Venres. 19.04.2024
El tiempo

Fina Casalderrey. Unha académica da RAG para o febreiro da Galería Mulleres

Fina Casalderrey. Unha académica da RAG para o febreiro da Galería Mulleres
Fina Casalderrey no febreiro 2013 da Galeria Mulleres de Muxia

A Galería Mulleres de Muxía quere adicar este mes de febreiro a Fina Casalderrey, que vén de ser nomeada, en xaneiro de 2013, académica pola Real Academia Galega.

A escritora Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra,1951), mestra dende os dezanove anos e autora de máis de medio cento de obras traducidas –entre outras linguas- ao portugués, ao castelán, ao catalán, ao eúscaro ou ao bretón, polas que foi galardoada con numerosos premios entre os que se contan o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por O misterio dos fillos de Lúa, e o Premio Edebé de Literatura Infantil e Xuvenil por O estanque dos parrulos pobres.

Unha das súas inquietudes é a investigación etnográfica. Dirixindo ós seus alumnos e alumnas participou en concursos promovidos pola Xunta de Galicia, o Museo de Pontevedra…(traballos galardonados con diferentes premios). Nesta liña ten feito publicacións con Mariano García.

Muller comprometida coa cultura galega, participa en diversoso eventos literarios e colabora en prensa e revistas especializadas. Nomeada académica da RAG en xaneiro de 2013. Ademáis do recoñecemento para a súa obra, co seu nomeamento, a Real Academia Galega recoñece a importancia da produción destinada aos máis novos no desenvolvemento e normalización da nosa literatura.

Máis información

  • Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar:
    - CASALDERREY, FINA. "Quen me quere adoptar?" Xerais.
    - CASALDERREY, FINA. "Ola estúpido monstro peludo". Galaxia.
    - CASALDERREY, FINA. "A lagoa das nenas mudas". Xerais.
  • fina.casalderrey.com.

Novas relacionadas

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios