Mércores. 14.04.2021
El tiempo

COVID: Abren as restricións, a partir do luns, da Área Sanitaria da Coruña-Cee, agás en Ponteceso

  • Curiosa circunstancia en Ponteceso: dende hoxe e ata o domingo poden entrar e saír dentro da área sanitaria da Coruña, pero a partir do luns volverá quedar perimetrado.
Conslleiro de Sanidade
Conselleiro de Sanidade
COVID: Abren as restricións, a partir do luns, da Área Sanitaria da Coruña-Cee, agás en Ponteceso

O Conselleiro de Sanidade anunciaba este mediodía de venres, no marco dunha baixadas a cifras mínimas, que as áreas sanitarias da Coruña e Pontevedra deixan de estar pechadas perimetralmente dende este luns 8 de marzo. Así, agás o Concello de Ponteceso (e o de Arteixo), que queda no nivel intermedio de restricións, o resto da bisbarra poderá moverse por Galicia con liberdade sempre nos concellos do mesmo nivel.
É dicir, os habitantes da Costa da Morte poderán visitar calquera outro concello galego agás Boborás, Poboa de Brollón e A Mezquita (no nivel máximo) nin Miño, Ponteceso, Sobrado, Arteixo, Cambados, Ponte Caldelas, Vilanova de Arousa, Guitiriz, Lourenzá, Paradela, Cariño e Mugardos (no nivel intermedio)

Ademais, nos 18 concellos costeiros a hostalería abrirá no seu interior, ao 30%, mantendo as terrazas ao 50%, pero sen barra e só ata as 18:00. As reunións seguen a ser de máximo 4 non convivintes.

O caso de Ponteceso

O Conselleiro sinalou que será incidencia acumulada municipal, e non da área sanitaria, a que marque a partir de agora as restricións. Esta circunstancia provoca unha curiosa circunstancia en Ponteceso. Dende hoxe e ata o domingo poden entrar e saír dentro da área sanitaria da Coruña, pero a partir do luns volverán quedar perimetrados, ou cando menos só poderá ir a Arteixo (ou ao resto de concellos de nivel intermedio) sen parar polo camiño.

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

comentarios