Un tenso e ateigado pleno de Corcubión aprobou finalmente a partida para permitir a apertura do Centro de Día
Foi á segunda, e desta volta cos votos a favor do grupo de goberno do BNG, PSOE e Sempre Corcubión, e os votos en contra do PP. A proposta da alcaldía dentro do POS provincial inclúe 66.899,61 euros para subministración de equipamento necesario para apertura do Centro de Día, e 33.100,76 euros para obras de mellora nas súas instalacións. Un paso necesario para darlle saída a centro de día, de xestión privada por unha entidade sen ánimo de lucro (a Xunta leva décadas esquecendo as súas responsabilidada na materia), que vén a supoñer cubrir unha necesidade histórica para a vila e a comarca.
Foi un tenso pleno despois da primeira intentona de finais de xullo, e do cruce de declaracións. Parece fundamental a posición das agrupacións cidadás como Boca de Sapo, e sobre todo a Plataforma Xuntos polo Centro de Día, para impulsar unha votación necesaria para sacar adiante unha infraestrutura necesaria.
Histórico do Centro de Día
- Xullo 26: "Cada día que pasa sen abrir este Centro de Día é un fracaso colectivo"
- Xullo 26: O pleno de Corcubión rexeita un acordo necesario para abrir o Centro de Día
- Febreiro 26: A plataforma Xuntos Polo Centro do Día de Corcubión esixe á Xunta que cumpra os compromisos adquiridos para a súa apertura urxente
- Febreiro 2026: O Concello de Corcubión ten que claudicar ante a deixadez da Xunta e busca financiamento para o Centro de Día municipal
- Outubro 2025: Corcubión volveu unirse polo Centro de Día.
- Setembro 2025: O BNG leva o Centro de Día de Corcubión á Valedora do Pobo
- Agosto 2025: O centro de día de Corcubión chega ao Parlamento Europeo
- Xuño 25: Belén do Campo reiteroulle ao voceiro do PP de Corcubión que a Xunta non asumirá a xestión do Centro de Día.
- Maio 25: A Xunta rexeita a xestión directa do Centro de Día e insta ao Concello de Corcubión a asumila
- Maio 25: Corcubión volve unirse para esixirlle á Xunta un Centro de Día de xestión pública.
- Abril 25: Corcubión aproveita a visita da Delegada da Xunta para lembrarlle a esixencia do Centro de Día.
- Abril: Corcubión inicia unha campaña de recollida de firmas para reclamar á Xunta que abra o Centro de Día.
- Marzo 25: O Concello de Corcubión asegura que xa ten realizado os trámites que pide o Consorcio para o Centro de Día
- Marzo 25: O Centro de Día de Corcubión poderá ser unha realidade se a xestiona unha entidade social
- Febreiro 25: A Plataforma Xuntos polo Centro de Día de Corcubión comeza unha campaña para conseguir apoios institucionais.
- Novembro 2024: "Negar os centros de día é unha forma de violencia e de maltrato ás persoas dependentes”.
- Xullo 24: O Concello de Corcubión volve a denunciar a negativa da Xunta a abrir o Centro de Día.
- Outubro 23: O PP rescata a petición de Sempre Corcubión e pide convertir o edificio do Hotel El Hórreo nunha residencia de maiores.
- Novembro 21: Sempre Corcubión volve pedir a creación dunha residencia de maiores pública e comarcal.
- Abril 2021: Propoñen adquirir o Hotel El Hórreo e convertilo nunha Residencia comarcal para maiores
- Decembro 2020: O eterno retraso do Centro de Día de Corcubión volve ao Parlamento.
- Febreiro 2020: “Na Road Trip Protesta a Rianxo aprendimos que un Centro de Día é posible, e significa dignificar aos maiores”.
- Outubro 19: Boca de Sapo presenta 1.000 sinaturas para esixir a apertura do Centro de Día de Corcubión.
- Xullo 19: Un berro silencioso, e medieval, pola apertura do Centro de Día de Corcubión.
- Maio 2019: Corcubión enteiro sae á rúa polo Centro de Día.
- Camariñas, Corcubión e Ponteceso valoran o si da Xunta ao Centro de Día de Malpica.
- Outubro 2018: A Xunta volve negarse a poñer en marcha o Centro de Día de Corcubión.
- Outubro 2018: “Os técnicos de Servizos Sociais da comarca de Fisterra trasladaron á Deputación a necesidade de abrir o Centro de Día de Corcubión”
- Setembro 2017: O BNG critica a postura da Xunta co centro de día de Corcubión.
- Setembro 2017: A Xunta rexeita a abrir o Centro de Día de Corcubión
- Novembro 2015: O BNG de Corcubión pregunta polo esquecido Centro de Día.
- Maio 2014: O Centro de Día de Corcubión ve a luz.
- 09-03-11: O BNG de Corcubión pide á Deputación financiamento para rematar o Centro de Día.