Preferente: O Sofán volve meter en líos ao Dumbría cunha goleada

Queda ao fío do descenso o Dumbría, con só 3 xornadas por diante, tras caer goleado no Carral. O Sofán, aínda coas últimas balas para pelexar polo playoff, foi moi superior ao cadro dumbriés ao que endosou unha dura goleada.

Con 2 puntos de marxe sobre o Cidade de Ribeira e o Burela, moito terá que mellorar o cadro de Pablo Conde para superar as 3 finais que quedan. A primeira contra un Ordes que se xoga a promoción, na penúltima xornada unha auténtica final en Ribeira para rematar a liga no Conco ante un Sigüeiro que pode que tamén estea xogándose a vida.

Sofán - Dumbría (5-0)

  • Sofán: Brais, Alex Sánchez, Javi, Dani García, Dani Pena, Braian, Izan, Iraitz, Marcos Montero, Joel, Julián. Tamén: Gardu, Becerra, Xandre, Iván Pardo, David Tasende, Mateo e Álvaro.
  • Dumbría: Anxo, Mataso, Berto, Aarón, Breixo, Jano, Juan, Toni, Marcote, Lucas Toba e Estévez. Tamén: Isma, Mario, Pablo Taboada, Pablo Costa Ramos e Iago Insua.
  • Goles: 1-0, m.26: Julián de fermosa falta; 2-0, m.32: Javito de centro chut que toca en Mataso; 3-0, m.57: Julián; 4-0, m.74: Joel; 5-0, m.86: Joel.

Foi superior de principio a fin o Sofán nun dos mellores partidos da temporada co balón do cadro de Pablo Torreira, e iso que chegaba con moitas baixas e acabou con 4 xuvenís no campo. O Dumbría non competiu ben, estivo sempre a mercé do cadro local, que se adiantaba pronto cun golazo de falta de Julián e un centro de Javito que tocaba en Mataso e se colaba na meta de Anxo. Algunha transición de Estévez, do pouco que se viu do Dumbría

Máis do mesmo na segunda, na que os locais pecharon pronto o partido co terceiro, o segundo de Julian. Aínda tivo que solventar un par de mans de mans Brais antes de que Joel tamén deixase a súa pegada goleadora co seu doblete.

Máis info

Todas as crónicas de Preferente.