Xoves. 28.03.2024
El tiempo

COVID: Muxía sofre un cribado para controlar o posible gromo iniciado no CEIP Virxe da Barca

Muxía Cribado 1
Cribado realizado hoxe en Muxía
COVID: Muxía sofre un cribado para controlar o posible gromo iniciado no CEIP Virxe da Barca

Os datos de coronavirus de hoxe de Muxía reflicten apenas 20 novos positivos nos últimos 14 días. Pero seguro que nos vindeiros días esa cifra subirá dun xeito importante, xa que este martes Concello e a Consellería de Sanidade organizan un cribado masivo na vila da Barca.

Así llo solicitou o alcalde Iago Toba, despois de varios positivos detectados no colexio Virxe da Barca. Un centro que o pasado sábado apenas rexistraba 1 caso activo pero que aumentarán, con toda probabilidade nestas xornadas.

Ao longo do día estáselle facendo probas, nunha carpa de Protección Civil situada a carón do Centro de Saúde, tanto ao alumnado, como profesorado e familias do Virxe da Barca que tivesen contacto estreito cun positivo, así como a traballadores municipais por motivos de prevención.

Desde o Concello véñense incrementando nos últimos días as tarefas de desinfección en lugares máis sensibles do municipio, como os centros educativos, espazos máis concorridos e mesmo as oficinas de atención ao público do edificio consistorial.

Entrevista

Máis novas do COVID

Comentarios