2ª FUTGAL: As dúas loitas que quedan ademais do título
A xornada 27 quedará para a historia da Liga da Costa pola consecución do título do Camariñas. Os palilleiros conseguen o campionato con 3 xornadas de marxe, demostrando o temporadón espectacular do grupo dirixido por Juan Cabrejo. A única pega, que Moriño non puido gozar da festa pois tivo que marchar en ambulancia por un choque contra unha portería de F8, e acabou con 7 puntos de sutura.
A xornada quedará marcada tamén, lamentablemente, pola polémica xurdida no Eleuterio Balayo, no derbi entre Muros e Monte Louro, tralos insultos homófobos denunciados por un xogador loureán.
Polo demais, no deportivo, a nota máis destacada é a derrota do Xallas, que se cae directamente dos postos de promoción ante as vitorias de Baio e Soneira. Quedan 3 xornadas de fermosa loita polas dúas prazas de promoción.
A que segue viva, e tan viva, tamén é a pelexa por evitar a antepenúltima praza que vai a sufrir arrastre polo descenso do San Lorenzo (pero que quedaría anulado se ascende un equipo na promoción á 1ª). Os 3 equipos implicados, Mazaricos, Muros e Coristanco, gañaron os seus partidos, quedando nun pano dun punto.
Mazaricos - Ponteceso (4-0)
- Goles: 1-0, m.42: Molinos; 2-0, m.57: Kevin; 3-0, m.77: Pereiro; 4-0, m.89: Borja.
Gran partido do Mazaricos ante un Ponteceso con baixas. Os de Marcos dominaban o balón pero tardaba en abrir o marcador ante un serio Ponteceso, ata que xa no último treito marcaba Molinos. De contado Kevin remata outro balón pero salva ben Jorge.
Na segunda, seguía tendo o balón os locais, pero Neira e Simal puideron ter empateado, e nunha indecisión do meta ceense, Kevin aproveita e marca o segungo. O partido perdía intensidade e no treito final os amarelos sentenciaban.
Outes - Cee (5-3)
- Goles: 0-2, m.3: Dani Fontaíña nun córner; 0-2, m.16: Anxo; 1-2, m.23: Sanchiño de cabeza; 2-2, m.53: Jura; 2-3, m.57: Dani Fontaíña; 3-3, m.77: Keko; 4-3, m.81: en propia; 5-3, m.93: Kevin.
Saíron durmidos os da Serra e os ceenses metíanse pronto por diante nun córner e nunha transición. Reaccionaban os locais, recurtando pronto e tendo varias ocasións para empatar, se ben o Cee tamén puido ampliar a renda nunha ocasión moi clara. Pero o empate non chegaría ata a segunda, ao que o Cee volve reaccionar meténdose de novo por diante. Pero no treito final, o empuxe dos locais foi definitivo, e conseguiron remontar o partido.
Xallas - Coristanco (1-2)
- Goles: 0-1, m.2: Dani Casti de penalti; 1-1, m.35: Chaski; 1-2, m.76: Kevin.
Arrincaba o choque cun penalti por unha man, protestado polos locais, que mete por diante aos de Iván Vázquez. O Xallas reaccionaba, presionaba máis arriba e ía invadindo o campo rival, e preto do descanso, nunha xogada por banda, Chaski empataba nunha xogada na que os visitantes pedían falta sobre Dani Vázquez. Eran os mellores minutos dos de Doriño (que tivo que agradecer o esforzo dos 6 xuvenís que tivo que convocar), tendo ademais algunha chegada aí para darlle a volta ao marcador e pedindo un penalti nunha contra sobre Macareno.
Baixou o ritmo na segunda, con máis desprazamentos en longo, sen boas ocasións. Ata que Kevin Rodriguez poría o definitivo 1-2 nunha xogada na cal sen case ángulo golpea o balón e sorprende ao porteiro local. Os últimos 10 minutos serían moi intensos co Coristanco despexando moitos ataques directos do Xallas.
Corme - Baio (0-2)
- Goles: 0-1, m.1: MC; 0-2, m.50: Rubén Sánchez.
Dominou o Baio o esférico durante todo o partido, se ben non foi un choque de grandes ocasións. Adiantábanse os de Félix moi pronto cun tanto de MC aproveitando un erro da defensa cormelá. A partir de aí o cadro baiés dominaba pero crear perigo ante un Corme contemporizador.
Na segunda, intentaron saír a por todas os de Adrián Lema, pero repetíase o guión co tanto visitante, e aí si que xa non foron capaces de reaccionar os locais.
Cabana - Soneira (1-2)
- Goles: 1-0, m.21: Moreno de penalti; 1-1, m.54: Gusa; 1-2, m.77: Pichi de falta directa.
Partido moi disputado nas Redondas, que comezaba co cadro soneirán levando o peso e xerando boas oportunidades de gol, como as que tiveron Maikol e Canosa. Nun deses corners a favor o Cabana crea unha contra que acababa cun centro que Brais que para Pity e o colexiado entende que houbo unha man e sinala penalti, provocando as protestas visitantes. Moreno metía aos de Óscar Mingui por diante, deixando aínda 25 minutos de control soneirán pero menos axitado.
Saía forte o cadro de Josiño Abelenda na segunda, creando perigo polas bandas unha e outra vez e nun novo balón parado Gusa puña as táboas. Rompíase o partido, tendo ocasións nas días áreas. Moreno, Castro e David puideron poñer en vantaxe aos cabaneses pero era Pichi o que marcaba un golazo de falta para ledicia dos soneiráns, que se meten en postos de promoción.
Lira - Porteño (0-2)
- Goles: 0-1, m.7: Alfredo; 0-2, m.53: Alfredo.
Partido bonito de ver, intenso, igualado e con moitas ocasións, que puido ter rematado 3-5, pero quedou nun 0-2, porque houbo máis erros que acertos. Saía mellor o cadro de Pirucho, con moita intensidade, e atopando espazos ás costas da defensa liracha e abrindo o marcador. O equipo de Óscar Leis reaccionaba e facíase co balón, combinando algo máis, chegando a área contraria con varias internadas de Raúl.
A segunda volveuse tola, con ocasións nas dúas bandas. Pronto Mariolo facíalle un paradón a Raúl desviando un balón a córner; e nese córner, os da Ponte armaban unha contra que se convertía no 0-2.
O partido ía de área a área con ocasión como un remate de Pablo que salva Mariolo ou un balón ao longueiro de Yuyo para os visitantes.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.26: O Camariñas, campión da Liga da Costa.
- X.25: O Camariñas sentenza media Liga da Costa en Fontenla.
- X.24: Todos poden caer.
- X.23: O Xallas deixa escapar ao Camariñas.
- X.22: O Xallas tropeza ante o pechacancelas.
- X.17: O Porteño frea ao Camariñas e o Xallas volve recurtar.
- X.21: O novo empate do Xallas permítelle ao Camariñas volver distanciarse.
- X.20: Camariñas e Soneira aproveitan as táboas dos rivais directos.
- X.19: Xallas e Camariñas manteñen a pelexa.
- X.18: O Xallas alcanza no alto ao Camariñas.
- X.16: O Xallas supera a proba do Baio e persegue ao líder.
- X.15: O Monte Louro tamén frea ao Camariñas e o Xallas apreta por detrás.
- X.14: O Soneira impide que o Camariñas remate o ano invicto.
- X.13: O Camariñas tamén pode co Baio.
- X.12: O Camariñas amplía a renda mentres Mazaricos e Porteño selan táboas demostrando melloría.
- X.11: O Camariñas amplía vantaxe a base de sufrimento.
- X.10: O Xallas empata no Vicente Carril.
- X.9: 4 perseguidores detrás do intratable Camariñas.
- X.8: O Camariñas non recúa ante o avance de Xallas e Baio.
- X.7: Todos os equipos xa coñecen o sabor da vitoria.
- X.6: Camariñas e Soneira manteñen o pulso.
- X.5: Os favoritos van collendo sitio.
- X.4: O Camariñas presenta candidatura.
- X.3: O babySoneira ponse de líder nunha Liga da Costa igualadísima.
- X.2: Finde de derbis.
- X.1: A Liga da Costa arrincou coa máxima emoción.