Luns. 13.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Cabana e Os Miúdos xogaranse a Fase nunha final nas Redondas

Xuvenís: Cabana e Os Miúdos xogaranse a Fase nunha final nas Redondas
Imaxe do Porteno-Cabana-Foto-CF

A todo ou nada xogaranse Cabana e Os Miúdos na última xornada desta Liguilla Previa o pase á Fase Ascenso á Liga Galega Xuvenil. A xornada viña marcada pola decisión do comité de darlle os puntos do choque Camariñas-Cabana ao cadro cabanés, por posible aliñación indebida dun rapaz que estaba tramitando a ficha e que xogou co DNI. Así que durante a semana o Cabana, que estaba case sen opcións, convertiuse en máximo candidato a acompañar ao Dumbría, flamante e sobrado campión, na Fase.

Os Miúdos non fallaban ante un Camariñas moi tocado pola decisión nos despachos, e acodirá ás Redondas co ánimo de meterse, na súa estrea na categoría, nunha gran Fase de Ascenso.

Cos resultados desta semana, Camariñas e XSC quedan sen opcións.

banner-maisdeporte-2015 cee

Os Miudos - Camariñas (7-2)

  • OS MIÚDOS: Xandre; Eloy, Samuel, Abadín, Licerino; Airán; Miguel, Tajes; Piki, Yeray e Hugo. Tamén: Gael, Josiño e Alberto.
  • CAMARIÑAS: José Luís; Juan, Pose, Miguel, Álvaro (Chuki, min.46); Ádrián, David (Felipe, min.46), Espi (Pifo, min.20); Dani, Chicote e Javi.
  • Goles: Miguel (2), Hugo (2), Piki (2) e Eloy para os locais; e Dani e Javi para o Camariñas.
  • Lesión: os locais Espi e José Luís.

Dende o principio sorprendeu cun ritmo grande o cadro muradán cunha hora fantástica de xogo no que marcou ata 7 goles. Non entraron nunca no partido os de Saviola, algotocados pola decisión do comité de quitarlle os 3 puntos do partido do Cabana, pola suposta aliñación indebida dun xogador, que estaba tramitando a ficha, e que de feito xogou este sábado. O cadro camariñán recurrirá a decisión.

Agora, a finalísima será o sábado entre Miúdos e Cabana. A ver se recupera a algún efectivo Mané Senande de cara á final do sábado en Cabana, pois tivo varias esta semana.


Dumbría - Xallas StComba (7-2)

  • DUMBRÍA: Bruno, Roberto, José Miguel, Canario, Jano, Lucas, Cacha, Mauro, Edu, Juan de Dora e Marcote. Tamén xogaron: Charly, Cabana, Isma, Josiño e Portu.
  • XSC: Coke, Pérez, Dani, Carlos (Parri, min.60), Rubén, Fabián, Adrián (Isma, min.50), Landeira (Oreiro, min.65), Barbeira, Anxo (Chiki, min.55) e Tefi (Santi, min.50).
  • Goles: 1-0, min.4: Marcote; 2-0, min.17: Juan de Dora; 3-0, min.18: Charly; 3-1, min.24: Barbeira; 4-1, min.33: Juan de Dora; 5-1, min.61: Juan de Dora; 6-1, min.69: Marcote; 6-2, min.71: Chiki; 7-2, min.75: en propia.
  • Expulsión: o xalleiro Fabián (min.60).

Partido espectacular do Dumbría ante un XSC que non tivo nada que facer. Un choque no que a rivalidade estivo presente, co ambiente caldeado nas bancadas e uns dumbrieses que protestaron a dureza dos visitantes, que pediron varias xogadas de posibles expulsións e non quixeron entrar en discusión cas bancadas.

Saíron os dous equipos tanteñandose nos primeiros instantes pero o primeiro gol do Dumbría, aos 4 minutos, (pedían fóra de xogo os visitantes) xa acababa co partido pois os visitantes non souberon reaccionar. O Dumbría dominaba e Juan de Dora e Marcote entraban por todas bandas.

Antes do descanso, tralo terceiro gol dumbriés, Barbeira recurtaba pero aí os equipos replegaban filas e deixou de haber tantas ocasións. A expulsión de Fabián ao comezo da segunda acabou xa definitivamente co partido, e o Dumbría, dominando con moita confianza, seguíu percutindo.

Se ben o cadro xalleiro non fixo o pasillo ao campión da Liga, o cadro técnico deséxalle boa sorte ao equipo dumbriés nas eliminatorias da Fase de Ascenso á Liga Galega.


Porteño - Cabana (0-2)

Imaxe do Porteno-Cabana-Foto-C
  • PORTEÑO: Brais, Jose Manuel (Gonzalo, min.70), Aarón, Bruno, Cristian (Dani, min.85), Robi, Mario (Xoel, min.72), Rodry (Josiño, min.82), Oli, Borja e Carlos (Maikel).
  • CABANA: Vázquez, Aurelio, Grille (David Varela), Ferreiro, Alberto, Mateo (Raúl), Martín (Cristian), Álex, Redondo, Reigía (David Muíño) e Pablo.
  • Goles: 0-1, min.65: gol en propia porta fruto dun mal despexe; 0-2, min.74: Pablo dun fermoso disparo a bote pronto.

Partido mui igualado que puido caer de calquera lado e que o Porteño volve caer. O cadro cabanés fixo un choque moi serio, gozando de boas ocasións de gol para poñerse por diante. Pero tamén tiña o equipo local ocasións, como un man a man de Borja que saca ben Vázquez, ou unha de Oli na que está demasiado lento e que tamén salva o meta cabanés despois dunha apurada saída. Antes do descanso chegaría unha das mellores ocasións para o Porteño, cando Carlos a modo delantero fai un ha xogada preciosa, desfacéndose de dous defensas cabaneses sobre a mesma liña de fondo (estilo Butrageño) e remata cun disparo a porta sen ángulo que apunto estuvo de culminar no que seria un autentico golazo.

Na segunda parte a tónica foi similar. Comezaba cunha do Cabana, a máis clara do partido, cuun disparo de Álex dende a frontal que tras golpear nos dous postes e acabou nas mans de Brais. De seguido respostaba Oli e Borja para os locais. Pero o partido decidiouse en dúas xogadas concretas, desgraciadas para os da Ponte, cun mal despexe dun defensa que convirte nun gol en propia meta, facéndolle unha “fermosa” vaselina ao seu meta Brais. Pouco despois, e co Porteño aínda aturdido, Robi da un pase atrás pero deixa o balón gfranco para que Pablo sentencie.

Así e todo, celebraron ao remate do partido os xuvenís do Porteño o cumple do míster e presi, Ordóñez, ao que tamén lle enviamos os nosos parabéns polo bo traballo realizado ao longo de toda a tempada, competindo cos mellores da categoría.

Todo se decidirá o sábado nas Redondas.

Imaxe do Porteno-Cabana-Foto-C

Liguilla Previa da Copa da Costa Xuvenil, xornada 10


Baio - Ponteceso (1-2)

  • BAIO: Jose Manuel, Pablito, Alfonso, Fran, Miguel, Estefan, Alberto, Javier Muíño, Regueira, Jose Antonio e Ayoub. Tamén: Julián e Cedrón.
  • PONTECESO: Marcos, Adrián, Rubén, Diego, Ismael, Ismail, Fabián, Pedro, Javi, Eloy Álvarez e Óscar. Tamén: Iván Cousillas.
  • Goles: 1-0, min.57: Fran de libre directo; 1-1, min.76: Iván Cousillas; 1-2, min.85: Iván Cousillas.

Baio e a Ponteceso disputaban no Platas Reinoso unha xornada máis de Copa. E fixeron un partido vibrante con dous equopos buscando a vitoria en busca das prazas que dan acceso ás eliminatorias do torneo. Ben é certo que o CD Baio estaba case descartado de antemán e a SD Ponteceso trataría de consolidarse cunha vitoria nas prazas que dan acceso a ditas eliminatorias.

O partido estivo marcado polo dominio do Ponteceso durante case todo o encontro e como ven sendo habitual o Baio posicionado en replegado intentaría sorprender nalgún contraataque. Así chegouse o descanso co empate no luminoso, tras unha gran primeira metade pontecesá, combinando moi ben pero sen posibilidade de romper a rela de araña dos locais.

Na segunda parte os locais deron un paso adiante e conseguiron adiantarse no marcador por medio de Fran nun tiro libre directo. Volvíu á carga o Ponteceso e conseguiu empatar tras unha excelente xogada de Pedro que progresou pola banda e puxo un excelente balon para ser rematado por Iván Cousillas, que saía pouco antes e que foi clave.
Minutos máis tarde e co Baio intentando conseguir a primeira vitoria cambiaronse as tornas e nunha contra volveu marcar Iván Cousillas. Xa non daría tempo a nada máis e así chegábase ao final do encontro, que deixa ao Baio contento co esforzo pero triste pois xa case non ten opcións de meterse nos Oitavos.


Muxía - Castriz (0-2)

  • MUXÍA: Chori, Jorge, Andrés, Paulo, Rubén, Ander, Tomás, Marco (Osil, min.46), Castreje, Esteban e Jose.
  • CASTRIZ: Víctor, Ríchard, Luís, Redondo, Álex, Mirlo, Roony, Varillas, Elías, Cambón e Beto. Tamén xogaron: Balsa e Javi.
  • Goles: 0-1, min.12: Víctor, o porteiro xalleiro, cun saque longo que bota e se lle cola a Chori; 0-2, min.23: Cambón.
  • Expulsión: o muxián Jose no min.85 por doble cartón.
Victor meta do Castriz

Partido marcado polo vento ao que o Castriz se adaptou moito mellor. Non fixo o cadro muxián o seu mellor partido e acusou as 8 baixas e o ter que meter a Chori, un xogador, baixo paus. Ademais, viuse sorprendido por unha saída fulgurante dos de Alberto, que arrincaba co vento a favor e tiña varias ocasións rápidas, tendo 3 mans a mans claros. Antes, Chori non conseguía salvar un lanzamento longo do meta xalleiro Víctor, que botaba alto e se colaba por riba, facendo un gol de porta a porta como o que conseguía o meta cormelán Suso na 1ª Autonómica hai dúas semanas.

Noutro lanzamento do meta xalleiro, pero cunha xogada máis elaborada, Cambón facía o segundo.

Non se veu abaixo o equipo de Javier Espeto e na segunda buscou o empate, co vento a favor, embotellando aos rossoneros e tendo as súas oportunidades, pero aí apareceu de novo o meta Víctor, un porteiro que cada día crece máis adestrando na escola de porteiros de Baio, e unha defensa bastante sólida arruinou o traballo do Muxía.

Esta vitoria permite ao Castriz saír dos postos que deixan fóra dos Oitavos da Copa.


Corme - Outes (0-2)

  • CORME: Jose, Rubén, Ángel, David, Cristian Garrido, Diego, Isma, Sergio, Quique, Mikel e Isaac. Tamén: Ian e Elou CR.
  • OUTES: Cutu, Samu, Brión, Serxio, César, Saúl (Fabio), Adrián (Serxio Nieto), Álvaro, Simó, Santi e Xurxo (Fran).
  • Goles: 0-1, min.39: Santi; 0-2, min.80: Adrián.
Imaxe do Corme-Outes-Foto-Edu Cambon

Bo partido xogado no Cairo entre dous bos equipos, no que o equipo da Serra recuperou un fútbol que había moitas semanas que parecía esquecido. E iso que o partido comezou moi tarde pois o cadro cormelán tivo problemas no autobús e tivo que acodir outro para achegalos ao campo.

A primeira metade fgoi igualada, con ocasións polos dous bandos e cun porteiro cormelán facendo boas paradas. Clave foi o gol de Santi antes do descanso.

Cría o Corme na segunda na remontada pero o Outes soubo aguantar ben o resultado, pegando saídas de cando en vez. Pero non sentenciou ata que faltando 10 minutos, Adrián facía o definitivo segundo tanto.


Malpica - Corcubión (1-2)

11 Malpica xuvenil ante o Corcubion-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Cholo; Arcay (Adrián Vecino, min.54), Brais Álvarez (Miguel, min.59), Álvaro, Sebas, Chema Auñón, Eloy, Gende, Sergio, Cristian Villar e Carlos (Adrián Martínez, min.54).
11 do Corcubion Xuvenil en Pedra Queimada-Foto-Luis Porto
  • CORCUBIÓN: Miguel; Junjo (Álvaro, min.67), Abraham, Marcos, Isma, Pepo, Germán (David, min.83), Mario, Goche, Tito e Maikel (Chava, min.53).
  • Goles: 0-1, min.33: Abraham, de cabeza nun córner; 0-2, min.38: Maikel, tras un rexeite de Cholo nun man a man con Tito; 1-2, min.84: Sebas marca a porta baleira tras un rexeite nun tiro de Sergio.
  • Expulsións: os locais Eloy, (dobre amarela, min.65); Gende, (Vermella directa, m. 70) e o adestrador Fernando Varela, (vermella directa, min.71), e o adestrador visitante, Senra, (vermella directa, 71).
Tito e Cristian Villar capis do Corcubion e Malpica-Foto-Luis Porto

Tenso partido en Pedra Queimada, que se decidía cos goles corcubioneses na primeira metade e coas expulsións malpicáns na segunda. E iso que o Malpica tivo boas ocasións no primeiro tempo para meterse por diante, por medio de Eloy ata en 3 ocasión. Pero eran Abraham e Maikel os que marcaban nas únicas chegadas visitantes do primeiro tempo.

Intentouno o Malpica na segunda, e nada máis saír Eloy volve quedar só ante Miguel pero cruza demasiado. Mario mandaba ao longueiro para os visitantes, e aí chegaban as expulsións do propio Eloy e de Gende que deixaban ao Malpica con 9. Aínda o intentou o cadro local e foi en tromba arriba, pero cando recurtou só quedaban 5 minutos e aínda tivo o gol do empate por medio de Chema Auñón, se ben Tito tamén tivo a sentenza noutro man a man.


Fisterra - Esteirana (3-2)

  • FISTERRA: Aarón, Ángel, Andrés, Iago, Fabián, Breixo, Gabi, Gonzalo (Dani), Adri (Asier), Gabi Golpes e David (Iván).
  • ESTEIRANA: Xaco, Tiko, Bolo, Rafa, Sergio, Tobío, Jaime, Edu (Fabio, min.75), Juan, Manu e Brais (Anxo, min.60).
  • Goles: 1-0, min.7: Breixo; 2-0, min.12: Gabi Golpes; 2-1, min.66: Juan; 3-1, min.70: Asier; 3-2, min.86: Manu.

Partido entre os dous primeiros desta Liguilla copeira, condicionado polo vento que se puxo de cara para os locais con dous goles tempraneiros, e outros tantos que puideron entrar. Tivo que ir á Esteirana sempre a remolque, pero que non lle perdeu a cara ao partido. Recurtaba na segunda parte, pero o gol de Asier de seguido matou as aspiracións dos blaugranas, que así e todo, tirando de fe, metéronse de novo no choque co gol de Manu e tivo algunha ocasión para empatar, sobre todo a balón parado, pero sen sorte, colleitando así a súa primeira derrota da Liguilla.


Coristanco - Cee (2-0)

Comentarios