O Modesto Patrimonio: O río Castro nas imaxes de satélite modernas

As imaxes actuais proporcionadas polos satélites axúdannos a resolver moitos problemas terrestres na actualidade. Se observamos o territorio do Val da Pereiriña de Cee, dende o miradoiro de San Pedro Mártir, situado a uns 365 m. de altitude, que por certo, estaría ben a quen corresponda, limpalo da maleza que cobre a plataforma deste fermoso miradoiro. Dende esta bonita atalaia chámanos a atención todo o medio paisaxístico e xeolóxico, así como a vexetación que abrangue por onde discorre o caudaloso Río do Castro.
Este río nace na parroquia de S. Martiño de Castro (Vimianzo), onde están ou foron as minas de caolín, que tras percorrer uns 30 km polo val desemboca na praia de Lires. No seu último tramo, á altura do territorio de Valdepeñas (Cee), algo lle debeu pasar no seu percorrido porque bruscamente, antes da súa desembocadura, fai un xiro de 90º cara ao oeste.

Lembro na miña infancia que a mestra nos contaba que un río caudaloso sempre desemboca nas rías galegas.
Unha vez vista a imaxe do satélite, ocorréuseme a teoría de que este río debería continuar polo val e unirse ao actual río Lagarteira. Tiña curiosidade por saber que puido pasar coa súa canle para dar este xiro tan pronunciado, cambiando o rumbo cara á praia de Lires. A falta de estudos xeolóxicos do terreo, cabe pensar, segundo a miña teoría, que hai uns millóns de anos a codia deste territorio de Valdepeñas sufriría algún fenómeno tectónico como pregamentos de estratos, contraccións ou desprendementos, taponando a súa canle, que obrigou a dar ese xiro de 90º, deixando como testemuña o curso do actual río da Lagarteira, que na actualidade recolle as augas dunha pequena conca hidrográfica para conducir as súas augas á praia de Cee.
Este suceso puido dar lugar a que os sedimentos arrastrados non tivesen o suficiente empuxe para chegar ao centro da ría, formando un terreo pantanoso que co paso do tempo se cubriu de xuncos, dando lugar ao topónimo "Xunqueira".
Para confirmar esta teoría púxenme en contacto cun labrego de Valdepeñas para comprobar se nos labores agrícolas deste val ao labrar fondo co tractor podía sacar cantos rodados. Díxome que si e ofreceume algúns, que podemos ver na foto.
Aínda que nada ten que ver co tema do río, podemos comentar a ría de Corcubión e o polémico Cabo de Cee. Dende antigo, a actividade pesqueira e o comercio marítimo pasaron por diferentes fases, e a Ría de Corcubión ten moito que dicir. Se empezamos polos Ártabros, Fenicios, Gregos, Viquingos, Romanos e outros aventureiros que buscan acubillo dos temporais en Fisterra, o mellor abrigo que atoparon foi a ría de Corcubión.
Bordeando a costa pola banda esquerda, con vistas da igrexa de Redonda, tendo como guía a nube vaporosa da fervenza do Ézaro e a formación rochosa que se contornea a entrada da ría, creo que este facía de punto clave de orientación na entrada da ría. Por que se chamou Cabo Cee? Porque no fondo da ría debería destacarse a igrexa de San Paio de Refoxos de Cea, rodeada por unhas casas de labranza. As casas dos veciños de Corcubión estaban acubilladas polo lado oeste.
Este topónimo púxose en todas as cartas náuticas que aínda se conservan. Neste momento aínda non había límites territoriais nin concellos. Co paso do tempo, os habitantes de Refoxos desprazáronse ata a ribeira para dedicarse á pesca, principalmente a sardiña. Construíron outra igrexa coa advocación "Virxe da Xunqueira" que, segundo din, apareceu entre os xuncos. Nace a Vila de Cee.

OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”
- Penas Sacras polo territorio de Dumbría.
- O Marco do Couto e O Vakner no concello de Dumbría.
- A primitiva capela de San Antoniño de Brens.
- O Calendario dos artegos.
- A pedra do Encanto de Olveiroa.
- Os muíños fariñeiros en Dumbría.
- O Cruceiro do Alto de Gures.
- Muíños Hidráulicos no Concello de Cee.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- Ano 1902: Consternación na comarca de Fisterra ante a catástrofe no Ézaro.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- O Modesto Patrimonio: O Cruceiro de Rebordelo,
- Demografía no Concello de Dumbría.
- A Bandeira do Concello de Dumbría.
- A fervenza de Miñóns de Buxantes.
- A Central Hidroeléctrica de Buxán de Dumbría.
- O escudo de Dumbría.
- Os Pasales, a barreira natural do paso sobre o Río Xallas.
- A Casa da Pedra do Ézaro.
- O muíño fariñeiro máis antigo documentado no Concello de Dumbría.
- Memoria histórica lingüística (toponímia) e etnografía do Concello de Dumbría.
- O Cura Rioboo de Berdeogas.
- O Balcón da Costa da Morte.
- As antigas cancelas e e corredoiras de Dumbría
- O Hórreo na Comarca de Fisterra.
- A hidrografía no concello de Dumbría.
- A Ferigresía de Refoxos.
- A Ruta de Pallares.
- Muíños do Río da Lagarteira (II).
- Muíños do Río da Lagarteira (I).
- Un paseo á Ermida das Neves de Buxantes.
- O caserío dO Cotelo de Olveira.
- O Cemiterio de Buxantes.
- A Santiña de Trasufre.
- O Castro de Alvarellos de Berdeogas.
- Lugas de Castrelo, Colúns.
- A Capela de San Marcos do Logos.
- Os muíños do Rego de Quenxe.
- Por que lle chaman as Caldeiras do Castro?:
- Semellanza dos nosos muíños fariñeiros cos canarios.
- Os muíños da nosa comarca.
- Recordando o día máis angustioso de Xesús.
- As varas: As antigas unidades de medida.
- Recordando algo da historia da parroquia de Berdeogas.
- A hidrocentral “Electra del Jallas”.
- O 50 aniversario do Encoro da Fervenza.
- A igrexa parroquial de Dumbría.
- Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión.
- A escola de Dumbría.
- Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes.
- O Dolmen da Pedra da Arca.
- A Cabana da palla do millo.
- Apañar o mato en primavera.
- A Ponte de Canelas en Dumbría.
- O arado de madeira ou tamén chamado romano.
- O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira.
- Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa.
- O Castro de Castromiñán.
- O lugar de Quenxe.
- A Igrexa Parroquial de Buxantes.
- A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
- O Bico do Santo en Carnota.
Patrimonio Pindexo
- Monte do Pindo, o remedio natural para rebaixar o colesterol.
- O Modesto Patrimonio: Subida ó Pico de Peñafiel do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A toponimia do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?.
- O Modesto Patrimonio: Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Furna do Río da Barco.
- O Modesto Patrimonio: Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cova da Pendente do Monte Pindo.
- O Modesto Patrimonio: Os muíños do Monte do Pindo.
- Con Pepe do Fieiro redescubrindo os tesouros do Monte Pindo.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0).
- Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.