Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Copa da Costa: Os goles fóra de casa valen doble

Copa da Costa: Os goles fóra de casa valen doble
XSC-Baio de Copa-Foto-Santi Diaz

Parece que non pero a importancia de marcar fóra da casa fíxose patente nesta volta dos Cuartos da Copa da Costa 2015. 4 eliminatorias decidíronse polo valor doble dos goles fóra da casa, e Corme, Seaia, Cee e Camariñas poden disfrutar do seu pase tras eliminatorias tremendamente igualadas.

O Fisterra xa se metía directamente pois o Ameixenda se retiraba para centrarse na súa final da 3ª Autonómica, decisión hoxe valorada positivamente tendo en conta o ascenso. En fronte, os fisterráns terán a un Sofán que vai moi forte e que non sufríu co Buño.

O Zas, que solventou sen problema ante o Castrelo, recibirá ao Corme nos Cuartos, despois de que o cadro cormelán mantivese un empate sen goles que facía bo o gol de Lucas en Verdillo.

No outro lado do cadro, as dúas sorpresas dos Oitavos. Seaia e Cee remontaron as súas eliminatorias ante Ponteceso e Castriz e veranse as caras nos Cuartos, gracias, tamén, ao valor doble dos goles fóra da casa.

Ademais, o XSC desfíxose dun Baio con moitas baixas, e terá en fronte ao Camariñas, que vén de menos a máis e que, iso si, mantivo a súa porta a cero confiando no empate con goles da ida en Lombáns.

Copa da Costa 2015 Cuartos 0

Buño - Sofán (2-4)

  • BUÑO: Víctor, Miguel, Eloy, Diego, Casais (Emilio, min.46); Fran, David, Jorge Calvete e Uru; Dani (Charro, min.60) e Santi.
  • SOFÁN: Lerma, Sito, Oliver, Rubén (Marcos Pensado, min.46), Félix (Méndez, min.67), Pablo Martínez, Seo, Luís, Bertín (Dourado, min.65), Raul (Míchel, min.54) e Leilán (Ceide, min.60).
  • Goles: 0-1, min.2: Bertín por arriba dende 45 metros; 0-2, min.40: Bertín tras unha parede con Luís; 0-3, min.55: Pablo Martínez; 0-4, min.60: Pablo Martínez a pase de Luís; 1-4, min.65: Santi; 2-4, min.73: Emilio de sutil disparo pola escuadra.
Buno Sofan da Copa-Foto_SD Diego Rojo deixa o Buno

Era difícil pensar nunha remontada do Buño despois do 4-0 da ida. Ademáis, pasou o que calquer decálogo de remontadas di que xamais pode pasar: encaixar un gol no primeiro minuto de partido. Deixando a parte o resultado, o Buño intentou facer un partido digno, pero acabou sendo goleado por un Sofán moito máis efectivo en ambas áreas.

O Sofán nótase que vai por esta Copa, no que cómpre destacar a actuación de Bertín e Luis e o acerto de Pablo Martinez cara a gol.

Un partido partido significou o adeus de Diego, un dos xogadores máis importantes do clube nos últimos tempos, cunha traxectoria de máis de 20 anos no equipo, sempre defendendo a camiseta do Buño. Unha verdadeira mala noticia para o clube.


Zas - Castrelo (8-0)

  • Goles: Manu, Dani, David Blanco, Diego (3), Pereiro, e ata Rizos.

Partido sen historia o adiantado ao venres, xa finiquitado co 1-7 da ida, e que deixa ao Zas nuns Cuartos co Corme, pero sempre pendente da súa importantísima Fase de Ascenso. Ao descanso o partido ía 2-0 pero a segunda fíxose moi longa para os vimianceses, e ata marcou Rizos, porteiro suplente que saía ao céspede de xogador..


San Lorenzo - Corme (0-0)

  • SAN LORENZO: Puyol, Rubén (Javi Puñal, min.65), Rudi, Álex Figueiras, Pablo Novo, Álex Taibo (Canay, min.60), Adrián Fraga (Parafita, min.60), Schuster, Fuentefría (Joaquín, min.70), Óscar Suárez (Cachizo, min.70) e Juni.
  • CORME: Javi, Dani Cousillas, Alejandro, Miguel Torrado, Sergio, Diego (Joshua, min.55), Brais, Adrián Doldán (Brais Torrado, min.78), Lucas, Juan Chans e Toniño.

O valor doble do gol que marcou Lucas en Verdillo mete ao Corme nos Cuartos, despois dun partido moi intenso, con moito medo, no que o Corme soubo aguantar e controlar o partido, ante un San Lorenzo con moito ímpetu pero sen sorte.

Partido moi condicionado polo forte vento. Desde o principio levou o peso o San Lorenzo, pero as ocasións máis claras eran para o Corme sobre todo na 1ª parte con vento a favor. O cadro de Pedro tiña o balón o balón pero dificultados polo forte vento para progresar. Houbo un par de achegamentos por medio de Óscar e Juni.

Na 2ª parte con vento a favor chegou algunha ocasión para os de Verdillo, pero o Corme tamén seguía chegando con máis perigo. Un par de chegadas de Rudi e Joaquín puideron rematar en gol, pero o Corme soubo esperar e rematou o partido controlando o balón, sen présas, e con poderío.

Gran eliminatoria moi igualada, cun San Lorenzo que foi lixeiramente superior na ida, pero no que o Corme estivo máis completo.


Seaia - Ponteceso (2-1)

  • SEAIA: Jesús, Víctor, Miguel, Vistas, Javi (Dimaga, min.60), Eme, Nando, Feli, Moisés (Magovi, min.60), Camilo e Tato (Richard, min.60).
  • PONTECESO: Brais, Diego Collazo (Brais min.45), Moscoso, Dani Cotelo, Javi Peón, Mendieta, Alberto Recarey, Martín Puente, Juanma (Ismail min.65) Dieguito, Christian Martínez
  • Goles: 1-0, min.25: Tato; 2-0, min.30: Camilo; 2-1, min.70: Brais.
  • Expulsión: o pontecesán Dieguito por protestar.

Unha das sorpresas destes Oitavos, deuse en Pedra Queimada. Partía como favorito, por historia e tralo 3-2 da ida, o Ponteceso, pero o Seaia quixo brindarlle unha alegría á súa afección despois de perder a categoría. Foi un partidazo por tensión e rivalidade, cos nervos a flor de pel ata o pitido final.

Soubo xogar a favor de vento o Seaia e se adiantou con dous goles do adestrador-xogador Tato e de Camilo, e poñer moi nerviosos aos pontecesáns. Parecía que a cousa se puña clara para os malpicáns trala expulsión de Dieguito nos vestiarios, pero o Ponteceso aínda non dera a última palabra e saíu a por todas na segunda. A favor de vento apretou todo o que puido, recurtaría a falta de 20 minutos co gol de Brais, e aí buscou o gol que lle dera o pase pero o Seaia soubo defenderse moi ben, sufrindo como “xabatos”, gañando o partido por 2-1 e a eliminatoria polo valor doble dos 2 goles marcados no Pinguel.


Cee - Castriz (3-0)

  • CEE: Paulo, Fiuza, Jorge, Aitor, Jacobo, Piquero (Senlle, min.80), Isma, Gabriel, Leo (Josiño, min.24), Bruno (Borja, min.75) e Juan (Maikel, min.88).
  • CASTRIZ: Pablo, Martín Uru, Dani Martínez (Balsa, min.75) (Agra, min.78), Álex, Martín Gemelo, Alberto (Velo, min.62), Cili, Bruno, Chinda, Luís e Bolón.
  • Goles: 1-0, min.25: Bruno; 2-0, min.60: Bruno; 3-0, min.75: Bruno.

A este Rei de Copas nunca hai que dalo por morto. E parece que o Castriz se relaxou demasiado tralo 4-1 da ida, e acabou dicindo adeus á Copa e á temporada.

Saíu o Cee polo partido desde o primeiro minuto e ós 5 minutos xa Piquero rematou un corner ó pao. Presionaba o Cee arriba moi arriba evitando que os medios xalleiros puidesen ter o balón e buscando roubar e finalizar rápido. A pesar de xogar en contra do forte vento, no ecuador da primeira metade chegaba o primeiro gol de Bruno e ao fío do descanso case cae o segundo cun remate ao traveseiro.

Na segunda parte e con vento a favor, o Cee críu en si mesmo, e dominaron territorialmente ante un Castriz que intentaba contragolpear con balóns rápidos. Ao cuarto de hora da reanudación, gran xogada do equipo de Rafa: Juan pon un balón ó espacio para Josiño que fai un gran centro e Bruno de cabeza marca un bo gol. O partido estaba ao borde e o Cee seguía co seu acoso asinando Bruno a xogada da tarde e marcando o seu terceiro da tarde e metendo ao Cee nos Cuartos.

Aínda a falta de 10 minutos, e co Castriz noqueado, estivo a piques de chegar o cuarto nunha boa contra entre Juan e Isma, na que éste regatea ó porteiro e moi escorado remata ó pao.


XSC - Baio (3-1)

  • XSC: Iván, Alberto, Cristian, Rubio, Jota, César, Marcos (Carlos, min.63), Jesús (Baña, min.56), Kevin (Oscarín, min.58), Joshi e Choco (Vía Rápida, min.51).
  • BAIO: Pollo, Yago (Martín, min.70), Fachal, (Silvariño, min.86) Porto, Mario; Norberto, Brais, Ramón (Rubio, min.51), Cristian, Saleta e Bieito.
  • Goles: 1-0, min.10: Alberto; 1-1, min.15: Saleta; 2-1, min.28: Jesús; 3-1, min.48: Choco.
XSC-Baio de Copa-Foto-Santi Diaz

Parecía unha das eliminatorias máis intensas, pero as baixas no Baio mermaron o seu potencial e non puido facer fronte a un XSC, que malia ter a cabeza na consecución da Permanencia na Preferente, fixo un moi bo partido. Estivo cómodo e pronto se adiantou o equipo de Doro pero Saleta empataba tras un malentendido entre César e Iván, o partido e puña as táboas na eliminatora. Pero o XSC seguía dominando e á media hora Jesús metía por diante aos seus, e Choco, ao comezo da segunda metade sentenciaría o partido.

Lembren que a vindeira campaña Iván Cancela será o novo adestrador do XSC.

XSC-Baio de Copa-Foto-Santi Diaz

Camariñas - Carnota (0-0)

  • CAMARIÑAS: Pablo, Nico, Martín, Darío, Sule, Pereira, David, Javi (Piti, min.60), Saviola, Ismael e Yuyo (Denis, min.85).
  • CARNOTA: Luís de la peña, Manolo Chouza, Pedro Pichín, Ferreiro, Pumuki, Nakata, Cano (Boni), Raúl, Manuel Luís, Míchel e Robi.
  • Expulsión: o local Martín (min.25) por unha agresión a Cano provocándolle unha fractura no naris nunha xogada sen balón.

Meteuse o Camariñas nos Cuartos da Copa facendo valer o empate con goles da ida. Arrincaba o partido cunha primera fase con xogo combinativo por ambas partes. No minuto 25 sae expulsado Martín, cambiando o prantexamento inicial pasando o Camariñas a replegarse e buscar as contras. O Carnota dominaba, nun choque no que o vento era máis protagonista que as ocasións.

O Carnota pedía penalti por mans e se o colexiado pitábao o asistente dille que non era. Robi tivo dúas na primeria metade e outra na segunda que saíu lambendo o pau, ante un Camariñas ben plegao que fixo un esforzo tremendo para manter a portería a cero. E precisamente por iso Ferpe quere felicitar aos seus, por esta demostración de garra, facendo un fútbol efectivo, serio, práctico e con moito desgaste por xogar en inferioridade tres cuartos de partido.

Remata así a campaña para o Carnota. Unha campaña de menos a máis dos de Cambeiro que aínda tiñan esperanza nesta Copa. En todo caso, boa tempada, e xa pensa nunha pequena renovación para o curso que vén, dada a veteranía dalgúns dos seus xogadores.


Copas da Costa 2015

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Comentarios