Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: A primitiva capela de San Antoniño de Brens

San Antonino de Brens
O Modesto Patrimonio: A primitiva capela de San Antoniño de Brens

Xa poucos veciños quedarán na parroquia de Brens que recorden a capela de San Antonio Abad, tan milagreiro para a curación das enfermidades contaxiosas. Estaba situada a uns 100 m. ao oeste da igrexa parroquial nun terreo circundado coñecido como Campo da Festa, que formaba parte do igrexario. Era unha pequena capela duns 8 m. de largo por 3,5 m. de ancho con tellado a dúas caídas e coa porta de entrada mirando á ría de Corcubión.

Polos laterais tiña uns muretes que facían de asientos. Uns cantos metros separado desta capela había un cruceiro con mesal de pedra para os oficios relixiosos. Nas festas, as procesións viñan dar a volta a este cruceiro. O luns de Pentecostés reunía a centos de devotos para que o santo intercedese polos seus animais as enfermidades contaxiosas como pestes ou para mellorar o tempo metereolóxico. Se existira na actualidade, sería moi concurrida polos enfermos do virus Covid.

Vexamos que fala a historia deste Santo. Naceu en Exipto no século III, de familia rica. De mozo vendeu todo e repartiu o diñeiro entre os pobres. Marchou da casa facendo vida de ermitaño, vivindo en covas e fundando mosteiros. Contan que nestas viaxes, vestido con capa negra, tivo varios episodios con demonios en forma de bestas salvaxes.
Aquí venme a memorias a peregrinaxe de obispo Martir cando se encontrou co monstruo Vakner nos montes de Dumbría camiño de Fisterra. Conta a lenda que un día acercóuselle unha xabarina con varias crías cegas en actitude de súplica. O Santo devolviulles a vista e dende entón a nai acompañouno a todas partes. Na iconografía sempre ten un porquiño ao lado. A festa celébrase o 17 de xaneiro.

Iglesia de Brens-1

Descoñecemos o historial da capela de Brens por falta de documentos, pero penso que será do século XIX, feita para dar alivio espiritual ás familias dos mortos pola peste. Contan que a primitiva imaxe foi destruída pola carcoma, sendo sustituída por unha copia que se conserva na igresa parroquial. Non se debe confundir a San Antonio Abad con San Antonio de Padua.

Segundo testemuñas, a partir do ano 1975 deixaron de celebrarse os actos relixiosos neste lugar e as autoridades relixiosas determinaron derribala limpando os restos do muro con vistas á construcción doutra nova. O cruceiro foi desprazado a un extremo dunha finca privada onde se conserva na actualidade. Fronte a igrexa existe un terreo usado na actualidade como aparcamento nos días de festa e a procesión da a volta ao redor dunha mesa portátil para regresar de novo á igrexa parroquial. Penso que sería mellor que esa mesa fora sustituida polo cruceiro que permanece aillado do recinto relixioso.

OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”

Patrimonio Pindexo

Comentarios