Preferente: O Sofán érguese e pelexa a promoción

11 do SD Sofan ante o Victoria

Agárrase á Promoción o Sofán, tras vencer ao Victoria no Carral. Leva 5 partidos sen perder os de Pablo Torreira, que se quere despedir, despois da caída en Copa e de anunciar a súa marcha a final da temporada, con bo sabor de boca.

Fíxolle un favor ademais o Sofán ao Dumbría, mantendo ao Victoria 4 puntos por debaixo dos dumbrieses, que non foron quen de sacar nada positivo da súa visita ao Negreira (2º).

Sofán - Victoria (4-2)

  • Sofán: Gardu, Javi, Dani García, Iván, Alex Sánchez, Braian, Pablo Parafita, Dani Pena, Marcos Montero, Julián, Iván Pardo. Tamén: Brais, Alexandre, Bruno, Izan, Joel e Iraitz.
  • Goles: 1-0, m.11: en propia; 2-0, m.14: Alex Sánchez de cabeza nun córner; 2-1, m.15: Alejandro Varela; 3-1, m.51: Iván pardo; 4-1, m.57: Julián; 4-2, m.77: Dani Lagares.

Partido serio dos de Torreira, que demostra que este equipo sabe erguerse tralas caídas. Os carballeses saían con todo e nada máis comezar Braian avisaban. Aos 10 minutos abrían o marcador cun tanto en propia meta tras un centro de Julián, e pouco despois Alex Sánchez facía o segundo nun córner. Pero o cadro herculino empataba de seguido deixando o partido aberto, nunha primeira metade igualada, con algo máis de presenza carballesa en área rival, e avisando por medio de Marcos Montero.

Na segunda mantivo a presión alta o cadro local, e pronto Iván Pardo facía o seu segundo gol da liga cun bo remate de cabeza. Aproveitou o arreón de confianza o cadro local para seguir empurrando, e se primeiro Marcos avisaba de novo con outro tiro dende lonxe, non tardou Julián e facer co cuarto e sentenciar o partido tras un centro de Alexandre.

No treito final baixaría o ritmo e os locais recurtaban e a piques estiveron de meterse de novo no partido, pero a vitoria non perigou.

Negreira - Dumbría (4-0)

  • Dumbría: Anxo, Mataso, Berto, Aarón, Breixo, Iago Insua, Juan, Sergio, Lucas Toba, Marcote, Toni. Tamén: Isma, Mario, Estévez, Pablo Costa Ramos, Adrián Periscal e Javito.
  • Goles: 1-0, m.30: Gonzalo; 2-0, m.55: Adrián Pereira; 3-0, m.67: Joel Lagares; 4-0, m.79: Raúl.

Foron inferiores os dumbrieses a todo un Negreira, un dos cocos da categoría, camiño de volver a ascender. Intentaron facer o seu partido os de Pablo Conde, e o conseguiron durante a primeira media hora, pero o tanto antes do descanso obrigou a abrirse algo máis na segunda e cando estaban algo mellor, xogando en campo contrario, unha contra matou o partido.

Máis info

Todas as crónicas de Preferente.