A veciñanza de Laxe prepara alegacións contra a invasión dos eólicos
![Parques Eólico en Bergantinos](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2021/04/12/2021041207581154566.jpg)
Nas últimas semanas a veciñanza de Laxe vén de descubrir que pronto verán moitos viraventos ao mirar cara os seus montes. E unha vez que o pleno non quixo presentar alegacións, a asociación Contramínate, en colaboración con Petón do Lobo, está a artellar novas alegacións ao P.E. do Monte Chan, esa ampliación a cargo de EDP do polémico mini parque que xa fixera a defunta Unión Fenosa (Naturgy) entre Soesto e Traba.
Nunha zona onde ademais confluirán outros 2 parques, como son o de Pena dos Mouros e o de Soesto.
Para Contramínate, o de Monte Chan “vulnera a directiva 92/43/CEE de Conservación de Hábitats Naturais e que vai carrexar impactos ambientais e paisaxisticos severos, que redundarán na degradación da paisaxe e o turismo, que un dos motores económicos de Laxe”. Destacan ademais que “o documento de inicio de proxecto presentado por EDP carece ademais de estudo hidrolóxico e hidroxeolóxico que garanta a seguridade dos acuíferos da zona”.
Outro mar de viraventos entre Cabana, Ponteceso e Coristanco
Como vemos no mapa, outro gran parque, disgregado en tres, vai nacer na zona entre Cabana, Ponteceso e Coristanco. As entidades traballan para presentar alegacións contra o Proxecto eólico Alto do Torreiro, que ameaza Corcoesto, pero é que ao carón tamñen teremos o Bustelo-Baralláns e ao este o de Monte Agrelo e Muriño.
Só así, vendo en conxunto, nos decatamos da incidencia deste novo impulso eólico, xa calificado como ”Complexo Eólico da Costa da Morte”.
Informe eólicos
Máis novas eólicos
- PE Soesto: Dous grandes viraventos entre a praia de Traba e a de Soesto.
- PE A Ruña III: Enriba dun humidal.
- PE Monte da Croa: Ateigando de viraventos nunha zona xa sobreexplotada.
- PE Alto do Torreiro: Denuncian a tramitación fraudulenta do parque por fragmentación irregular.
- PE Monteadugo-SET Morás: Outro mar de viraventos entre Arteixo, Carballo e A Laracha.
- PE Monte Chan: Os Concellos de Laxe e Vimianzo plántanse ante o parque eólico Monte Chan pola súa afectación aos Penedos.
- PE Monte Agrelo e Muriño: Outro proxecto eólico sobre os montes de Cabana e Zas .
- PE Orzar e Tornado: Outros dous proxectos eólicos de Greenalia en Carballo .
- PE Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.
- PE Bustelo e Baralláns: Piden a eliminación do proxecto eólico Bustelo e Baralláns polo seu impacto paisaxístico.
- PE Corme: A Xustiza demostra o incumprimento de EDP, e a connivencia da xunta, á hora de medir o ruído dos eólicos de Corme .
- PE Berdoias: Varias entidades presentan alegacións ao Parque Eólico de Berdoias polo impacto no seu patrimonio.
- PE Campelo, Bustelo e Monte Toural: A DIA do Campelo recoñece que os do Campelo, Bustelo e Toural son un só proxecto eólico.
- PE Banzas: O bosque de Santa Locaia, tamén ameazado polos eólicos de Banzas.
- PE Maragouto: Os Quijotes e Petón do Lobo piden que os eólicos non afecten aos humidais de montaña.
- PPEE Alto da Croa, Alto da Croa II e Monte Tourado: Denuncian a posible corrupción trala fragmentación fraudulenta dos parques eólicos de Vimianzo e Dumbría.
- G3 Corme: A desfeita das obras do parque eólico G3 de Corme, en imaxes.
- PE Salgueiras: “O parque eólico Salgueiras é ilegal que cada representante político e social asuma súas responsabilidades”.
- PE Salgueiras: Esixen a modificación do proxecto eólico das Salgueiras polo impacto visual e a aparición de novos elementos patrimoniais
- “Aldeas con horizonte”: Manifesto por unha moratoria a novos parques eólicos.
- PE Cerqueiral: O Cerqueiral, outra ameaza para a nosa paisaxe.
- Greenalia, que promove 7 parques eólicos na comarca, fai unha doazón de material escolar.
- PE Mouriños: A desfeita das obras do parque eólico de Mouriños na Serra de Gontón, en imaxes.
- PPEE Bustelo, Campelo e Toural: Santa Comba vestiuse de negro contra o “megaparque” eólico de Bustelo, Campelo e Toural.
- P.E. Pena Catasol: Laxe xa non é un Concello Libre de Eólicos.
Máis relacionados
- O pleno de Coristanco aproba unha moción para que os impostos dos parques eólicos se reinvirtan nas parroquias afectadas:
- “Desmantelando a vida”, o vídeo-manifesto de Xente do Rural sobre o impacto dos Parques Eólicos de Corme e As Salgueiras.
- 6 razóns do expolio eólico: "Nunca Máis ao Plan Sectorial Eólico de Galicia”.
- 5 Concellos da zona únense para pedir á Xunta paralización dos trámites de parques eólicos iniciados no Estado de Alarma.
- Familias afectadas por 6 proxectos de parques eólicos: “Róubannos a nosa Paisaxe”.
- Mazaricos páralle os pés aos eólicos.
- "Os propietarios dos terreos afectados polos parques eólicos só quedan co 1% dos ingresos das empresas”.
- A repotenciación dos parques eólicos: unha trampa para os propietarios afectados.
- A estafa eólica aos propietarios das fincas afectadas polas liñas de evacións eléctrica.
- Como repercute a invasión dos eólicos nos Concellos da Costa da Morte?.