Venres. 19.04.2024
El tiempo

Recunchos da Costa: A Fervenza do Rabiñoso

Recunchos da Costa-Fervenza do Rabinoso-Zas 1
Recunchos da Costa: A Fervenza do Rabiñoso

Sorprendidos e encantados quedamos o pasado domingo tras visitarmos a Fervenza do Rabiñoso. Ducias de persoas disfrutaban do río no seu día libre, o que dá conta das poucas cousas positivas que poden quedar de toda esta pandemia: o goce da natureza.

Gran ambiente o domingo na fervenza do Rabinoso

Situada nun dos extremos da “Ruta da Auga” do río de Vilar Ramilo, falamos dunha fervenza de gran altura, cun desnivel de 45 metros que cae en máis de 200 metros de lonxitude. Son varias as zona de caída e cada unha deixa unha estampa singular.

Arriba sitúase unha fermosa ponte de grandes lousas de pedra. Un columpio provoca colas para sacar a foto obrigatoria, dando un tono bucólico, pero tamén un sentido de memoria fotográfica, á visita.

Na zona tamén hai 5 muíños nas dúas marxes, un deles recuperado e aberto para explicar ás criaturas como se moía o millo antano.

Quédanos aínda pendente percorrer ao completo esta fermosa Ruta da Auga “O Rabiñoso”, e visitar a Fervenza de Parga, así como comezar dende a Ponte do Sisto ata a Fervenza de Budián.

Ruta da Auga polo Rio Rabinoso en Zas

Ponte de pedra na parte da Fervenza do RabinosoA fervenza do Rabinoso ten varios saltosFervenza do Rabinoso en Zas
Diferentes caídas da fervenza

Como chegar

Situada no lugar de Vilar Ramilo, podedes aproveitar e visitar tamén o miradoiro de Pico de Meda, para ver unhas das mellores vistas do interior costeiro.

 

OUTROS RECUNCHOS DA COSTA

Comentarios