APIN convoca unha reunión de portavoces ante a enésima posibilidade de recuperar o POS para Ponteceso
Ao ser o Concello de Ponteceso o único en toda a provincia que quedou sen aprobar o Plan de Obras da Deputación, o ente provincial está intentando salvar o sempre necesario investimento de 758.000€. Con varias propostas enriba da mesa, pero ningunha consensuada, o grupo de APIN convocou para este mércores ás 20:30h unha reunión con todos os portavoces dos grupos municipais.
Estará por ver se acoden, trala negativa a sentarse a petición da sociedade civil, os portavoces de PP, PSOE e dos non adscritos.
APIN propón unha orde do día na que se propoña as obras, consensuadamente as obras do POS, así como para a subvención nominativa; propón tamén destinar a partir de gasto corrente a obras; destinar 100.000 da partida social a axudas a autónom@s e hostalería, así como solicitar unha reunión urxente co presidente da Deputación para facer viable o POS.
Novas relacionadas
- 17-04-2021: A mocidade de Ponteceso lamenta a falta de interese dos grupos políticos polo consenso.
- 15-04-2021: Albíscase xa a moción de censura en Ponteceso.
- 15-02-21: O GES de Ponteceso rompe anos de silencio contra o seu alcalde: “Ese “señor” non nos representa”.
- 14-02-21: Novo audio de Carballido: “O máis fácil e o máis lóxico é non renovar o convenio co GES”.
- 12-04-21: Un panfleto contra Carballido e unha colleita de sinaturas polo consenso na campaña eterna que vive Ponteceso.
- 10-04-21: Novo audio de Carballido: “Ti dame os gastos, que eu xa consigo tíckets”.
- 04-04-2021: Piden á Provincial Socialista a dimisión de Carballido.
- 01-03-2021: Denuncian ante a Garda Civil a posible destrución de documentos do alcalde de Ponteceso.
- 31-03-2021: O audio que non se puido escoitar no pleno de Ponteceso.
- 29-03-2021: O Pleno de Ponteceso aproba unha comisión informativa para investigar as gravacións.
- 27-03-2021: Ponteceso, único concello da Provincia sen POS pola irresponsabilidade dos seus políticos.
- 12-03-2021: Terceiro pleno inútil para salvar o POS de Ponteceso.
- 04-03-2021: Os políticos de Ponteceso continúan co seu circo plenario.
- Decembro 2020: Os voluntarios de Protección Civil de Ponteceso lamentan “as decisións unilaterais e vingativas do alcalde”.
- 9-10-2020: Os edís chantaxeados de Ponteceso queréllanse contra o alcalde e contra La Voz de Galicia .
- 27-10-2020: Carballido cambia a Xunta de Goberno e a Provincia Socialista abre expedientes aos 3 edís gravados con cámara oculta.
- 26-10-2020: Marco Varela: “Vergonza”.
- 25-10- 2020: Chantaxe ou montaxe?.