Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O Vila de Cee demostra o seu potencial ante o filial do Fisober

O Vila de Cee demostra o seu potencial ante o filial do Fisober
Imaxe do Vila de Cee-Fisober B

Tivo o derbi da Liga Provincial o maior protagonismo esta semana. O Vila de Cee recibía ao Fisober B, e tras un gran partido das de Calabanda, as ceenses seguen sumando e se achegan ao Ponteceso FSF.

Ademais, na Estatal, ca vitoria acadada este sábado polo Fisober en Logroño, o cado soneirán logrou xa os mesmos puntos que na tempada pasada cando aínda lle quedan sete partidos por disputar. Un partido que puido acabar con goleada pero que tiveron que sufrir ata o final. E se Euskadi é territorio maldito con seis derrotas en seis visitas, A Rioxa todo o contrario con tres vitorias en tres visitas. Esperemos que este resultado lle de un maior pouso e tranquilidade o equipo de cara a vindeiras citas na busca de mellorar a tempada pasada.

Ademais, O Concello de Ponteceso FSF non disputou esta fin de semana o partido da 14ª xornada da Liga Provincial Feminina debido á non presentación do equipo rival, o Troula FS, que avisou o día anterior á Federación e ó equipo pontecesán da súa decisión respecto ó encontro que iba ter lugar o sábado 16 no Pavillón Municipal de Ponteceso, xa que non eran xogadoras suficiente, dándolle así o partido por gañado ás pontecesanas, que suman 3 puntos máis na clasificación.
Con esta decisión, as xogadoras do Ponteceso levan dúas xornadas consecutivas sen competir, xa que a xornada anterior o partido tivo que ser aplazado por non dispoñer de pavillón. Dúas semanas de descanso que lles veu ben ás lesionadas e que as farán chegar con máis ganas ó próximo partido.
En todo caso, a Federación xa deu como válido o resultado de 6-0 para as pontecesás.

2ª División Estatal

  • Resultado: CUATRO ARCOS LOGROÑO – FISOBER F.S.F. (3-4).
  • FISOBER: Eva, Patri, Inés, Ana e Raquel ; tamén xogaron : Elsa, Nuria e Noelia.
  • Goles: 0-1 Nuria, 1-1 Ana, (descanso), 1-2 Nuria, 1-3 Patri, 1-4 Noelia, 2-4 María Miguel, 3-4 Bea.

O partido comezou co dominio do Fisober o cal as locais esperaban en media pista na busca dun erro para poder saír a contra. Arrancaron moi ben as da Costa con control do partido e boas ocasións. As máis claras para Raquel por partida dobre e Inés. As rioxanas tentaban aproveitar os erros visitantes e crear ocasións, a máis clara foi por parte de María Carro.
Sentíase cómodo o Fisober na pista e froito dese dominio chegou o gol visitante os nove minutos nun lanzamento de Nuria que petaba nunha xogadora local para introducirse na portería. Aínda así o Fisober xoga demasiado ansioso e precipitado nesta parte da tempada, con demasiados erros de cara a porta contraria.
E así nunha xogada aislada un lanzamento lonxano da rioxana Ana sorprendía as visitantes e colocaba un inxusto empate a un no electrónico a falla de seis para o tempo de lecer.
Pasaban os minutos con dominio e ocasións visitantes e algunha contra local, aínda que as da Costa se contaxiaban cada vez máis do ritmo que querían imprimir as locais. E con igualada chegouse o tempo de lecer.

O arranque da segunda metade por parte do Fisober foi incluso mellor que na primeira metade, imprimiron un maior ritmo o seu xogo e chegaron con maior claridade, moi metidas no partido. Así no primeiro minuto Ana se topaba co pau. Os catro minutos da reanudación Nuria poñía en vantaxe as da Costa, dous minutos despois Patri facía o terceiro e un despois Noelia o cuarto que parecía que mataba o partido.
Pero nese mesmo minuto María Miguel de tiro cruzado facía o segundo rioxano. Baixaba un pouco o ritmo o Fisober pero as ocasións seguían chegando sobre todo por mediación de Nuria.
A nove para o fin entraba de novo no partido o equipo local cun gol de Bea.
O Fisober gozou de gran cantidade de ocasións dende aquí para non ter que pasar apuros finais pero Nuria a pesar dos dous goles non tiña o día claro de cara a portería e Patri tampouco puido incrementar a conta.
Así se chegou a un último minuto no que as rioxanas tentaron o ataque de cinco que defenderon ben as visitantes e incluso lle deu opcións de gol a Patri e a porteira Eva que quixo emular o seu gol da tempada pasada sen éxito.

Destacamos con 3 Estrelas a Andrea Romero sendo o referente do ataque do Fsf Vila de Cee con tres golazos, con 2 Estrelas a Sandra, por un moi bo e completo partido na primeira parte en ataque e na 2ª parte coma cierre e con 1 Estrela a Capitana Adriana, a cal segue a liderar este grupo de rapazas e convertíndose na referencia do equipo no campo. Destacar o bo entendemento entre os dous equipos cun partido case sen faltas, e ainda que loitado no campo , un bo rollo total nas gradas de dous equipos máis ca amigos.

Liga Provincial, xornada 13

  • Resultado: VILLA DE CEE – FISOBER “B” F.S.F. (5-2).
  • VILLA DE CEE: Belén, Adriana, Andrea Romero, Alba e Sandra; tamén xogaron: María, Tati, Andrea Muiño, Marta, Serena, Raquel e Bea.
  • FISOBER B: Anabel, Tamara, Paula Fandiño, Inés e Laura ; tamén xogaron : Andrea, Noelia, Alejandra e Natalia.
  • Goles: 1-0 Alba, 2-0 Andrea Romero, 2-1 Paula Fandiño, 3-1 Andrea Romero, (descanso), 4-1 Andrea Romero, 5-1 propia porta, 5-2 Noelia.

O domingo de mañá disputábase en Cee un dos derbis costeiros na Liga Provincial e a vitoria quedou na casa nun partido moi disputado e con ocasións para ambos lados e cun bo ambiente nas gradas. No que o filial do Fisober pagou caro erros propios de xogadoras da súa idade e da falla de experiencia xa que a súa media é quince anos de idade. Pola súa banda o FSF VIila de Cee arrancou con cambios na sua clásica alineación, saindo no campo Belén coma porteira, Adriana e Alba coma cierres e Andrea Romero e Sandra coma referentes no ataque, participando tamen Tati, Raquel, Marta, Maria, Andrea de Baio, Serena e Bea.

Saíu o Fsf Villa de Cee, máis que enchufado, pois ademáis de coller a posesión do balon, comezaron a chegar pronto os goles. Na primeira metade Alba e a ex do Fisober, a fisterrana Andrea Romero, que incluso chegara a debutar co primeiro equipo con gol en Autonómica cando contaba tan só con 14 anos en partido disputado en Castrelo do Miño, puxeron o dous cero a favor das locais.

O Fisober, non quiso rendirse e o pouco tempo recortou distancias Paula Fandiño, poñendo o marcador un pouco apretado 2-1, máis nunha xogada desfortunada as rapazas do Fisober cometen un inocente penalti por unhas desafortunadas mans na área e significou isto o 3º gol para o Fsf Vila de Cee, rematando así a 1ª parte co resultado de 3-1. Unha primeira metade con ocasións para os dous lados na que polo Fisober destacamos dous lanzamentos o pau por medio de Inés e Laura.

Mesmo guió na 2ª parte, o Fsf Vila de Cee sae outra vez enchufado dando mostras en todo momento de ter dominado o partido, sendo estes primeiros minutos da segunda unha rémora demasiado pesada para o filial do Fisober, xa que en minuto e medio un novo gol de Andrea Romero e un gol en propia porta puxeron un cinco a un difícil de remontar. Aínda que o tentaron un gol de Noelia facía o definitivo cinco a dous co que se chegou o final.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Fisober, do Vila de Cee e do Ponteceso FSF.

Comentarios