Carta derradeira para o bibliotecario Mon Rey Senra
"Ordenar bibliotecas es ejercer, / de un modo silencioso y modesto, / el arte de la crítica".
Jorge Luis Borges, Elogio de la sombra (1969)
Coñecín a lutuosa nova de que finara o bibliotecario e historiador ceés José Ramón Rey Senra, o inesquecible amigo Mon, por unha mensaxe que recibín da escritora Concha Blanco e despois pola nota de prensa que me enviou o poeta Modesto Fraga, cando estábamos na “aldeia histórica” de Linhares da Beira, en Portugal, un país que coma nós adoitaba visitar aínda que con preferencia pola costa, nomeadamente Póvoa de Varzim.
Como moi ben escribiu Víctor Manuel Castiñeira, técnico de Cultura do Concello, co seu pasamento “Cee perde outro dos gardiáns do noso pasado”, impulsor dun excelente Fondo Local, con sala propia na Biblioteca Francisco Mayán, onde eu propio puiden consultar moitos materiais para diversos traballos de investigación literaria ou para os meus traballos académicos, como as teses de licenciatura e doutoramento, para as que sempre contei con algunhas achegas valiosas fornecidas por Mon, a quen moito lle agradecemos o seu labor e o seu asesoramento histórico.
E celebrei os seus comentarios e achados, poñamos por caso cando me revelou que o «Programa de Fiestas de La Junquera. Cee, agosto 1952» incluía, en pleno franquismo, oito coplas en lingua galega, agrupadas de dúas en dúas, para introducir os actos festeiros de cada xornada.
Lembrou tamén Castiñeira o seu papel fundamental na súa relación con persoeiros tan senlleiros da localidade como o propio Francisco Mayán ou Baldomero Cores, con quen colaborou no seu proxecto da Historia de Cee. Moitas foron a súas viaxes a Mondoñedo e a Lugo con traballadores municipais para traer os milleiros de libros que o historiador Mayán legara á biblioteca que leva o seu nome. Mon tamén tivo moito a ver coas conmemoracións sobre a figura do arquitecto Domingo Antonio de Andrade ou en argallar xornadas divulgativas como o ciclo de conferencias «Lembrando a Baldomero Cores Trasmonte», celebrado en maio de 2017, con relatorios de Francisco Caamaño, Víctor Manuel Castiñeira, Juan Félix Neira, eu mesmo e o propio José Ramón Rey Senra que disertou sobre “Baldomero Cores nos fondos da Biblioteca Pública de Cee”. E tampouco se debe esquecer esa posta en andamento das súas iniciativas dos concursos literarios de Achegamento ao Libro, Teatro ou Marcapáxinas, nos que participaron milleiros de escolares da contorna e nos que foron premiadas persoas que logo principiarían unha importante traxectoria literaria.
Era Mon un escritor pouco prolífico, mais moi ben documentado. De feito fun eu atento e devoto lector das súas suxestivas crónicas sobre a “Historia anecdótica de Cee a través dos Libros de Actas do Pleno”, que foron publicadas anualmente nos Programas das festas da Xunqueira, e que agora máis que nunca deberían ser compiladas nun libro, como sempre lle pedín que fixese.
Queda a lembranza da súa amizade e do seu carácter afable e retranqueiro, mesmo na derradeira conversa que tivemos pouco días antes de marchar, en momentos adversos da doenza, sinalaba que os seus longos paseos pola praia da Lagosteira ían ter que esperar, mais que “para o ascenso de Depor a Primeira alí penso estar” ou analizaba a situación social sinalando con amargura que “estamos en mans de mentes diabólicas”. Alén da profunda mágoa, aínda me custa crer que se fose tan cedo, sentín non poder estar na súa despedida e botaremos sempre moito de menos a súa xenerosidade en todos os sentidos. Apertas fondas para os seus. Sit tibi terra levis.
- Miro Villar, en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, é profesor de lingua e literatura galegas, ademais de poeta, narrador, tradutor e crítico literario en diversas revistas e publicacións periódicas. Autor do blog As crebas.
OUTROS ARTIGOS DE MIRO VILLAR EN QPC
- Buguinas poéticas en Fisterra
- Camariñas, Carnota, Cee, Mazaricos e Muros no libro "Os mestres mortos daquel verán", de Narciso de Gabriel
- Unha cala sobre os fillos adoptivos da nosa literatura.
- Combatendo os prexuízos sociolingüísticos. "Galicia, lo gallego y los gallegos", de Fernando Cabeza Quiles, nova edición, en castelán.
- O Berrón (1987-1991) no Dicionario da Literatura Galega.
- A Costa da Morte na obra de Florencio Delgado Gurriarán.
- Darío Xohán Cabana esquecido en Corcubión?.
- Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía (Buenos Aires, 1923-1934), cabeceira da prensa costeira dixitalizada no Repertorio da Emigración Galega
- A potencia simbólica do topónimo Fisterra
- "Kurkuilua modu minorrean", "Buguina en modo menor", poema de Miren Agur Meabe en Ara do mar. Poesía a Fisterra, que compilou Alexandre Nerium.
- Unha tradución de Antón Zapata García na revista Ressorgiment (1936).
- Os irrefutables argumentos de Xosé María Lema en Pola nosa lingua. Unha década de artigos en defensa do galego (2009-2019).
- «Cidades neón», un poema manuscrito de Xela Arias na revista Carnota.
- O poeta laxés Antón Zapata García «prófugo» da xustiza española.
- Os poemas a Castelao do laxés Antón Zapata García e do muxián Xervasio Paz Lestón.
- Aramados: "os meus nove meses polos campos de concentración de Francia". Manuel García Gerpe.
- Unha nova achega sobre os presos da Costa da Morte no «Fuerte de Ezkaba» na posguerra.
- Contra vento, maré e coronavirus. A Costa da Morte en Nova Ardentía, 12. Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial
- A presenza da Costa da Morte no volume “Os restos do franquismo en Galiza”
- Os poemas manuscritos da revista Carnota.
- A 35 anos da publicación da revista muxiá Decrúa (1985-1986).
- Fisterra e as fisterras na poesía de Luz Pozo Garza.
- Lugar de incendios, no terceiro cabodano do poeta Paco Souto.
- Bazarra, un topónimo singular do noso territorio.
- Lecturas costeiras: Antoloxía de Dombate
- Lecturas costeiras: Vagabundos, solitarios e sentimentais, de Rivadulla Corcón e ilustracións de Correa Corredoira.
- Castelao, Chateaubriand e a cidade corsaria de Sant-Maloù.
- Unha lectura da guía "O río do Porto, o río grande da Terra de Soneira", do SEMESCOM.
- O mecenado como mostra de amor á Terra: “Perfecto López. Un vimiancés na Galiza ideal”, de Xosé María Rei Lema.
- A depuración do maxisterio da Costa da Morte polas autoridades franquistas.
- As Illas Lobeiras en dous proxectos musicais da Costa da Morte.
- O Monte Corpiño, de Muxía, nun poema de Filomena Dato Muruais datado en 1894.
- A lembranza de trece homes da Costa da Morte nos campos de concentración nazis.
ARTIGOS DE MIRO VILLAR SOBRE LÓPEZ ABENTE
- 2023: No centenario de dous poemas de Gonzalo López Abente na Revista Portuguesa 'A Águia'
- No centenario da novela curta 'O diputado por Beiramar' (1919), de Gonzalo López Abente.
- A autopoética de Gonzalo López Abente na “Escolma de Poesía Galega IV. Os contemporáneos (1955)”, de Francisco Fernández del Riego.
- Fin do ano, un poema de Gonzalo López Abente.
- Manuel Rodríguez Louro «Marrolas», do Monte Pindo a Mauthausen.
- Miro Villar (Setembro 2020): No centenario da versión francesa de Philéas Lebesgue do poema «O carreteiro» de Gonzalo López Abente.
- Miro Villar (Xullo 2020): "Abalando", unha descoñecida autotradución castelá de Gonzalo López Abente.
- Miro Villar (Marzo 2020): A RAG celebra o 142 aniversario de López Abente compartindo varios poemas póstumos
- Miro Villar (Xullo 2019): Ana Varela Miño leva o VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente
- Miro Villar (2019): Esta é noite de Nadal!, un poema de Gonzalo López Abente
- Miro Villa (2019): No centenario da novela curta 'O diputado por Beiramar' (1919), de Gonzalo López Abente
- Miro Villar (2017): Efémeride: No 139 aniversario do natalicio de Gonzalo López Abente.
- Miro Villar (2017: «O pino de Corcubión», un poema de Gonzalo López Abente.
- Miro Villar (2011): Unha viaxe pola metonimia galega a través da Bretemada de López Abente.