Venres. 29.03.2024
El tiempo

COVID: Camariñas, Ponteceso e Laxe, en nivel medio de restricións

Terrazas de Laxe moito antes do confinamento
COVID: Camariñas, Ponteceso e Laxe, en nivel medio de restricións

A Xunta vén de anunciar o novo mapa de restricións que entrará en vigor a partir do venres 26. Un mapa que trae unha novidade principal: a volta dos Concellos de Laxe (xa estaba), Camariñas e Ponteceso ao nivel medio.
En Laxe hai 5 casos activos (e entre 1 e 9 novos casos na última semana e nos últimos 14 días). E en Camariñas, pola súa parte, hai 8 casos activos (e entre 1 e 9 novos casos na última semana e nos últimos 14 días).

En todo caso, as diferencias entre as restricións son moi pequenas. A máis importante é que mentres os concellos en nivel baixo a hostalería pode abrir ao 75% nas terrazas e ao 50% no interior, Laxe e Camariñas só poderá abrir ao 50% nas terrazas e ao 30% no interior.
En todos os casos a hostalería pode abrir ata as 21:00h.

Común é para todos a libre mobilidade entre concellos (agás os que están en nivel vermello, que serán só os ourensáns de Beade e Maside). Si que seguirá perimetrada Galicia, e seguiremos co toque de queda ás 22:00h. Ademais, só se poden xuntar como máximo 6 persoas nos exteriores e 4 nos interiores, e continúan prohibidas as reunións de non conviventes nos domicilios.

 

Máis novas sobre o covid

Comentarios