Un partido contra a mina de ouro


Este domingo, a xornada do fútbol da Costa tivo un partido moi especial. Un partido reivindicativo entre dúas parroquias, rivais durante anos, que este 27 de xaneiro de 2013 se uniron por un ben común. Un partido que chegaba ademais coa nova do definitivo peche do
O campo das Chaves de Valenza acolleu o tradicional derbi entre Valenza e Cereo. Os dous equipos decidiron limitar a súa histórica rivalidade aos 90 minutos do partido por una causa moi especial: Xogadores e siareiros dos dous equipos quixeron amosar públicamente, posando cunha pancarta, a súa unión á hora de rexeitar o proxecto de mina a ceo aberto, promovido por una multinacional canadense, que ameaza as parroquias de Corcoesto, Cereo e Valenza.
As parroquias uníronse poladefensa das súas terras, amenazadas polas intencións dunha empresa Canadiense, que está a piques de conseguir o seu obxetivo: Extraer ouro sin que importe nada máis, como informan dende o seu Facebook. Aseguran ademais que colaborarán en tódalas accións e mobilizacións encamiñadas a paralizar un proxecto que, de levarse a cabo, vai supoñer un grave impacto ambiental e socioeconómico nestas tres parroquias e a súa contorna.
O Valenza gaña pola mínima

Non era o deportivo o máis importante, sen lugar a dúbidas, pero sempre é necesario facer balance deportivo do partido. O encontro foi moi disputado, e aínda que o Cereo adiantouse no marcador, o Valenza remontou o encontro ata lograr a victoria por 3 tantos a 2. Tamén queremos resaltar que tódolos xogadores participantes, así como o árbitro, sobreviviron ao encontro.
Ao final, Valenza - Cereo (3-2), e tanto xogadores como árbitro saíron polo seu propio pé. A un derbi non se lle pode pedir máis.

Valenza e Cereo non se venden!
Mineira de Corcoesto obrigada a abandonar de xeito definitivo o seu centro de traballo

Esta fin de semana as Plataformas contrarias ça mina informaron do cese defintivo do centro de traballo da empresa mineira en Corcoesto por carecer de licenza e non poder legalizarse a actividade. Ao final, tras un recurso presentado pola empresa aprobado pola alcaldía de Cabana, os denunciantes presentaron novas alegacións fundamentado entre outras normas, no decreto 133/2008 que regula a avaliación de incidencia ambiental, o que agora obriga "ao peche definitivo da nave agrícola por ter un uso que non é susceptible de licenza municipal", tal e como xa denunciara a Plataforma pola defensa de Corcoesto.
Despois da orde de peche da nave agrícola na que a empresa mineira Edgewater viña desenvolvendo desde hai máis de dez anos actividades relacionadas coa extracción mineira sen licenza municipal, a empresa presentou un recurso de reposición no que facía unha interpretación interesada das normas xurídicas para así tratar de continuar realizando a súa actividade en solo rústico de protección ordinaria fora da legalidade.
Máis información
- A bitácora da semana (CXCV): O ouro de Corcoesto.
- A bitácora da semana (CLXXXIV): Salvemos Cabana.
- A bitácora da semana (CLXXXV): Non á mina.
Novas relacionadas
- 24-01-13: Veciños de Corcoesto denuncian á Mina por danos nos seus montes.
- 22-01-13: Dúas cativas de Coristanco escríbenlle a Feijoo pola mina de ouro.
- 16-01-13: Máis de 1.000 explotacións agrogandeiras veranse afectadas pola mina de ouro de Corcoesto.
- 09-01-13: AGE insta á Xunta a facer un Plan Económico alternativo á mina de ouro de Corcoesto.
- 04-01-13: Alertan sobre o risco de destrozar o Esteiro do Anllóns e propoñen alternativas económicas á mina de Corcoesto
- 02-01-13: O debate sobre a minaría tóxica está aberto.
- 29-12-12: A empresa mineira de Corcoesto obrigada a pechar de inmediato por falta de licenza.
- 28-12-12: AGE reafírmase en contra da mina de Corcoesto.
- 27-12-12: Cianuro: residuou non perigoso? Fraude no DIA da Mina de Corcoesto.
- 24-12-12: Un fin de semana de protesta mineira en Corcoesto.
- 20-12-12: O Proxecto da Mina de Corcoesto, unha “aberración normativa".
- 18-12-12: Durísimas valoracións contra a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto.
- 17-12-12: A Xunta aproba a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto ante as protestas de colectivos por desinformación.
- 13-12-12: AGE e PP amosan a súas posicións enfrontadas sobre Mina de Corcoesto.
- 26-11-12: Denuncian que a empresa da Mina de Corcoesto engana cos prezos aos propietarios dos montes.
- 13-11-12: A Plataforma en defensa de Corcoesto convida á empresa Mineira a un debate público.
- 09-11-12: Denuncian o intento da empresa mineira de mercar a prezos de saldo os montes de Corcoesto.
- A loita contra a mina de Corcoesto recibe o apoio de Greenpeace e se solidariza con México.
- Apoios televisivos contra a mina de Corcoesto.
- 11-10-12: A apertura da mina de Corcoesto retrásase ata o verán do 2013.
- Veciños de Corcoesto trasladan á Xunta o seu malestar ante o perigo da mina.
- A loita por Corcoesto amplíase ao eido arqueolóxico.
- A Fiscalía xa investiga a mina de Corcoesto por un presunto delito contra o medio ambiente.
- A mina de ouro: unha mostra de resistencia organizada.
- A loita contra a mina de Corcoesto colle tintes poéticos.
- Xurxo Borrazás tamén di non á Mina de Corcoesto.
- O BNG pide que a mina de Corcoesto non sexa a ceo aberto.
- Ata Galeano denuncia que a Mina de Corcoesto non cumpre a lei.
- O Goberno argumenta no Parlamento que a mina de Corcoesto creará 500 postos de traballo.
- ADEGA considera obsoleta a tecnoloxía da Mina de Ouro de Corcoesto.
- A febre do ouro exténdese a Zas mentres denuncian irregularidades no proxecto de Corcoesto.
- Os fumigadores si andan pola Costa.
- 1.300 sinaturas presentadas contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- A mina de Corcoesto chega ao Parlamento.
- Os veciños da Plataforma de Corcoesto denuncia prácticas intimidatorias do alcalde cabanés.
- Denuncian as falsas expectativas de emprego da mina de ouro de Corcoesto.
- A mentira das palabras máxicas .
- 04-05-12: Creada unha Plataforma contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- 12-03-12: Accidente laboral na mina de ouro Corcoesto.
- ADEGA espera para valorar o impacto da Mina de ouro de Corcoesto e enfróntase con La Voz.
- A mina de ouro de Corcoesto axiliza a súa posta en marcha co apoio das administracións e oposición dos ecoloxistas.
- O ouro de Corcoesto non brilla tanto.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).