Martes. 15.10.2024
El tiempo

Os catro grupos parlamentares escoitaron a preocupación dos traballadores de Ferroatlántica ante a posible venda das centrais e as fábricas

Concentracion persoal Ferroatlantica
Este venres o persoal de Ferroatlántica realizou unha nova concentración
Os catro grupos parlamentares escoitaron a preocupación dos traballadores de Ferroatlántica ante a posible venda das centrais e as fábricas

Nova, outra máis, reunión do Comité de Ferroatlántica Cee, Dumbría e Centrais Hidroeléctricas cos grupos parlamentares. Os traballadores acodiron este venres ao Parlamento Galego para trasladarlle aos 4 grupos (PP, PSOE, BNG e En Marea) a súa preocupación ante a hipotética venda do complexo industrial e das centrais hidroeléctricas, unha posibilidade que vén cada vez máis cerca despois das últimas visitas de persoal de Ferrovial.

O Comité afondou na reclamación á Xunta de Galicia de que faga valer as cláusulas concesionais para evitar esta “segregación encuberta”.

Reunion Comite Ferroatlantica Grupos Parlamentares_1

O Comité denuncia que a posible venda (como a de Fertiberia), serve para que o Grupo Vilalr Mir afronte débedas provocadas por outra empresa do grupo, OHL. "Os últimos movementos realizados na empresa apuntan a que Ferroatlántica pretende vender en conxunto as fábricas e as centrais a Ferrovial para despois, recorrendo a subterfuxios legais, quedar coa produción dos fornos mentres Ferrovial explota as centrais", denuncia Alfonso Mouzo, voceiro da CIG en Ferroatlántica.

Unha operación que rompería a vinculación entre as producións de enerxía e de ferroaliaxes, supoñendo unha ilegal segregación. De feito, engade Mouzo, “as centrais construíronse para fornecer de electricidade ás plantas, non para facer negocio coa enerxía”. Ademais, subliña, “de consumarse esta ilegalidade estaríase pondo en serio risco a viabilidade das fábricas de Cee e Dumbría e o mantemento dos empregos.”

Para armar de peso as peticións, o Comité lémbralle á Xunta que Ferroatlántica conta cun porto ao seu servizo; que vén de abrir tres novos saltos de auga no río Xallas “sencrear nin un só posto de traballo”; ou que o Grupo Villar explota tamén a mina de cuarzo de Serrabal.

Aproveitaron os traballadores para lamentar o retraso da aprobación do estatuto do consumidor electrointensivo por parte do goberno central.

O martes, Ferroglobe presenta resultados

O próximo martes, Ferroglobe (matriz de Ferroatlántica) presentará a conta de resultados do primeiro trimestre e os traballadores e traballadoras temen que a empresa aproveite esta data para facer o anuncio de venda da fábricas e as centrais da Costa da Morte.

Ante esta situación os traballadores mantiveron a súa concentración de protesta na tarde do venres ás portas da fábrica.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Comentarios