Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Corcubión e Esteirana deixan todo para a volta mentres o Dumbría mete un pé na final da Copa da Costa

Xuvenís: Corcubión e Esteirana deixan todo para a volta mentres o Dumbría mete un pé na final da Copa da Costa
Cantando un dos goles do Corcubion ante a Esteirana

Parece que o Dumbría non quere deixarse un título, nin un só partido esta campaña. O equipo de Lobelos e Leis enfrontábanse en Fontenla a unha das súas bestas negras (foi o único equipo que conseguí gañarlle este curso), pero o XSC non puido ca ambición deste equipo, que quere chegar á Fase de Ascenso co título da Copa da Costa Xuvenil.

Nesta Ida das Semis, a sorpresa, o Corcubión, mantén a emoción ata o último suspiro, e pelexará coa Esteirana, un dos mellores equipos neste final de temporada, por un posto na finalísima.

Corcubión - Esteirana (2-2)

  • CORCUBIÓN: Miguel, Chava, Isma, Lela, Porto, Óscar, Samuel, Mario, Goche, Tito e Germán. Tamén xogaron: Álvaro, David e Pepo.
  • ESTEIRANA: Álex, Tiko (Íker), Sergio, Bolo, Rafa; Adrián, Damián (Edu), Pablo, Jose, Manu (Cristian) e Brais.
  • Goles: 1-0, min.10: Goche; 2-0, min.20: Samuel; 2-1, min.40: Bolo de fermoso taconazo; 2-2, min.42: Pablo.

Bo ambiente no Cubaleiro para ver as semifinais da Copa da Costa Xuvenil, con este Corcubión, a gran sorpresa da segunda metade de temporada tras un gran traballo realizado por Senra e Jorge tras un comezo desolador. En fronte, unha Esteirana que parece que vén por todas neste segundo treito do campionato, e que despois de quedar ás portas da liguilla dos campións, fixo unha espectacular liguilla copeira.

O choque arrincaba co Corcubión mandando ante unha primeira media hora para esquecer do cadro esteirán. En dúas xogadas a balón parado o cadro local se adiantaba con 2-0. Pouco a pouco ía o equipo de Tatá asentando e antes do descanso Bolo cun fermoso gol de tacón tras unha xogada colectiva e Pablo logo dunha xogada de Manu empatarian o encontro.

Na segunda metade, foi un toma e daca, se cadra co cadro esteirán algo máis fresco e buscando más a iniciativa pero o Corcubión aguantou moi ben e pelexará con todo na volta no Xosé Luís Vara.

Aquí vos deixamos o vídeo cos goles de Víctor Caamaño:


XSC - Dumbría (0-2)

  • XSC: Coke, Raúl, Alberto, Carlos, Xoel, Dani; Adrián, Fabián, Thiago, Landeira e Anxo. Tamén: Tefi, Juan Lois, Ismael e Santi Díaz.
  • DUMBRÍA: Bruno, Roberto, Maikel, Cabana, Canario, Yeray, Cacha, Marcos Mouro, Edu, Charly e Marcote. Tamén xogaron: Luís, Mauro, Andrés e Jose Miguel.
  • Goles: 0-1, min.28: Marcote aproveita un rexeite tras un balón longo que pelexa Charly e que erra o defensa e o porteiro xalleiro; 0-2, min.60: en propia meta tras un centro de Roberto.

Parece que este Dumbría necesita outra Liga. Só perdeu un partido no que va de temporada e mentres espera pola Fase de Ascenso á Liga Galega quere levar tamén o título da Copa. O sábado dominou en Fontenla, pero foi un choque bonito, máis igualado do que indica o marcador, no que se ben levou o peso do partido, non houbo demasiadas ocasións e os dous goles chegaron con algo de fortuna.

O XSC non era quen de achegarse á meta visitante, pero na primeira parte unha falta que lazou Adrián e que sacaron entre o pau e Bruno. Iso si, antes Marcote na primeira tirara ao pau e Charly tivo duas ocasions. E na segunda si que se puido meter na eliminatoria nunha xogada por banda de Santi Díaz que non topou rematador., mentres por bando dumbriés puideron ampliar a renda Cacha cun tirou o pau e Maikel.

A eliminatoria parece encarrilada a non ser que o XSC fala a heroica.


Crónicas dos Xuvenís

Copa da Costa Xuvenil: 2ª Fase: 1ª Fase:

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios