Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Recunchos da Costa: A Fervenza de Parga

Recunchos da Costa-Fervenza de Parga-Zas
Recunchos da Costa: A Fervenza de Parga

Despois de visitar a Fervenza do Rabiñoso, seguimos a Ruta da Auga (PR-G 250) do Concello de Zas ata a Fervenza de Parga. Unha nova caída deste fermoso río Parga, esta algo máis cativa que a súa irmá, pero con outra fermosa visita pola parroquia de Gándara.

Non ten columpio (como ten a de Rabiñoso) nin banco (como ten a de Budián), pero a de Parga ten tamén un percorrido singular. A caída vese moi ben dende abaixo, ao carón do muíño, e o paseo polas inmediacións é auténtico.

Mágoa que todos os montes dos arredores son eucaliptais, que só deixan medrar as árbores de ribeira que sobreviven pegados ao río.

Rio Parga ao caron da Fervenza de Parga
Zona tranquila do río antes da caída de Parga

Conta a lenda da fervenza de Parga, segundo nos contan dende TurismoZas, que “neste salto de auga afogou unha moza pola tristura de non poder estar co seu amado, e que este foise e nunca máis volveu. Por iso, nas noites de lúa chea, cando o caudal é atronador, escóitase á moza chamar polo seu namorado”.

Vexetacion na Fervenza de Parga-ZasFervenza de Parga-Zas

Como chegar

Ruta da Auga polo Rio Rabinoso en Zas

Comezando na Fervenza do Rabiñoso e seguindo a Ruta da Auga apenas tardarás 15 minutos.
Tamén se pode acceder en coche ata moi preto, deixando o vehículo no lugar de Parga.

 

OUTROS RECUNCHOS DA COSTA

Comentarios