Venres. 29.03.2024
El tiempo

#DirectosQPC: Xaco do Montelouro, os alcaldes da Laracha e Malpica, e faladoiros sobre xornalismo e feminismo

Programacion semanal directosqpc
#DirectosQPC: Xaco do Montelouro, os alcaldes da Laracha e Malpica, e faladoiros sobre xornalismo e feminismo

Nova semana que afrontamos neste mes de xuño, e xa nos achegamos aos #DirectosQPC. Esta semana (ás 15:00h en directo polo Facebook de Que pasa na Costa, e de seguido no Youtube e aquí mesmo) temos unha programación completa, comezando pola cita de luns, coma sempre adicada ao Fútbol da Costa. Esta semana, de menos actualidade, faremos unha parada máis pousada en Louro, para retomar a serie de entrevistas con esas figuras que son as almas dos seus clubs dende a sombra nas Directivas. Xaco Barrientos é unha das almas da UD Montelouro, equipo que volve á Liga da Costa.

Martes e xoves son días de volver coa rolda de alcaldesas e alcaldes facendo unha ollada ao futuro inmediato e coñecemento como poden os concellos ir axudando a paliar a crise. O martes estaremos na Laracha falando con José Manuel López Varela (PP) e o xoves en Malpica con Walter Pardo (PSOE).

Teremos dous faladoiros esta semana. O mércores será momento para falar de xornalismo con varias figuras emerxentes da nosa comarca. Alba Mancebo (vimiancesa na TVG), Darío Domínguez (carnotán actualmente no Parlamento de Galicia en comunicación do PP); Antón Lestón (corcubionés na Radio Nordés-Cadena Ser) e Paula Castiñeira (a nosa compañeira en QPC.

O venres volve ser cita cos Faladoiros Feministas moderados pola propia Paula Castiñeira, con Patricia Vaquero e representantes dos colectivos feministas da comarca.

Todos os #DirectosQPC

Faladoiros feministas

Rolda de alcaldes e alcaldesas nos DirectosQPC

Outros directos QPC

#DirectosQPC arredor da comunidade educativa e cultural de Baio

#FutboldaCosta

Comentarios