Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Comeza, pola “h”, a vacinación d@s maiores de 80 anos en varios Centros de Saúde da comarca

  • A tendencia segue a ser a baixa en toda a comarca.
  • Estase realizando un cribado en Carballo e outro no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso, onde teñen 10 casos activos e 3 clases confinadas.
  • Cogami pide preferencia para as persoas con discapacidade e as súas coidadoras.
Criibado en Carballo
Imaxe do cribado ás portas do Centro de Saúde de Carballo
Comeza, pola “h”, a vacinación d@s maiores de 80 anos en varios Centros de Saúde da comarca

Despois do proceso de vacinación das residencias sociosanitarias e do persoal dos centros de atención primaria e dos hospitais da Área Sanitaria, hoxe mesmo comeza a das máis de 4.000 persoas que forman parte dos distintos colexios profesionais. Entre elas, por exemplo, as profesionais do Servizo de Axuda do Fogar da Laracha, que a través da empresa Siad21 Galicia S.L. coidan a 135 persoas.

E este luns 22, o SERGAS será o tempo da veciñanza galega. Serán as persoas maiores de 80 anos (pouco máis do 8% da poboación total da área sanitaria Coruña e Cee, unhas 45.000) as primeiras que pasen polos Centros de Saúde, no noso caso, de Cee, Vimianzo, Ponteceso, Carballo, A Laracha, Santa Comba e Muros.

O sorteo deparou que sexa a letra “H” a que marque o comezo da orde alfabética, para que todos os maiores sexan citados por teléfono.

Vacinación para as persoas con discapacidade e coidadoras

No medio da polémica pola vacinación, dende COGAMI pídeselle á Administración correspondente que impera a necesidade de protexer ás persoas con discapacidade física e orgánica, pero tamén ás coidadoras sexan profesionais ou familiares, pola alta vulnerabilidade que presentan. Lembran que as persoas con patoloxías que lles afectan ao sistema inmune, as que teñen maior grao de dependencia recoñecida e as persoas que as coidan deben ser prioritarias na campaña de vacinación do COVID-19.

Os datos

Evolucion Covid

A tendencia segue a ser á baixa en toda a comarca, reducíndose nos últimos 3 días en 70 o cómputo global de novos casos rexistrados en 14 días (hoxe hai un total de 531, lonxe dos 1081 rexistrados o 28 de xaneiro). Se o pasado luns a comarca enteira tiña unha taxa acumulada de 460, hoxe é de 400 casos por cada 100.000 habitantes.

En Bergantiños a cousa segue baixando, mesmo en Malpica onde parece que xa superaron o cumio. Preocupa agora Ponteceso, que a raíz dun gromo no CEIP Eduardo Pondal (con 10 casos activos e 3 aulas confinadas) a cifra sobe de 19 a 36 novos casos en apenas 3 días. De feito, estes días estase realizando un cribado no colexio pontecesán.

Cribado en Carballo

Mentres, por Carballo desenvólvese entre onte xoves e o domingo o cribado de 3.900 persoas entre 55 e 65 anos. Apenas un 10% da poboación carballesa serña convocada, nun momento no que a tendencia segue a ser á baixa, como o confirma a cifra de 219 novos casos nos últimos 14 días, lonxe do pico de 389 alcanzados o 28 de xaneiro.

A comisión de seguemento decidíu reabrir os parques infantís, e a Policía Local deu conta de que leva tramitado 120 sancións por incumprimentos das normas COVID, case a metade que en todo o ano pasado. A maiores figuran as denuncias realizadas pola Garda Civil, que, segundo apuntou o seu representante na xuntanza, tamén realiza controis diarios.

Finalmente deuse conta da convocatoria para o día 28 dunha manifestación por parte do sector da hostalaría de Costa da Morte que rematará en Carballo. Así mesmo, para o 8 de marzo está prevista tamén unha marcha pola zona urbana organizada pola CIG.

Parques abertos na Laracha

Igualmente a Comisión de seguemento da Laracha decidiu abrir tanto os parques infantís como os circuítos biosaudables. O Concello lembra ademais que as Bibliotecas volven abrir o luns no seu horario habitual pero cun aforo do 30%.

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

Comentarios