O Modesto Patrimonio: O Marco do Couto e O Vakner no concello de Dumbría

Os que temos uns cantos anos ás costas, cando íamos coas vacas polo monte da “Pedra da Rasca”, cerca do Marco do Couto, nunca pensánbamos que co paso do tempo este terreo faríase famoso por culpa do Sr. Bispo armenio que de viaxe desde tan lonxe, camiño de Fisterra, no ano 1493, puxo na súa libretiña que vira un “monstruo” con forma de “homilobo” nesta paraxe.

Pero por que lle chaman Marco do Couto? Se retrocedemos na historia a época sueva, estos se asentaron na nosa terra creando un reino e practicando a relixión cristián (arriáns), formaron aldeas e lugares en terreos ricos agrupados formando un territorio espacial delimitado e con nombre propio baixo a advocación dun santo coñecido como parroquia.
Estas agrupacións de aldeas e lugares tiñan como principal actividade o cultivo de cereais, como trigo e centeo, cavando estibadas no monte (aínda non se coñecía o millo) e a gandería de pastoreo libre, como éguas bravas, cabras e ovellas polos montes.
Os condes e autoridades relixiosas eran os donos e señores destes terros polo que determinaron de aforalos facendo contratos aos lugareños ou parroquianos mediente documentos escritos por períodos largos de tempo, como por exemplo a vida de tres señores reis que reinaran engadindo 29 anos máis. Estes tiñan todo o poder para administrar xustiza, resolver conflitos e litixios mediante xuíces, abogados, escribanos e peritos.
Aparecen os aforos de lugares e parroquias delimitados por puntos naturais sobre o terreno e marcados por lindes naturais como camiños, regatos ou divisorias de aguas. As distancias eran medidas en leguas ( 1 legua é a distancia que pode andar unha persoa nunha hora, equivalente a 4,5 Km.).
Nesta datas as unidades de medidas estaban no corpo da persoa: O dedo, A cuarta, O codo, A braza, O paso. A vara equivalía a 4 palmos que variaba según a rexión. O pago destas rendas era o “ferrado”, medido por un cubilete de madeira, limpo de polvo e palla (uns 12 Kg.) e pagado nos meses de Agosto e Setembro de cada ano nun lugar determinado. Os encargados de recaudar estas rendas aos labregos eran os “cabezaleiros”, nombrados pola autoridade.
Nos comezos xurdeu un descontento porque as terras pobres necesitaban máis superficie para completar o ferrado polo que acordaron variar a superficie agraria segundo a localización do territorio. Así ao concello de Dumbría puxéronlle 424 m2, mentras que ao de Carnota 400 m2 e ao de Cervo, 725 m2.

Aínda que este rollo que vos acabo de contar non ten nada que ver co Vákner, xustifico que o camiño que pasa polo Marco do Couto, cartografíado por Tomás López en 1784 e Domingo Fontán en 1845, era ao Camiño Real de Fisterra-Santiago que nesta comarca separaba o Coto e Realenxo de Vixiantes (Buxantes) pertecente ao Mosteiro de Moraime e o Coto de Santaia de Dumbría pertencente ao Conde de Altamira.
Ao mesmo tempo, por este punto do Couto cruzaba outro camiño importante que, da zona de Arcos e O Ézaro dirixíase, a Vimianzo. Neste punto, marxe noreste deste camiño ao facere a pista da concentración cara Dumbría, no ano 1967 apareceu un lousa de pedra grabada cunha cruz e as letras C R que se supón que son as iniciais de “Camiño Real”.

Sobre o s.XVII xorde a crenza da santificación dos viaxantes e peregrinos e comenza a tendencia de construír cruceiros nas encrucilladas dos camiños. O historiador Ramiro González no seu libro “Creencias y prácticas relixiosas" dí que os cruceiros son una mezcla de superstición e fe cristiá. Nesta datas xorde a construción de varios cruceiros, entre eles o do Marco do Couto. Polo entorno estaban “O Cruceiro Sordo”, a uns 600 m., marxe esquerda deste camiño cara a Fisterra; por orde do cura de Buxantes foi trasladado á Fte. das Neves. O Cruceiro da Costa da Carballa, trasladado ao lugar de Figueiroa. O Cruceiro da Capela das Neves, situado fora do cercado da capela que rompeu cando, por orde do cura parroquial D. Jesús Blanco Pailos quixo trasladalo dentro do recinto da capela no ano 1960.
En resume, Buxantes conta na actualidade no seu inventario, cun novo monumento histórico inaugurado o día 28 de Maio de 2022 coa presenza do público do entorno, autoridades municipais e provincias, e felicitar aos organizadores pola labor exemplar desarrollada neste evento.
NOVAS sobre o Vakner
- O Vákner xa dinamiza a comarca.
- O Vákner volve vixiar os montes de Dumbría.
- Maio 22: “O Vákner vai ser o noso monstro do Lago Ness”.
- Luar Na Lubre estrea o seu novo disco no que a Costa da Morte é protagonista.
- Outubro 19: O Vákner como motor inmaterial do Camiño.
ARTIGOS SOBRE O VÁKNER
- Martiño Nercellas: Quen encarnou ao "vakner" de Fisterra? Outra interpretación do que puido ser este “animal grande e moi daniño”
- Jose Antonio de la Riera: Lendas e tradicións (III). O monstro que axexa no páramo: O Vakner (Primeiro ouvido)
OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”
- A primitiva capela de San Antoniño de Brens.
- O Calendario dos artegos.
- A pedra do Encanto de Olveiroa.
- Os muíños fariñeiros en Dumbría.
- O Cruceiro do Alto de Gures.
- Muíños Hidráulicos no Concello de Cee.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- Ano 1902: Consternación na comarca de Fisterra ante a catástrofe no Ézaro.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- O Modesto Patrimonio: O Cruceiro de Rebordelo,
- Demografía no Concello de Dumbría.
- A Bandeira do Concello de Dumbría.
- A fervenza de Miñóns de Buxantes.
- A Central Hidroeléctrica de Buxán de Dumbría.
- O escudo de Dumbría.
- Os Pasales, a barreira natural do paso sobre o Río Xallas.
- A Casa da Pedra do Ézaro.
- O muíño fariñeiro máis antigo documentado no Concello de Dumbría.
- Memoria histórica lingüística (toponímia) e etnografía do Concello de Dumbría.
- O Cura Rioboo de Berdeogas.
- O Balcón da Costa da Morte.
- As antigas cancelas e e corredoiras de Dumbría
- O Hórreo na Comarca de Fisterra.
- A hidrografía no concello de Dumbría.
- A Ferigresía de Refoxos.
- A Ruta de Pallares.
- Muíños do Río da Lagarteira (II).
- Muíños do Río da Lagarteira (I).
- Un paseo á Ermida das Neves de Buxantes.
- O caserío dO Cotelo de Olveira.
- O Cemiterio de Buxantes.
- A Santiña de Trasufre.
- O Castro de Alvarellos de Berdeogas.
- Lugas de Castrelo, Colúns.
- A Capela de San Marcos do Logos.
- Os muíños do Rego de Quenxe.
- Por que lle chaman as Caldeiras do Castro?:
- Semellanza dos nosos muíños fariñeiros cos canarios.
- Os muíños da nosa comarca.
- Recordando o día máis angustioso de Xesús.
- As varas: As antigas unidades de medida.
- Recordando algo da historia da parroquia de Berdeogas.
- A hidrocentral “Electra del Jallas”.
- O 50 aniversario do Encoro da Fervenza.
- A igrexa parroquial de Dumbría.
- Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión.
- A escola de Dumbría.
- Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes.
- O Dolmen da Pedra da Arca.
- A Cabana da palla do millo.
- Apañar o mato en primavera.
- A Ponte de Canelas en Dumbría.
- O arado de madeira ou tamén chamado romano.
- O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira.
- Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa.
- O Castro de Castromiñán.
- O lugar de Quenxe.
- A Igrexa Parroquial de Buxantes.
- A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
- O Bico do Santo en Carnota.
Patrimonio Pindexo
- Monte do Pindo, o remedio natural para rebaixar o colesterol.
- O Modesto Patrimonio: Subida ó Pico de Peñafiel do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A toponimia do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?.
- O Modesto Patrimonio: Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Furna do Río da Barco.
- O Modesto Patrimonio: Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cova da Pendente do Monte Pindo.
- O Modesto Patrimonio: Os muíños do Monte do Pindo.
- Con Pepe do Fieiro redescubrindo os tesouros do Monte Pindo.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0).
- Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.