Martes. 11.05.2021
El tiempo

A oposición de Ponteceso presenta conxuntamente a moción de censura

  • Raquel Fondo preséntase como candidata á alcaldía
  • Ana Pérez Imia debullou o Proxecto Político "Mellorando Ponteceso"
10 concelleiros da oposicion presentan mocion de censura en Ponteceso
Atrás dende a esquerda: Daniel García Cotelo, Salva Fdez., Beatriz Martínez, Miguel González; ABaixo dende a esqueda: Ana Pérez Imia, Faustino Santiago, Raquel Fondo e José Manuel Pose Verdes.
A oposición de Ponteceso presenta conxuntamente a moción de censura

Os 5 edís non adscritos, os 3 de APIN e os do 2 PP anunciaron este sábado 1 de maio a moción de censura que van presentar este luns no Concello de Ponteceso. Raquel Fondo, como candidata á alcaldía, fixo un repaso por estes últimos 2 anos que os levaron de nomear a alcalde ao seu compañeiro no grupo socialista Lois Carballido, a liderar unha moción na súa contra.

Unha moción asinada polos 10 concelleiros da oposición, (o goberno quedaría formado polos 5 edís non adscritos co diálogo continuou cos outros dous grupos) presentada “con toda a esperanza e a intención do mundo” pero sendo conscientes de que a súa viabilidade depende da Secretaria Municipal e da Xustiza.

En 10 días, se a Secretaria a aproba (cómpre lembrar que xa presentara, a instancias do alcalde, un informe negativo sobre unha hipotética moción), tería que presentarse no pleno, e iría a votación. Nese caso seguramente recurriría o grupo de goberno co que tería que decidir un xuíz/a. Se a Secretaria non a deixa presentar, os edís presentarían un recurso instando de novo á Xustiza, pero meténdonos xa en prazos administrativos e xudiciais, que poderían provocar que se agotase a lexislatura.
”Instamos á persoa que corresponda que valore que esta moción está apoiada por case toda a corporación. A situación de parálise do Concello é evidente“, pediu Fondo.

Fondo falou de “coacción”, de “falta de diálogo”, de “persoa altiva”, de “tensións internas”… dando valor á frase “!o que mal empeza mal a acaba”. “Cansámonos do diálogo unidireccional, de que nos usase como bonecos”. Fondo lembrou que aos 6 meses de mandato tivemos reunión co presidente da Deputación, Valentín Gonzáez Formoso, que “normalizou a situación e deulle un aviso ao alcalde que escoitara ao seu equipo, pero todo foi en bano. As liortas internas foron a máis, e o alcalde só respondía “o alcalde son eu”.” Ao final, “os 5 edís fomos expulsados pola Provincial do partido sen escoitarnos”.

Lembraron que 6 dos 8 concelleiros da oposición xa pediron a súa dimisión, e que “tras moitos bloqueos, non nos queda outra opción de intentar chegar a este punto para intentar desbancar ao alcalde para non perxudicar máis aos veciños”. Recordou que “segue sen esclarecer os feitos de declaración de vídeos e audios na alcaldía, con casos de presunta falsificación de facturas, prevaricación”…

Proxecto político: “Mellorando Ponteceso”

Mocion de censura en Ponteceso

Tocoulle a Ana Pérez Imia presentar o proxecto político para presentar a moción de censura, composto por 4 follas. “Metímonos nesto por fcer o ben do pueblo, pero vímolo truncado dende o principio por Carballido”. Deixou as ideas principais do “que nos gustaría facer durante estes dous anos, sobre todo en canto a xestión.

  • Queremos mellorar o documento dende a participación veciñal, cunha ordenanza que aprobe a creación do “Consello da Veciñanza”.
  • Queremos mellorar o diálogo.
  • Queremos mellorar a economía, os orzamentos non son realistas. Comprometémonos a pagar as facturas, mesmo as que levan no caixón dende hai 6 anos.
  • Queremos mellorar as inversións.
  • Queremos mellorar o turismo.
  • Queremos poñer fin aos propblemas dos traballadores municipais.

Pola súa parte o voceiro do PP Daniel García Cotelo amosou o seu apoio (“estamos unidos neste obxectis”) porque “chegou o momento”, “o alcalde non nos representa”, que quedou demostrada no último pleno deixando claro que é un alcalde de palla. Quixo facer fincapé e mandar un recado a “Valentín Gzlez. Formoso e Xosé Regueira: con quen tendes que falar é con estas persoas.

Reunión coa Deputación para sacar adiante o POS

Precisamente os edís quixeron explicar que pasou coa reunión coa Deputación. Ana Pérez Iria recoñeceu que foi convocada polas redes sociais (non por correo), pero que “APIN e PP non foron invitados ata unha hora antes da reunión, e por chamada, non por correo”. “Traballamos, non nos dedicamos á vida polítiica”, explicou Cotelo. “Esperamos que fagan unha convocatoria como debería, imos a acodir todos, dende logo, porque o último que queremos é a perda do POS.

REUNIÓN VECIÑAL

A agrupación "Somos mais de Ponteceso que Pondal" celebra este domingo 2 de maio, ás 16:30 unha asamblea informativa para todos os veciños e veciñas e que terá lugar na Asociación de Veciños do Couto. Respetarase todas as medidas anti Covid, así como o aforo (35 persoas max) , entraráse por orden de chegada e sairase en orden inversa.

Novas relacionadas

comentarios