As familias ratifican, con 750 sinaturas, o seu apoio as traballadoras en folga das Galiñas Azuis
3 anos despois do comezo do conflito, e 4 meses de folga. E parece que hai poucos achegamentos entre a Xunta e as traballadoras das Galiñas Azuis e os Centros de Maiores dependentes do Consorcio de Igualdade e Benestar no proceso de regularización dos empregos. Foi a Xunta a que durante máis dunha década mantivo de xeito irregular 1.500 traballadoras contratadas en fraude como temporais. É a Xunta agora a que quere abrir un proceso aberto para a adquisición lexítima desas prazas sen ter en conta a experiencia e o traballo realizado por estas mulleres durante todos estes anos.
Unha situación que provocaría que os alumnos perdesen as súas educadoras de referencia nesta etapa da vida, e os maiores perdesen as súas coidadoras de sempre; e que cada escoliña e Centro de Día perdese a experiencia acumulada en todos estes anos.
Para visibilizar a problemática e dar conta de que as familias están coas actuais profesionais, ducias de familiares concentráronse onte ás portas da Xunta para presentar 750 sinaturas de apoio. Unhas demostracións de apoio que se respaldan nas que fixeron 22 concellos, entre eles o de Carballo, aprobando mocións.
Mentres, as traballadoras e a CNT continúan facendo scratches continuos nas accións do presidente Alfonso Rueda. Un Rueda que a semana pasada si que parou nunha desas “visitas” a falar cos responsables da CNT, dicindo que intentaría poñer o caso “da súa man”, pero dende a CNT “non nos cremos nada ata que se faga realidade”, sinálanos o responsable de comunicación da CNT Pablo Fernández, precisamente dende un novo scratche realizado en Pontevedra. “Estamos aquí diante, en silencio, se quere, que veña falar con nós”.
As principais esixencias das traballadoras para rematar coa folga son a garantía dunha convocatoria específica no ente, a garantía de oposición non eliminatoria como permite a lei; a retirada do concurso de traslados, unha baremación xusta na que a experiencia se contabilice a antigüidade no Consorcio o triplo que en calquera outra administración, como é usual nestes procesos e se fai para a estabilización do persoal doutros entes instrumentais e concellos.
Novas do conflito do Consorcio
- Decembro 22: Concellos como Carballo xa aproban o seu apoio ás traballadoras do Consorcio.
- 14-10-22: A Xunta senta, por fin, a negociar coa CNT a regularización das traballadoras dos Centros de Día e Escoliñas.
- 14-09-22: O Centro de Día de Muros sufriu a “cara mala da folga”.
- 13-09-22: As traballadoras do Consorcio informan sobre a folga nas escolas de Bergantiños e Soneira.
- Setembro 22: As familias afectadas pola folga das traballadoras do Consorcio: “Non podemos máis”.
- Agosto 22: As Galiñas Azuis da Costa da Morte e o Centro de Día de Muros veranse afectadas pola folga das traballadoras do Consorcio.
- Agosto 22: As 11 Galiñas Azuis da Costa e o Centro de Día de Muros, afectados pola folga do Consorcio.
- Xuño 22: Nova xornada de protestas das traballadoras esquecidas polo Consorcio de Igualdade e Benestar.
- Xuño 22: As traballadoras do Consorcio continúan a loita polas súas prazas cunha nova folga.
- Marzo 22: As traballadoras da residencia DomusVi de Carballo mobilízanse para reclamar un convenio digno.
- Setembro 21: As traballadoras do Consorcio desconvocan a folga tras conseguir abrir unha negociación de boa fe.
- 30-07-2021: As traballadoras do Consorcio volverán á folga en setembro se non se paraliza a OPE.
- Xuño 21: O TSXG emite unha sentenza sinalando que a Xunta incorre en fraude cos interinos de longa duración.
- 11-05-21: O Consorcio IeB segue sen negociar a pesar das sentenzas que determinan a fixeza de moitas traballadoras.
- 13-04-21: As traballadoras do Consorcio levan as súas demandas laborais ao Parlamento Galego noutra xornada de folga.
- 18-03-2021: As traballadoras do Consorcio endurecen a folga e refrendan o apoio da veciñanza.
- 04-03-2021: As traballadoras do Consorcio endurecen a folga.
- 25-02-2021: Usuari@s dos Centros de Día e as Escolas Infantís amosan o seu apoio á folga das traballadoras.
- 19-02-2021: As traballadoras temporais do Consorcio valoran moi positivamente a folga a pesar dos servizos mínimos abusivos.
- Febreiro 21: Ducias de profesionais dos Centros de Día e Escoliñas da comarca póñense en folga.