mércores. 30.04.2025
El tiempo

Novas Asembleas abertas do grupos do BNG

Novas Asembleas abertas do grupos do BNG

Segue o BNG intentando abrir as portas á cidadanía. Terán unha boa proba ante a proposta anónima Agora-Ágora, que promove a participación cidadá, e á que poden adherirse e facela súa. De feito, en Cee o BNG presentou unha proposta semellante mentres que en Corcubión unha proposta así do BNG saíu aprobada cos votos do PP e PSOE.

Despois de presentar moitas das súas listas, toca informar e escoitar aos veciños e o durante os vindeiros días o farán varios dos grupos de diferente xeito. Actos infomativos ou charlas cos veciños.

Acto informativo en Cabana

Por exemplo, o BNG-Asembleas Abertas de Cabana de Bergantiños realizará este xoves 16 de marzo de 2015 ás 20:30h no Local Social de Neaño, unha Charla-Coloquio sobre ”Auga e Lixo. Xestión pública dos sevizos." Un acto presentado por Fernando M. Souto, e no que participará Secundino García, Alcalde de San Sadurniño, precisamente un Concello exemplar en materia de Orzamentos Participativos.

Charlas para escoitar do BNG de Cee

Asembleas abertas do BNg de Cee

Ten en marcha o BNG de Cee dúas asembleas veciñais nas parrroquias, coa intención de escoitar e facer o programa entre todos. Ademais de poder facer as túas achegas para o Programa en programabngdecee@gmail.com, poderás achegarte ás citas o sábado 18 de abril ás 20:00h na Casa da Cultura de Ameixenda e ás 21:00h na Escola de Gures.

Asembleas en Carnota

Por Carnota son moitas as cousas que comentar. O BNG explicou na súa web a súa postura sobre o o pleno no que se celebraba o pasado venres, no que PP e PSOE impediron que o Concello se personase no caso de prevaricación contra os imputados no TSXG de Marisol Piñeiro e Carlos Bousoño (ao falarmos dunha aforada por ser deputada subiu ao TSXG, mentres que o ex alcalde José Oreiro e a traballadora implicada na suposta contratación a dedo quedaron implicados no Xulgado de Muros). Parece que así terá que ser o propio alcalde ou o BNG o que se persone na causa, se ben a Fiscalía xa anunciou que o seguirá levando adiante.

Ademais, anunciaba estes días a súa oposición frontal ao proxecto que Gas Natural pretende levar a cabo en Carnota con aparente apoio da Xunta, a escasos de 60 metros da escola pública, e xa prepara alegacións.

Así, quere rematar a lexislatura con unha nova rolda de Asembleas Veciñais para dar conta da súa xestión e recoller achegas ao Programa. Unha rolda que arrincará cunha Asemblea baixo o título “Non ao tanque de Gas Natural xunto ao Colexio de Carnota” que terá lugar na Casa do Concello o xoves 16 de abril ás 17:00h.

Despois toca Asemblea veciñal de Lariño, o venres 17 de abril ás 19:00h no Centro José de Torea. En Adraño, o sábado 18 de abril ás 17:00h diante da cooperativa de Adraño. A veciñanza de Louredo, Canedo, O Viso, As Cruces, Parada, Cornido... terán a súa Asemblea Veciñal o sábado 18 de abril ás 19:00h na Escola infantil do Viso. Volverán as citas á Casa do Concello de Carnota o domingo 19 de abril ás 17:00h pensando na xente de Santa Comba de Carnota. Para os veciños de Mallou e Maceiras toca o domingo 19 de abril ás 19:00h. Para os de Caldebarcos, o xoves 23 de abril ás 19:30h na Escola Infantil. A veciñanza de Lira terá a súa Asemblea Veciñal o venres 24 de abril ás 20:00h. A do Pindo, o domingo 26 de abril ás 17:00h no Colexio Público da localidade. A de Quilmas, Panchés e A Curra. o domingo 26 de abril ás 19:00h na praza do pobo de Quilmas.
E por primeira vez, a veciñanza natural do concello carnotán que se atopa emigrada vai ter a palabra. A Asemblea Veciñal dirixida a todas e todos os carnotáns que están polo mundo será retransmitida en vivo por streaming por Youtube o domingo 3 de abril ás 18:00 horas, na páxina Youtube: Asemblea veciñal — A Carnota emigrada, para que calqueira persoa que desexe coñecer a xestión municipal do BNG estes catro anos ou participar con propostas no seu proxecto o poida facer independentemente de onde está fisicamente afincada.

Novas interesantes

Novas sobre as Eleccións Municipais

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios