Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Máis de 21.000 sinaturas contra a mina de ouro de Corcoesto

Máis de 21.000 sinaturas contra a mina de ouro de Corcoesto
A Plataforma Salvemos Cabana xa xuntou pola rede máis de 21.000 sinaturas contra a mina de ouro

Así o anuncia a Plataforma Salvemos Cabana na súa loita contra a mina de ouro de Corccoesto. Dende que a petición ao Presidente da Xunta foi lanzada a finais do pasado verán, as firmas contra o proxecto da canadense Edgewater na Costa da Morte multiplican por catro o número de habitantes de Cabana de Bergantiños.

Na misiva, accesible en www.ouroimpuro.multired.net os membros da Plataforma lébranlle a Alberto Núñez Feijóo, que como actual responsable da administración do goberno galego, a súa "obriga é protexer custe o que custe a saúde dos cidadáns, e que sería un erro imperdoable hipotecar o futuro de Galicia por un plan temporal a curto prazo que só remata por beneficiar a un reducido grupo de empresas transnacionais relacionadas co sector mineiro, pois o horizonte temporal de emprego é moi escaso e os custos sobre o medio e as persoas, absolutamente inasumibles".

Charla en Laxe

Este venres 1 de febreiro, as 20:00h da tarde no Salón de Actos de Laxe, terá lugar unha charla sobre a MINA DE OURO DE CORCOESTO para todo aquel que se queira informar. Falará o xornalista Moncho Varela, especializado no tema. Posteriormente haberá un coloquio onde cada persoa poderá expresar a súa opinión.

Protesta en clave deportiva e ante a coacción veciñal

Xa repasamos o simbólico partido entre as parroquias de Valenza e Cereo para amosar a súa posición contraria á mina. Hoxe, as plataforman queren denunciar "os graves feitos acontecidos durante o fin de semana, no que un grupo de persoas en conivencia coa empresa mineira visitaron diversos establecementos comerciais e vivendas particulares premendo a moitos veciños de Cabana para asinar a favor do proxecto de Corcoesto baixo a falsa promesa de prosperidade e emprego para todos, cando os datos oficiais publicados polo Sindicato Labrego Galego nos din que a mina, que promete no seu proxecto unicamente 271 postos de traballo directos dos que parte importante serán a través de subcontratas e dos que descoñecemos a duración, podería poñer en perigo máis de 1,000 explotacións agrogandeiras tradicionais na nosa bisbarra, das que viven miles de persoas", segundo sinalan.

Critican ademais que "o alcalde de Cabana, José Muiño Domínguez ameazou directamente e sen reparos en prensa escrita con demandar aos representantes da plataforma veciñal de Corcoesto".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios