Xoves. 10.10.2024
El tiempo

COVID: Carballo, Corcubión, Malpica e Ponteceso quedan excluídos da primeira fase de desescalada

Galicia queda definida en 3 niveis:

  • Nivel máximo de restricións (cunha incidencia maior de 500 novos casos nos últimos 14 días por cada 100.000 habitantes): Carballo, Corcubión, Malpica e Ponteceso.
  • Nivel medio (entre de 250 e 500 casos nos últimos 14 días por cada 100.000 habitantes), incluídos todos os concellos da área sanitaria da Coruña-Cee, é dicir: Cabana, Camariñas, Cee, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Muxía, Vimianzo e Zas.
  • Nivel baixo (menos de 250 novos casos nos últimos 14 días por cada 100.000 habitantes): Carnota, Mazaricos, Muros e Santa Comba
  • A mobilidade permítese entre concellos da mesma área sanitaria e mesmo nivel de restrición.
Feijoo na rolda de prensa
COVID: Carballo, Corcubión, Malpica e Ponteceso quedan excluídos da primeira fase de desescalada

Hoxe, mentres nos centros de saúde do país comezaba a vacinación da poboación xeral maior de 80 anos, o Comité Clínico da Xunta mantiña unha nova reunión, trala cal o presidente da Xunta ofrecía unha esperada rolda de prensa.

Feijoo comezou repasando a situación sanitaria, dando conta da boa, pero non suficiente, evolución, que Galicia está por debaixo dos 250 casos por cada 50.000 habitantes. Nese contexto, e recoñecendo que as restricións e medidas impostas si que foron efectivas, sinalou que “estamos a avanzar ca desescalada coa intención de non volver atrás, pero se temos que volver atrás, farémolo”.

”Será unha reapertura gradual e progresiva, en función da situación sanitaria de cada concello, en 3 eidos: apertura da hostalería, mobilidade intermunicipal e reunións de non convivintes”. Volve a formación presencial nas universidades. No eido comercial en toda Galicia poderán abrir os centros comerciais as fins de semana.

3 niveis

Feijoo pon Galicia en 3 niveis segundo a incidencia acumulada municipal, quedando a área sanitaria da Coruña-Cee encadrada no nivel medio e a de Santiago no nivel baixo, sempre en función das cifras da taxa de incidencia acumulada:

  • Nivel máximo de restricións (Concellos con máis de 500 casos por 100.000 habitantes): Carballo, Corcubión, Malpica, Ponteceso. Mantéñense as actuais restricións, coa hostalería pechada, sen reunións de non convivintes; e non se permitirá a mobilidade fóra do concello.
  • Nivel medio (Concellos entre 500 e 250 casos por cada 100.000 habitantes): Cabana, Camariñas, Cee, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Muxía, Vimianzo e Zas. A hostalería abrirá a partir do venres, pero só terrazas ao 50% ata as 18:00h; permítense reunions de ata 4 persoas non convivites; e permítese a mobilidade intermunicipal só entre concellos coa mesma incidencia.
  • Nivel baixo (Concellos cunha incidencia inferior a 250 por cada 100.000 habitantes, que non sexan da área sanitaria da Coruña, Ferrol ou Pontevedra): Carnota, Mazaricos, Muros e Santa Comba: abre a hostalería con limitación interior de 30% e terrazas ao 50% ata as 18:00h; permítese a mobilidade co mesmo nivel e mesa área sanitaria. E poderán abrir as instalacións deportivas, como piscinas ou ximnasios.

Mobilidade dentro da área sanitaria

A mobilidade permítese entre concellos da mesma área sanitaria e mesmo nivel de restricións, quedando os 4 concellos de nivel máximo con peche perimetral municipal.
É dicir, un veciño de Mazaricos pode ir a Santiago, ou Santa Comba, Carnota e Muros, pero non a Cee, Coruña ou Dumbría.
Un veciño de Cabana, ou Vimianzo, poderá achegarse aos concellos do nivel medio, e mesmo á Coruña, pero non pode ir nin a Carballo, Malpica, Ponteceso, nin tampouco a Santa Comba, Carnota, Muros ou Mazaricos.

Baixada drástica

Evolucion Covid Costa da MOrte 21-01-2021

A tendencia das cifras segue sendo de baixada, cada vez máis patente. Hoxe, nos 19 #ConcellosQPC, son un total de 415 novos casos rexistrados nos últimos 14 días, 116 casos menos que o pasado venres, e 343 casos menos que hai dúas semanas (e lonxe do pico de 1081 rexistrado o 28 de xaneiro).

Todos os Concellos, agás Muxía e Corcubión, ver descender a taxa de incidencia acumulada, facendo que ronde xa os 300 novos casos por cada 100.000 habitantes (90 puntos menos que o pasado venres moi lonxe dos 824 do pico).

Levamos ademais unha semana sen falecementos, e só hai 2 ingresados no HVdX.

Captura de pantalla 2021-02-22 a la(s) 18.22.21

Centros de ensino

Nos centros de ensino a incidencia tamén baixa. Son 96 casos e 5 aulas pechadas os rexistrados en 25 centros de ensino, o que supón a metade de centros afectados de hai un mes.

Se ben o CEIP Eduardo Pondal é o que máis sofre dende a semana pasada (con 12 casos e 3 aulas confinadas), segue sendo Carballo o concello con máis centros afectados, 10 segundo a Plataforma EDUCOVID do Sergas.

Libéranse os centros de Cabana, Fisterra, Corcubión, Camariñas, Dumbría, Mazaricos e Santa Comba.

Concello Centro Total
Positivos
Aulas
Pechadas
CARNOTA IES Lamas do Castelo 1 0
CARBALLO CEIP Gándara-Sofán 4 0
CARBALLO IES Alfredo Brañas 3 0
CARBALLO CPR Artai 1 0
CARBALLO CEIP Bergantiños 6 1
CARBALLO CEIP Fogar 5 0
CARBALLO IES Monte Neme 6 0
CARBALLO CEIP Netoma-Razo 1 0
CARBALLO IES Parga Pondal 9 0
CARBALLO CRA Ponte da Pedra 2 0
CARBALLO CEIP Plurilingüe A Cristina 3 1
CEE CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo 7 0
CEE IES Fernando Blanco 3 0
CEE IES Agra Raices 1 0
CORISTANCO EFAG Fonteboa 5 0
LAXE CEIP de Torrexallóns 1 0
LARACHA CEIP Ramón Otero Pedrayo 11 0
LARACHA ES Agra de Leborís 4 0
MALPICA CEIP Milladoiro 1 0
MUROS IES Plurilingüe Fontexería 1 0
MUXÍA CEIP Os Muíños 3 0
PONTECESO IES Eduardo Pondal 2 0
PONTECESO CEIP Eduardo Pondal 12 3
VIMIANZO CEIP Plurilingüe San Vicenzo 1 0
VIMIANZO IES Terra de Soneira 1 0
ZAS CPI de Zas 2 0
TOTAL 25 96 5
 

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

Comentarios