasion máis clara, tras un tiro de Barca que pararía María, tamén o rexeite de Patri. Xogouse máis a segunda no campo das pondalianas, con varias paradas de María, pero tamén as muxiás tiveron que sacar un remate de Claudia nun córner na liña de gol.
Empate final que sabe ben nas dúas familias.
Pastoriza B - Cabana (1-1)
- Cabana: Sheila, Irene, María, Laura, Valeria (Begoña), Inma, Iria, Antia Pazos, Natalie (Alison), Adriana (Jessie Pose), Saray (Nuria).
- Goles: 1-0, m.57: Noa Varela; 1-1, m.65: Irene.
Partía con moitas baixas o Cabana debido a unha viaxe de estudios e tiña que improvisar porteira sendo Sheila a elexida e cumplindo perfectamente coa súa labor. Foi un partido con poucas ocasións e bastante igualado que cerca do descanso viu como o Pastoriza quedaba con dez logo dunha expulsión por doble amarela. O Cabana non puido aproveitar esa superioridade e adiantábase o Pastoriza nunha indecisión da defensa cabanesas. Porfiaron as visitantes e pronto empataría Irene. Ata o final intentos bastante descontrolados do Cabana de gañar o partido pero as locais defendéronse ben e sacaron algunha contra perigosa.
Corcubión - A Baña (10-0)
- Corcubión: Elena, Elisa, Marta, Carla, Alexandra Lojo, Ana Sierra, Noa, Cris, Helena, Sandra e María Castro. Tamén: Trini, Tati, Andrea Romero, Andrea Rod. e Serena.
- Goles: Alexandra Lojo (4), Sandra, Trini (3), Serena, e María Castro.
Partido fácil do Corcubión que saíaxa moi forte e se adiantaba pronto. Alexandra Lojo facía o terceiro antes do descanso, e na segunda parte as visitantes xa se deixaron ir e as de San Marcos non frearon.
Cerqueda - Bergan B (1-3)
- Goles: 0-1, m.9: Ahinoa; 0-1, m.57: Carmen de falta ao borde da área; 1-2, m.60: Carla Busto; 1-3, m.91: Arancha a centro de Antía.
Bo partido do Cerqueda, que competiu moi ben ante todo un filial bergantiñán. E iso que as de Noe Igleas saíron moi fortes, e pronto se adiantaban. As locais intentaban apretar en todo o campo, e conseguían evitar que chegasen demasiado, e cando chegaban estaba a brava Inés para manter ao cadro de Miguel Ángel no partido. Nin co segundo, ao comezo da segunda, desistiron as locais, que respondían moi pronto co tanto de Carla Busto. O Bergan dominaba máis pero estaba precipitado nas accións de ataque e non foi ata o desconto cando sentenciaban as visitantes.
Soneira - Mazaricos (1-1)
- Goles: 1-0, m.34: Sara Casti; 1-1, m.60: Raquel Antelo.
Partido moi disputado o vivido no Municipal de Vimianzo. Saían as amarelas máis dominadoras, pero os seus achegamentos eran pouco claros. Á contra intentábano ás de Rolan obrigando a Valeria a sacar un par de mans a mans con Sara Agra. Quen si atinou a marcar nunha serie de rexeites foi Sara Casti para poñer por diante ás soneirás antes do descanso.
Seguía mandando o Mazaricos na segunda, e apretaba máis e máis á meta de Martina, que tiña que sacar varias grandes ocasións. Marcaba Raquel nun tiro lonxano que se lle escapaba a meta local, pero o longueiro, e de novo Martina evitaron a remontada amarela, aínda que tamén tivo que aparecer Vale de novo para salvar un tiro de Kenny.
3ª Div. Galega, Gr. 4, xornada 20
Esteirana - Chispa (0-0)
- Esteirana: Maruxa, Lidia, Nerea, Terre, Martina, Lara, Sandra, Nuria, Leti, Bárbara e Rut. Tamén: Alba, Inés, Gina e Lola.
Partido disputado entre as 2ª e as 3ª clasificadas que viñan en serie ascendete tras ser o único conxunto capaz de vencer ás líderes, e de maneira moi clara. Pola súa banda as locais están recuperando sensacións trala vitoria contundente no derbi, polo que se esperaba un duelo bonito de ver.
Na primeira metade moitas imprecisións e ocasións para os dous bandos, as arousanas agardaban en campo propio pero lanzaban con perigo á contra con varias transicións nas que apareceu unha Maruxa moi enchufada. As de Fran Figueroa tamén chegaban con certa claridade pero fallaban na toma de decisións nos metros finais.
A segunda metade foi máis de dominio das “roxazuis” e as visitantes apenas inquietaron a área de Maruxa, pero novamente pecaban de precipitación a pesar de ter ás rivais metidas en 3/4 de campo… pero esa claridade de cara o gol de outrora, desta volta virou en ansiedade e acabou deixando o duelo en tánoas nunha tarde de calor onde non souberon rubricar o traballo feito no partido cos 3 puntos.
As Miúdas - Taragoña (0-3)
- As Miúdas: Siaba, Alba, Sabela, Iria, María González, Noa, Ximena, Sofía, Cris, Clara e Paty.
- Goles: 0-1, m.25: Paula Lesende; 0-2, m.35: Luna; 0-3, m.64: Marina Caramés.
Con 11 (e dúas con problemas físicos) se presentaban as de Mané Senande para enfrontarse a un dos de arriba. O equipo muradán acabou con 9 sobre o campo, pero así e todo a base de esforzo competiron e aguantaron moi ben.
Outes - Mosteiro (4-1)
- Outes: Candela, Nat, Natalia Alonso, Uxía, Carmen, Carla, Miriam, Alicia, Erika, Gema Roo e Laura Lires. Tamén: Cris Fdez., Paula, Sofía Lires, Graci e Natalia Lago.
- Goles: 1-0, m.14: Laura Lires; 1-1, m.45: Sheyla Couto; 2-1, m.52: Laura Lires; 3-1, m.67: Carla; 4-1, m.80: Carla.
Gran partido das de Dani Salgueiro que superan ás rivaisna tánoa. Comezaban con varias chegadas á área rival as locais, ata que Laura Lires si que acertaba para poñerse por diante. Tiveron dous mans amans para ampliar a renda, pero as visiantes aguantaron e conseguían empatar xusto no desconto da primeira metade.
A segunda parte foi moi diferente, enfadadas polo inxusto do marcador co referente o futbol visto, as locais saíron con moita máis intensidade e dominaron o balón e as ocasións, sobre todo cunha gran Carla inspirada á hora de regatear que agora si meteu dous bos goles tras deixar atrás a todas as defensas.
Máis novas do álbum
- Presentación en Dumbría: “Pero vós sabedes o importante é ter un cromo?”.
- Presentación en Muros: As xogadoras do sur da Costa xa teñen o seu álbum de cromos.
- Presentación en Buño: “Vós sodes as referentes”.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas do FUTFEM
- 25-03-2025: A crónica previa ao álbum.
- 18-03-2025: Nova xornada á espera do álbum.
- 11-03-2025: O Bergan B consegue quitarlle os primeiros puntos ao Corme mentres o Xallas cede o liderato na 2ª.
- 05-03-2025: O Cabana suma por Entroido.
- 25-02-25: O Xallas, a 4 vitorias do ascenso.
- 18-02-2025: 7 equipos implicados na loita pola promoción na Liga da Costa.
- 11-02-2025: O Xallas mantén o ritmo mentres o Dumbría venceu en Cee.
- 04-02-25: Esteirana perdeu unha final adiantada.
- 26-01-25: Ponse líder o Xallas, único equipo sénior que xogou, e gañou, nesta finde de temporais .
- 14-01-25: Xallas, Corme e Esteirana seguen protagonizando a temporada.
- 16-12-24: O Xallas tamén pode co Cee e a Copa xa está viva.
- 09-12-24: Cee e Xallas mantéñense na “teté de la course”.
- 03-12-24: : O Xallas superou ao Dumbría.
- 19-11-2024: O Corme demostra o seu potencial.
- 11-11-2028: Corme, Camariñas, Mazaricos e Esteirana seguen sumando de 3 en 3.
- 05-11-2024: O Cee mantén o ritmo e o Dumbría queren engancharse.
- 29-10-2024: Chegaron as primeiras vitorias da historia do Soneira e Zas.
- 22-10-2024: O Xallas mantense na pelexa Noe e Olalla ao mando.
- 15-10-2024: Xallas, Corme e Esteirana, protagonistas da xornada.
- 08-10-2024: Arrincaron as Ligas da Costa FEM cun ollo no tenso derbi do Conco.
- 24-09-2024: Cee e Xallas suman e seguen.
- 17-09-24: Trío de vitorias para comezar o curso.