Modesto patrimonio: As cancelas do lugar do Ézaro. De mediados do 1800 aos finais do 1900
As cancelas eran atrancos de madeira que interrumpían o paso do gando ou das persoas polos camiños públicos. Case sempre estaban nas corredoiras ou camiños de carro. No lugar do Ézaro non había moitas porque había poucos carros pero si abundaban os camiños temporeiros e os carreiros de a pé. Imos recordar algunhas. Saíndo da AC-550 á altura da actual farmacia había unha corredoira cara á casa do lugar Vello coñecida como Casa da Cancela.
Subindo, antes de chegar ao lugar había dúas a cada lado cos seus pasadoiros de subida ás leiras. No barrio da Laxe tamén había dúas: unha coñecida como Cancela da Garula e outra xunto á casa de Casilda coñecida como Portela da Agra de Arriba. No barrio do Río Rosa e pegada á casa de Veneranda estaba a cancela da Senra. No barrio do Santo e pegada á casa de Manolo do Santo estaba a cancela da Portela de Paizás.
Estas leiras minifundistas tiñan servidume por carreiros de a pé abonadas con algas transportadas en cestos na cabeza. Aos difuntos había que levalos ao cemiterio de Santa Uxía, distante uns 2,8 Km. e, nalgúns casos, a caixa do morto ía atada a un varal e transportada por dúas persoas para salvar as curvas dos carreiros que subía á Fonte dos Cregos pasando pola Cruz de Pao.
Chama a atención que nos lugares deste entorno como O Ézaro, San Crimenzo, As Covas e Castrelo de Mazaricos abunda o apelido “Castro”. Sospeito, a falta dun estudio detallado dos restos arqueolóxicos do castro das Teixoeiras, o apelido Castro pode ter a orixen nos habitantes deste castro. Desto falaremos outro día.
(Toda esta información foi recollida por conversas con personas maiores deste lugar, que xa non están con nós.)
Novas de Modesto
OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”
- O río Castro nas imaxes de satélite modernas
- Penas Sacras polo territorio de Dumbría.
- O Marco do Couto e O Vakner no concello de Dumbría.
- A primitiva capela de San Antoniño de Brens.
- O Calendario dos artegos.
- A pedra do Encanto de Olveiroa.
- Os muíños fariñeiros en Dumbría.
- O Cruceiro do Alto de Gures.
- Muíños Hidráulicos no Concello de Cee.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- Ano 1902: Consternación na comarca de Fisterra ante a catástrofe no Ézaro.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- O Modesto Patrimonio: O Cruceiro de Rebordelo,
- Demografía no Concello de Dumbría.
- A Bandeira do Concello de Dumbría.
- A fervenza de Miñóns de Buxantes.
- A Central Hidroeléctrica de Buxán de Dumbría.
- O escudo de Dumbría.
- Os Pasales, a barreira natural do paso sobre o Río Xallas.
- A Casa da Pedra do Ézaro.
- O muíño fariñeiro máis antigo documentado no Concello de Dumbría.
- Memoria histórica lingüística (toponímia) e etnografía do Concello de Dumbría.
- O Cura Rioboo de Berdeogas.
- O Balcón da Costa da Morte.
- As antigas cancelas e e corredoiras de Dumbría
- O Hórreo na Comarca de Fisterra.
- A hidrografía no concello de Dumbría.
- A Ferigresía de Refoxos.
- A Ruta de Pallares.
- Muíños do Río da Lagarteira (II).
- Muíños do Río da Lagarteira (I).
- Un paseo á Ermida das Neves de Buxantes.
- O caserío dO Cotelo de Olveira.
- O Cemiterio de Buxantes.
- A Santiña de Trasufre.
- O Castro de Alvarellos de Berdeogas.
- Lugas de Castrelo, Colúns.
- A Capela de San Marcos do Logos.
- Os muíños do Rego de Quenxe.
- Por que lle chaman as Caldeiras do Castro?:
- Semellanza dos nosos muíños fariñeiros cos canarios.
- Os muíños da nosa comarca.
- Recordando o día máis angustioso de Xesús.
- As varas: As antigas unidades de medida.
- Recordando algo da historia da parroquia de Berdeogas.
- A hidrocentral “Electra del Jallas”.
- O 50 aniversario do Encoro da Fervenza.
- A igrexa parroquial de Dumbría.
- Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión.
- A escola de Dumbría.
- Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes.
- O Dolmen da Pedra da Arca.
- A Cabana da palla do millo.
- Apañar o mato en primavera.
- A Ponte de Canelas en Dumbría.
- O arado de madeira ou tamén chamado romano.
- O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira.
- Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa.
- O Castro de Castromiñán.
- O lugar de Quenxe.
- A Igrexa Parroquial de Buxantes.
- A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
- O Bico do Santo en Carnota.
Patrimonio Pindexo
- Monte do Pindo, o remedio natural para rebaixar o colesterol.
- O Modesto Patrimonio: Subida ó Pico de Peñafiel do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A toponimia do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?.
- O Modesto Patrimonio: Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Furna do Río da Barco.
- O Modesto Patrimonio: Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cova da Pendente do Monte Pindo.
- O Modesto Patrimonio: Os muíños do Monte do Pindo.
- Con Pepe do Fieiro redescubrindo os tesouros do Monte Pindo.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0).
- Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.