Venres. 13.09.2024
El tiempo

#SoandoconForza: Quenda no Cuestionario para José Antonio Deus

jose antonio deus carballo
#SoandoconForza: Quenda no Cuestionario para José Antonio Deus
Quenda no Cuestionario de Soando Con Forza para José Antonio Deus, mítico hostaleiro de garitos de Pop e Rock and Roll en Carballo coma o Pub Caimán nos anos 90 ou  o Cosmic Pop Club, inaugurado a finais do 2006.

Como axitador cultural, Deus é  membro da comisión de festas do San Xoán, desde onde colabora na programación  do Rockin Carballo, pero como organizador, a súa marca estrela foi o xa desaparecido festival Sereas e Piratas.

  • A primeira banda que conseguiches traer a Carballo?.

Supoño que sería na época do pub Caimán, La Rosa ou O Caimán Do Río Tea.

  • Que banda que pasase por algún concerto ou festival organizado por ti alcanzou máis éxito?

Triangulo de Amor Bizarro ou Novedades Carminha.

  • Que grupo desexarías ter nun festival?

Son moi planetario, quizais o grupo que máis me gustaría traer para un festival organizado por min serían Los Planetas.

  • Que banda foi a máis problemática de contratar para un  festival?

Problemática non houbo ningunha banda, houbo os seus máis e os seus menos, pero como todo o que se fixo sempre era como un rollo de  colegas, nunca houbo  problemas con ningunha banda.

  • En algunha edición, algunha cancelación dolorosa? Algunha banda que  vos caese do cartaz a última hora?

Cancelación dolorosa de bandas non, pero houbo unha cancelación dolorosa cando fora o accidente de tren de Angrois.
(* Adiouse para setembro a celebración do Sereas e Piratas, que se celebraba o día 27 de Xullo, 3 días despois do accidente).

  • As tres salas de concertos que máis che gustaron? Ou tres salas que recomendes.

As salas nas que máis gocei foron sobre todo no Playa Club, onde vin casi todos os grupos interesantes da miña vida, o Bule de Carballo, que o gocei moito e A Reserva.

  • Teñen futuro os concertos en salas?.

Pois é algo moi incerto pero no fondo do meu corazón, gustaríame que as salas de concertos nunca  morreran, porque realmente é onde se escoita a música fóra dos festivais… onde haxa 1 concerto nunha sala, é aí onde está todo…

  • Que anda Deus escoitando ultimamente?.

Ultimamente deume pola nostalxia e ando escoitando moito Pop e Rock and Roll dos anos 60 e 70.

  • Algunha recomendación musical? Algunha banda nova que penses que teña bastante calidade e merezca a pena pararse con ela?.

Pois a nivel español gústame mogollón Alcalá Norte e Tiburona. De Galicia, un grupo moi guai que vai estar este ano no Xiria Pop, Lunamotos.

  • Que grupo de pop non entendes que teña tanto éxito? Non vale Rosalía, nen ningún artista de Trap.

A verdad é que me acojona todo un pouco, porque hai mogollón de grupos que poden ter certa calidade, pero non entendo tamén como o petan tanto bandas como The Rapants, La La Love You ou as Ginebras, que no fondo gústanme, pero estou acojonado coa capacidade que teñen de encher.

  • Tres festivais que lle gusten a Deus ? Ou tres festivais que recomendes.

Por suposto o Xiria Pop, o Esmorga Fest de Sarria e un que me gustou un montón o ano pasado é o Kalorama de Lisboa.

  • A banda sonora de Deus , 10 cancións que penses que te definen.

Dez cancións é moi complicado, calquera canción de Los Planetas, calquera canción de Triangulo de Amor Bizarro, calquera canción de Franc3s, calquera canción de Chicharrón, pero sobre todo, o último descubrimento da miña vida de estos últimos anos, calquera sesión de Sara Mora dj, que me parece que ten unha pasión en crear as súas sesións e en descubrir música que bueno… que xenial!!.

  •  O concerto ao que asistises que máis che impactou ou te marcou?

Houbo tantos que me marcaron!! …pero bueno penso que sobre todo, o concerto dos Flechazos no Bule, porque era o grupo que eu amaba e era na vila que eu vivía e o ser dos  primeiros concertos que vin, alucinei.

  • A pregunta do millón, sen ser dentro da programación dos concertos do campionato de surf, volveremos a ter algún día Sereas e Piratas como festival propio?.

Penso que o Sereas como tal morriu, de feito este ano, tiñamos data, programa e orzamento, pero ao final decidíuse que non… como Sereas morriu, isto non quere decir que non volva a nacer outro proxecto das mesmas características pero variando algo.

  • Unha compañeira ou compañeiro de Rock and Roll ó longo de todos estos anos?.

A persoa que me acompañou durante toda a vida nos concertos foi Tasende.

OUTROS CUESTIONARIOS DE MAIKLE PÉREZ CASTRO

MÁIS PARECIDOS RAZONABLES

CARA B

#SOANDOCONFORZA

Comentarios