Concellos como Carballo xa aproban o seu apoio ás traballadoras do Consorcio
O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar pertence á Xunta nun 51% e aos Concellos no restante 49%, polo que a última palabra arredor do confito das traballadoras das Escoliñas Galiña Azul ou Centros de Maiores pertence a San Caetano. Así e todo, son moitos os Concellos que están manifestando o seu apoio ás traballadoras, e piden á Xunta que negocie, con máis tino, o proceso aberto de regularización dos postos de traballo.
Así o ratificou, por exemplo, o pleno do Concello de Carballo (a través dunha moción presentada conxuntamente Psoe e Bng, coas abstencións de Pp e Tega), que enviará unha carta á Xunta pedíndolle que solucione o problema tendo en conta a experiencia de ata 15 anos de moitas das actuais traballadoras. “Deste xeito obrigan á Xunta a facer unha carta para contestarlle, e fain que sinta a presión non só dos traballadores”, explica Pablo Fernández Lois da CNT, que destaca que houbo grupos do PP nalgúns concellos do país que votaron a favor destas mocións.
A moción seguirá percorrendo concellos a través dos grupos socialistas.
Van xa 10 meses de conflito, con dúas folgas polo medio, e se ben nas últimas semanas as traballadoras rebaixaron o seu nivel de mobilizacións (estaban realizando 2 scratches diarios), a acción non se vai paralizar. “Xa conseguimos moitas cousas, pero falta o principal, que non quede ninguén na rúa”, explica Fernández do proceso. ”Despois de estar 15 anos en fraude, iamos ter un exame. Agora temos un concurso de méritos, que xa é algo, pero despois hai un concurso de traslados, que pode provocar que xente que leva 15 anos en Muros, acabe en Ribadeo”, sinala. “Conseguimos tamén que para o concurso de méritos valga a formación do Consorcio, que hai 4 meses non valía”, explica, dando conta que a situación tense que resolver antes de que finalice o ano.
I é que a Xunta, tras moitos meses de negociación cero (“negociar non é informar do que vai pasar”, critica Pablo), “antes de que remate decembro van sacar as convocatorias. E aí miraremos se estudiamos a vía xudicial, ou outras vías, porque a folga xa non tería sentido”.
Polo de pronto, anuncian paróns ás portas do Nadal esperando que a Xunta acepte que”nos criterios de baremación dos procesos de estabilización se puntúe prioritariamente a experiencia no posto específico”.
Dende o comité de folga observan claras discriminacións por sexo e lembran que nos colectivos masculinizados non se ningunea desta forma a 1.500 traballadores “É preciso queimar cousas para que te escoiten?”
Novas do conflito do Consorcio
- 14-10-22: A Xunta senta, por fin, a negociar coa CNT a regularización das traballadoras dos Centros de Día e Escoliñas.
- 14-09-22: O Centro de Día de Muros sufriu a “cara mala da folga”.
- 13-09-22: As traballadoras do Consorcio informan sobre a folga nas escolas de Bergantiños e Soneira.
- Setembro 22: As familias afectadas pola folga das traballadoras do Consorcio: “Non podemos máis”.
- Agosto 22: As Galiñas Azuis da Costa da Morte e o Centro de Día de Muros veranse afectadas pola folga das traballadoras do Consorcio.
- Agosto 22: As 11 Galiñas Azuis da Costa e o Centro de Día de Muros, afectados pola folga do Consorcio.
- Xuño 22: Nova xornada de protestas das traballadoras esquecidas polo Consorcio de Igualdade e Benestar.
- Xuño 22: As traballadoras do Consorcio continúan a loita polas súas prazas cunha nova folga.
- Marzo 22: As traballadoras da residencia DomusVi de Carballo mobilízanse para reclamar un convenio digno.
- Setembro 21: As traballadoras do Consorcio desconvocan a folga tras conseguir abrir unha negociación de boa fe.
- 30-07-2021: As traballadoras do Consorcio volverán á folga en setembro se non se paraliza a OPE.
- Xuño 21: O TSXG emite unha sentenza sinalando que a Xunta incorre en fraude cos interinos de longa duración.
- 11-05-21: O Consorcio IeB segue sen negociar a pesar das sentenzas que determinan a fixeza de moitas traballadoras.
- 13-04-21: As traballadoras do Consorcio levan as súas demandas laborais ao Parlamento Galego noutra xornada de folga.
- 18-03-2021: As traballadoras do Consorcio endurecen a folga e refrendan o apoio da veciñanza.
- 04-03-2021: As traballadoras do Consorcio endurecen a folga.
- 25-02-2021: Usuari@s dos Centros de Día e as Escolas Infantís amosan o seu apoio á folga das traballadoras.
- 19-02-2021: As traballadoras temporais do Consorcio valoran moi positivamente a folga a pesar dos servizos mínimos abusivos.
- Febreiro 21: Ducias de profesionais dos Centros de Día e Escoliñas da comarca póñense en folga.