Venres. 19.04.2024
El tiempo

COVID: Ponteceso sae o venres do nivel laranxa de restricións

Ponteceso Vila de Pondal
COVID: Ponteceso sae o venres do nivel laranxa de restricións

A Xunta anunciaba esta pasada noite do martes a saída de Ponteceso no nivel alto de restrición, e queda en nivel amarelo. Ponteceso conta a día de hoxe con 12 novos casos nos últimos 14 días, o que supón unha taxa de incidencia acumulada a 14 días de 218 novos casos por cada 100.000 habitantes.
Deste xeito, a partir deste venres 12 de marzo, todos os concellos da Costa da Morte quedarán libres das máximas restricións, mantendo iso si, o toque de queda ás 22:00.

Deste xeito Ponteceso recupera a mobilidade por todos os concellos de Galicia no mesmo nivel, se ben non poderemos visitar os concellos de Paradela, Vilardevós, Pontecesures, Boborás, A Mezquita e o lucense da Pobra do Brollón (no nivel máximo) nin Ponte Caldelas, Vilanova de Arousa, os lucenses de Guitiriz, Lourenzá e Chantada e os coruñeses de Mugardos, Cariño, Arteixo, Miño e Sobrado (no nivel medio).

Lembramos que neste nivel amarelo no terceiro nivel, pode abrir a hostalería permiten cun 30 % e cun 50 % nas terrazas, ata as 18:00 horas; e se permiten reunións de non conviventes cun máximo de catro persoas.

As cifras

Evolucion do COVID na Costa da Morte 09-03-2021

Os datos nesta última semana semellan estancados, cun total de 132 casos nos últimos 14 días nos 19 concellos costeiros (e 76 a 7 días). Unha taxa de incidencia acumulada a 14 días de 100 casos por cada 100.000 habitantes, unha cifra que non vivíamos dende final do pasado verán.

Son varios os concellos que non suman ningún positivo na última semana (Corcubión, Fisterra, Cabana, Mazaricos e Vimianzo).

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

Comentarios