COVID: Cribado no Concello de Laxe mentres as cifras seguen baixando

Evolución do Covid na Costa da Morte dende novembro

Laxe, un dos Concellos en nivel medio de restrición, xunto con Ponteceso e Camariñas, vivira un cribado esta semana.

De feito, entre hoxe luns día 29 de marzo e o martes día 30 de marzo, farase unha proba PCR aos veciños de entre 18 e 65 anos no Centro de Saúde de Laxe. Arredor de 1370 persoas serán citados mediante mensaxe SMS nos seus teléfonos móbiles.

Mínimos

Segue baixando a incidencia na comarca. Xa nin un só concello supera a cifra dos 9 positivos. Se ben algún sube lixeiramente, a meirande parte caen, tendo ademais 4 concellos sen novos casos dende hai 14 días (Cee, Corcubión, Fisterra e Carnota).

Mínimos nos coles

Nos centros de ensino tamén a incidencia segue caendo, e só hai 5 casos positivos noutros tantos centros.

Concello Centro Total
Positivos
Aulas
Pechadas
CABANA CPI As Revoltas 1 0
CORISTANCO EFAG Fonteboa 1 0
PONTECESO IES Eduardo Pondal 1 0
VIMIANZO IES Terra de Soneira 1 0
VIMIANZO CEIP Baíñas 1 0
TOTAL 5 5 0
 

Máis novas sobre o covid