Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Ponteceso

Miguel Anxo Mato Fondo presentou na Eira o seu novo poemario

Contábanos nunha entrevista a semana pasada como nacía “Persistencia da música en novembro” (editorial Xanela). O novo poemario de Miguel Anxo Mato Fondo vía a luz na Eira, ante numeroso público ávido de cultural.

Unha presentación especial, acompañada pola música de Serxio Moreira ao piano e Cecilia Burillo ao violoncello, que tras unha tarde de ensaios, realizaron unha excepcional lectura das partituras clásicas nas que se inspiraron os poemas.

Moita xente, moitas amizades de toda a comarca, para ver este emotivo acto nun dos epicentros culturais da volta.

Agora tócalle á editorial e ao propio autor pontecesán seguir espallando o poemario polo país.

NOVAS RELACIONADAS

OUTROS ARTIGOS DE MIGUEL ANXO MATO FONDO

Miguel Anxo Mato Fondo presentou na Eira o seu novo poemario