O Modesto Patrimonio: A Devesa do Anllares (Arcos)

Foto: Modesto

A paraxe “Allares” é uha franxa de terreno con fincas privadas, dunha loxitud aproximada de uns 1.800 m., cunha superficie de 60 Ha., toda ela cuberta de carballos. Está bordeando pola marxe esquerda o río Xallas, que fai de linde entre o concello de Dumbría e o de Mazaricos. Esta carballeira é  moi antiga según documentos encontrados fala dun camiño suevo que saída de Outes en dirección a población da parroquia de Coiro (Mazaricos) e cruzaba o río Xallas por uns pasales cara a comarca de Fisterra. Xusto o cruzar este río estaba o poblado  “Castro” ou tamén chamado “Os Castros” que máis tarde sería coñecido como “O Castro das Teixoeiras”. Quizá este topónimo daría mas tarde a orixe do lugar de Castrelo (Mazaricos) e o apelido “Castro” tan extendido na comarca do Ézaro.

Esta carballeira comenzou a ter fama polo valor da súa madeira. Sobre o ano 1956 unha empresa comenzou a comprar os carballos a seis pesos cada planta (30 pts) para exportalos en barco a outros lugares. Houbo vecinos que chegaron a verder máis de 1.000 plantas. Eran cortados co “tronzador” xa que non había motosierras. O transporte dos troncos eran con dous tractores vellos: un Barreiros e un John Deere que cruzaban o río Xallas por uns pasales situados Baixo da Estivada e depositalos no lugar de Hospital. De aquí eran traladados en camións o Porto do Freixo cerca da Serra de Outes para ser embarcados.

A devesa quedou totalmente “pelada” e as polas abasteceron de leña os lugareños do cotorno, como os de Arcos e os de Buxantes. Podemos contemplar un fotograma aéreo do ano 1970 e comparalo coa da actualidad. As cachopas, co paso dos anos, retoñaron e despois de máis de 60 a devesa recuperou o seo estado primitivo. Na actualidade, intransitable pola maleza, fai de pulmón na nosa comarca. Co paso dos anos, se a protexen, pode ser unha competidora das Fragas do Eume.

NOVAS DE MODESTO

OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”

Patrimonio Pindexo