Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Toda a oposición pontecesá piden á provincial socialista que aclare se o POS é aínda viable

Reproducimos un novo audio que, supostamente, apareceu no buzón dunha veciña pontecesá
Alcalde de Ponteceso co Presidente da Deputacion
Imaxe da última visita do Presidente da Deputación a Ponteceso, acompañado polo alcalde
Toda a oposición pontecesá piden á provincial socialista que aclare se o POS é aínda viable

Non decae o serial no Concello de Ponteceso. Cada vez máis preto estamos da presentación da moción de censura, a pesar das súas poucas posibilidades de ser aceptada xudicialmente. Pero o que si se nota é a unión de toda a oposición que ten conseguido o alcalde. Nun comunicado conxunto, os grupos de APIN, PP e Non adscritos, denuncian que “a situación de Ponteceso é dunha gravidade máxima, e o Alcalde lonxe de querer solucionala, complícaa máis”.

A oposición lamenta que “o alcalde siempre usa a estraxesia de facerse a vítima e poñernos os veciños en contra, como aquí queda demostrado no tema do POS.

En relación ao resucitado POS, bromean que “o Plan provincial parece o rio Guadiana, que aparece e desaparece”, pero piden ao presidente da Deputación que aclare a realidade. “Ponteceso decimos que SI QUEREMOS UN POS, un POS consensuado entre tod@s, un POS REAL para o beneficio dos veciñ@s, que por eles estamos aquí, sin trapalladas e sin mentiras e con Lois Carballido é imposible, perdeu toda credibilidae e xa non é un interlocuutor válido. Queremos que o presidente da Diputación, o señor Valentín Formoso nos convoque para a reunión solicitada no seu día e nos aclare todas estes puntos”, solicitan.

Novo audio

Neste novo audio filtrado e gravado a Carballido, que supostamente apareceu no buzón dunha veciña, o alcalde pontecesán fachendea da súa capacidade de gasto fronte á de Cabana (“Cabana ten celos de Ponteceso”) e ademais de amosar a súa cara autoritaria fala ás claras, da “boa inversión que é gastar na prensa”:

 

Novas relacionadas

Comentarios