O Modesto Patrimonio: Os muíños fariñeiros en Dumbría

Un dos patrimonios arquitectónicos máis importantes e que tanto apreciaban os nosos antepasados labregos estase perdendo, esquecido e agochado entre silvas e maleza na beira dos ríos da nosa comarca. As novas xeracións non se preocupan de recordalos e aos nosos maiores levarán esta sabiduría como son os nomes das pezas que o compoñen, a localización xeográfica da paraxe, e todo desaparecerá para sempre enterrado no cemiterio.
O autor deste artigo fixo, sobre a década do ano 2000, un inventario dos muíños fariñeiros, tras recorrer todos os ríos e regatos das cuncas do concello de Dumbría sacando a seguinte conclusión, por parroquias son: en Berdeogas : 30; en Buxantes: 52; en Dumbría: 50; no Ézaro: 33; en Olveira: 34; en Olveiroa: 20; en Salgueiros: 20.
En total 239, dos que 9 aínda se poderían considerar en activos. Hoxe imos falar do Muíño da Xerpe situado no río de Bustelo, que está acompañado polos muíños de Piñeiros, da Senra, de Bustelo, do Cerván, da Prata, da Represa, Pozo Encantado, O Cernado, O Currás, e o situado na paraxe dos muíños que desapareceo hai anos por unha inchenta na confluencia co río Castro.
Esta máquina rústica vén de moi antigo, básicamente formada por dúas pezas de pedra: o “pé” que facía de base sobre ela xiraba outra peza chamada “capa”, unida por unha peza metálica coñecida como “segurella”. Nos comenzos, esta capa xirábase a man e ao longo dos séculos foise perfeccionando facéndoa xirar coa augas dos ríos. Tódalas pezas que compoñían esta máquina, feitas manualmente con materiales normais, tiñan nome. O máis destacado era o apoio do eixe vertical de xiro, sostido sobre un seixo coñecido como “ovo” que xiraba sobre outro coñecido como “pía” e lubrificado coa auga. Desta maneira apenas se desgastaba nin se oxidaba. Todo este mecanismo estaba apoiado sobre unha viga de madeira movible que se podía subir ou baixar desde o interior do muño a base dunha pequena palanca pousada sobre unha cuña coñecida como “trepia”, regulando desta maneira o grosor da fariña. Xa quedan poucos activos para poder contemplar estos mecanismos. Dos muíños inventariados, hoxe imos falar do Muíño da Xerpe de Bustelo.
Muíño da Xerpe.-
É un muíño moi antigo, inventariado no ano 1753 no Catastro do Marqués da Ensenada a nombre de Tomás López. Está situado na marxe dereita do río de Bustelo (coordenadas UTM; X = 487312; Y = 4762295) alimentado mediante unha canle coa a auga dos ríos que pasan polos lugares da Senra e A Xerpe. É de mampostería, cuberto con tella a unha caída e coa porta de entrada cara ao leste. No pé dun lateral da porta ten grabado unha cruz e máis a letra M con outras ilexibles.
Ten un pousa-sacos na porta e dentro, nunha esquina, aprécianse os restos dunha pequena lareira cunha saída de fume ao exterior por debaixo da tella. Naqueles tempos era costume, nalgúns muíños veciñais, facer unha lareira dentro mentras se esperaba o turno e facíanse ou preparar uns “follados” para compartir cos veciños de molenda. Este muíño está a uns 350 metros ao norte do lugar de Bustelo. Tamén había costume de grabar unha ou varias cruces no lateral da porta ou a data de construcción sobre o dintel. Os máis antigos case sempre cubrían o tellado con lousas de pedra.
OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO"
- O Cruceiro do Alto de Gures.
- Muíños Hidráulicos no Concello de Cee.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- Ano 1902: Consternación na comarca de Fisterra ante a catástrofe no Ézaro.
- Modesto García Quintáns debulla a historia da Casa da Vacariza, que entra na lista vermella do Patrimonio.
- O Modesto Patrimonio: O Cruceiro de Rebordelo,
- Demografía no Concello de Dumbría.
- A Bandeira do Concello de Dumbría.
- A fervenza de Miñóns de Buxantes.
- A Central Hidroeléctrica de Buxán de Dumbría.
- O escudo de Dumbría.
- Os Pasales, a barreira natural do paso sobre o Río Xallas.
- A Casa da Pedra do Ézaro.
- O muíño fariñeiro máis antigo documentado no Concello de Dumbría.
- Memoria histórica lingüística (toponímia) e etnografía do Concello de Dumbría.
- O Cura Rioboo de Berdeogas.
- O Balcón da Costa da Morte.
- As antigas cancelas e e corredoiras de Dumbría
- O Hórreo na Comarca de Fisterra.
- A hidrografía no concello de Dumbría.
- A Ferigresía de Refoxos.
- A Ruta de Pallares.
- Muíños do Río da Lagarteira (II).
- Muíños do Río da Lagarteira (I).
- Un paseo á Ermida das Neves de Buxantes.
- O caserío dO Cotelo de Olveira.
- O Cemiterio de Buxantes.
- A Santiña de Trasufre.
- O Castro de Alvarellos de Berdeogas.
- Lugas de Castrelo, Colúns.
- A Capela de San Marcos do Logos.
- Os muíños do Rego de Quenxe.
- Por que lle chaman as Caldeiras do Castro?:
- Semellanza dos nosos muíños fariñeiros cos canarios.
- Os muíños da nosa comarca.
- Recordando o día máis angustioso de Xesús.
- As varas: As antigas unidades de medida.
- Recordando algo da historia da parroquia de Berdeogas.
- A hidrocentral “Electra del Jallas”.
- O 50 aniversario do Encoro da Fervenza.
- A igrexa parroquial de Dumbría.
- Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión.
- A escola de Dumbría.
- Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes.
- O Dolmen da Pedra da Arca.
- A Cabana da palla do millo.
- Apañar o mato en primavera.
- A Ponte de Canelas en Dumbría.
- O arado de madeira ou tamén chamado romano.
- O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira.
- Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa.
- O Castro de Castromiñán.
- O lugar de Quenxe.
- A Igrexa Parroquial de Buxantes.
- A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
- O Bico do Santo en Carnota.
Patrimonio Pindexo
- Monte do Pindo, o remedio natural para rebaixar o colesterol.
- O Modesto Patrimonio: Subida ó Pico de Peñafiel do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A toponimia do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?.
- O Modesto Patrimonio: Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Furna do Río da Barco.
- O Modesto Patrimonio: Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo.
- O Modesto Patrimonio: A Cova da Pendente do Monte Pindo.
- O Modesto Patrimonio: Os muíños do Monte do Pindo.
- Con Pepe do Fieiro redescubrindo os tesouros do Monte Pindo.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1).
- Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0).
- Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.