Recunchos da Costa: A Fervenza de Budián

Tras montar no columpio da Fervenza do Rabiñoso e gabear pola Fervenza de Parga, continuamos a Ruta da Auga de Zas para sentar no banco da Fervenza de Budián.

Esta fervenza completa o trío de xoias que nos deixa esta ruta, xa no chamado Rego da Fervenza. É un salto duns 8 metros, cun muíño ao carón, que deixa unha estampa ben fermosa.

A Ruta da Auga está a ser un dos grandes descubrimentos do Concello de Zas deste ano de pandemia, e cada fin de semana son ducias as familias que disfrutan da natureza no seu máis puro esplendor.

Cómpre salientar que un dos ountos de partida é a Ponte do Sisto, dende onde comeza unha serie de muíños recuperados ben interesantes de ver.

Como chegar

Dende o lugar de Budián non ten perda. Ten un acceso algo máis complicado que as súas curmás, pero é accesible para todas as idades.

 

OUTROS RECUNCHOS DA COSTA