Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Segunda marcha reivindicativa pola escombreira da Autovía Costa da Morte

Segunda marcha reivindicativa pola escombreira da Autovía Costa da Morte
Marcha pola Autovia Costa da Morte-Foto-Javier Gonzales Trillo

27 kilómetros foron os que percorreron unha ducia de persoas este pasado sábado 30 de agosto. Foi a segunda marcha reivindicativa para esixir o remate da Autovía Costa da Morte. Unhas marchas convocadas pola deputada socialista Marisol Soneira, pero con intención de ser abertas á cidadanía e sen bandeiras. Non respondeu a veciñanza, pero si un grupo de políticos da zona, econ compañía da Neria e a FECOM.

Era o segundo tramo, entre Baio e Carballo, despois de primeira camiñada da semana anterior. E a xornada serviu para comprobar que aínda queda moito traballo por facer. Pero sobre todo, o que máis sorprendeu aos camiñantes é que este tramo convertiuse nun vertedoiro-escombreira, e ante o abandono total, moitos veciños da zona están utilizándoo como zona de verteduras.

Marcha pola Autovia Costa da Morte-Foto-Javier Gonzales Trillo

Artigos relacionaddos

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios