Venres. 01.03.2024
El tiempo

5 xogadores do Volei Dumbría á Selección Galega

5 xogadores do Volei Dumbría á Selección Galega
Os 4 cadetes do Volei Dumbria convocados coa Seleccion Galega Os infantis Marco e Unai coa Seleccion Galega Infantil de Volei

Seguen demostrando os equipos do Volei costeiro que están entre os mellores de Galicia. E así o corrobora a última convocatoria de cara á disputa do Campionato de España de Seleccións Autonómicas nas categorías cadete e infantil. Unha cita que se celebrará do 23 o 27 de abril en Valladolid o onde teremos 5 representantes da bisbarra defendendo a camiseta galega.

Na selección cadete participan Manuel Marcote (colocador e capitán do equipo), David Redonda (receptor) e os centrais Marco Lado e Gabriel Trillo.
A selección debuta o xoves ante Castilla-León pola mañá, a tarde contra Madrid e o venres ante a Comunidade Valenciana. Dependendo dos resultados obtidos poderan xogar os seguintes encontros.

Na selección infantil temos como representante o receptor do Manuela Rial, Unai Larrañaga. Xogarán na xornada inagural contra Cataluña, despois contra Baleares e o venres ante Murcia.

Sorte para todos eles.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios