Martes. 15.10.2024
El tiempo

FSF: Aferrándose á salvación

FSF: Aferrándose á salvación
Ana no choque do Fisober en Pontevedra

Completa xornada de Fútbol Sala Feminino a vivida esta pasada fin de semana. E comezamos o repaso pola 2ª Estatal, na que o Fisober tiña un duro derbi pola salvación ante o Pontevedra. Un gol de Inés a piques de chegar o último minuto, deulle un punto o Fisober que lle permite seguir soñando ca permanencia na Segunda División Nacional, nun partido igualado, vibrante, cheo de emoción e incidencias e lesións para o Fisober, que o igual que na primeira volta superou as dúas horas.

Na Liga Provincial, por arriba, o Ponteceso FSF sumaba un empate nun choque directo ante o BeArt 5 Coruña, mantendo así 3 puntos de vantaxe sobre as herculinas e afianzándose na segunda praza.
Ademais, despois de case unha volta sen facelo o filial do Fisober rachou a súa xeira negativa e volveu acadar unha vitoria, algo que viña merecendo e polo que viña traballando nas últimas semanas.
Pola súa parte, as Roxiñas vencían ao Espartanas e quedan en zona morna, mentres o Vila de Cee protagonizaba un partido moi bonito con moita intensidade, acadando unempate xusto ante as rapazas do Fene.

Xa na máxima categoria, a mala sorte e falta de definición condenaron ao Viaxes Amarelle FSF nun bo partido ante o Universidade de Alacante FSF e impediron que as Eva e Patri voltasen con premio da viaxe.


2ª División Estatal

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – LEIS PONTEVEDRA(3-3)
  • FISOBER: Leti, Ana, Inés, Myrella e Noelia; tamén xogaron: Mai, Raquel e Tamara.
  • Goles: 0-1 Ali, (descanso), 1-1 Noelia, 1-2 Anita, 2-2 Ana, 2-3 Ali, 3-3 Inés.

Os dous equipos conscientes da importancia do partido, mostráronse nerviosos e imprecisos de saída. Xa no primeiro minuto o primeiro susto para o Fisober, xa que nun choque fortuito a porteira local Leti tiña que abandonar a pista lesionada camiño dos vestiarios. O seu lugar ocupouno a xogadora de campo Raquel que cumpriu con creces nos minutos que lle tocou defender a portería costeira. Cinco minutos despois volvía Leti, xa recuperada do forte golpe no xeonllo. Tamén lle tocaban os sustos as lerezanas cando a porteira visitante Tami lle sacaba unha clara ocasión a Inés ca faciana e tiña que ser atendida tamén.
Pero non quedaban aí os sustos para o Fisober, xa que o pouco de volver a renqueante Leti, nun xiro inoportuno do xeonllo a local Myrella non puido continuar. Tres grandes paróns que non lle permitiron coller ritmo o partido neste arranque. O partido era un pouco tolo e os equipos non aproveitaban as súas ocasións, ata que a cinco minutos do tempo de lecer Ali adiantaba as visitantes. Respostaron as locais cunha clarísima ocasión de Noelia que non foi quen de empurrar un balón que se paseou pola liña. Co cero a un chegouse o tempo de lecer.

No arranque da segunda metade o Fisober saíu concentrado na busca dun empate que logrou os catro minutos por mediación de Noelia. Pouco lles durou a ledicia xa que Anita os oito minutos da reanudación volvía poñer por diante as pontevedresas. Con este gol o partido voltouse tolo, as costeiras necesitaban arriscar na busca de polo menos a igualada, algo que aproveitaban as visitantes para saír en perigosas contras. O gol podía caer dun ou doutro lado.
E foi un lanzamento de falta de Ana ,cando restaban xusto catro minutos, que despois de petar na madeira puxo a igualada a dous no electrónico.
Pero aínda lle restaba moito por vivir o partido. Xa que a dous e medio para o fin un novo gol de Ali, dáballe vantaxe as visitantes de novo.
As locais pediron tempo morto e decidiron arriscar co ataque de cinco, subindo a Leti. Algo que deu o seu froito cando a pouco máis de un minuto para o fin, Ana sacou unha falta rápido para Inés que puxo o definitivo tres a tres ante o delirio da parroquía local , que vía como o seu equipo rescataba polo menos un punto cando estaba contra as cordas.

Un puntiño que lle permite seguir soñando o Fisober ca permanencia, antes de afronta o difícil calendario que lles queda neste final de tempada. Dicir tamén que tanto Leti, como Myrella pasaron polo Hospital na noite do sábado e en principio as súas lesións quedaron, nun par de semanas de reposo que é o que precisamente para a competición.

Liga Provincial, xornada 21

  • Resultado: Fsf Villa de Cee - Ártabras Fene (3-3)
  • VILA DE CEE: Carla, Adriana, Alba, María e Andrea. Tamén: Marta Sandra Laura e Maria Lijo.
  • Goles: 0-1; 1-1: Adriana; 1-2; (descanso); 2-2: Andrea; 2-3; 3-3: Adriana.

O Fsf Villa de Cee enfrontouse na casa contra Artabras Fene FSF no Pavillón Municipal de Cee, cunha asistencia de público de unhas 100 persoas. Comezaron ambos equipos con moitas duúbidas, sen ter un dominador claro do partido, aínda que as visitantes dominaban o xogo as ceenses estábanse a defender ben e xenerando ocasións a con contras perigosas. No ecuador da primeira parte conseguiron marcar Artabras Fene FSF mais as ceenses subiron o ritmo e os poucos minutos conseguen o empate por obra de Adriana. Xa nos minutos finais da primeira parte marcan de novo o 1-2 o equipo visitante.

Na segunda parte as ceenses saen a polo partido e aos poucos minutos conseguen empatar por medio de Andrea. Xa co 2-2, tocáballe dominar o FSF Villa de Cee, e xeneraba moitas ocasións, pero a fortuna non estaba do seu lado e de novo sorprenden a Carla cun disparo fora da area e vólvense por diante do marcador as rapazas do Fene. As ceenses en ningún momento se renden e conseguen a falta de 2 minutos marcar de novo o definitivo 3-3, outra vez por obra de Adriana. Intentaron nos intres finais as Ceenses e por varias ocasións poderán levarse o partido, mais non tiveron a fortuna necesaria.

As estrelas nesta ocasión tocan: 3* para Adriana partidazo, con dous goles e sendo o motor do equipo, 2* Andrea, 1* María.

Liga Provincial, xornada 21

  • Resultado: Espartanas - Concello Carnota Lira FSF (2-3)
  • Goles: 0-1, min.22: Bárbara; 1-1, min.25; 1-2, min.30: Sandra; 2-2, min.31; 2-3, min.38: Tere.

Visitaban esta semana as Roxiñas o pabellón San Francisco Javier, onde se ían enfrontar ó equipo máis antigo da competición, as Espartanas. Un pouco mermadas polos malos resultados das últimas xornadas, as roxiñas loitaron desde o minuto 1 para gañar o partido. Unha primeira parte moi disputada, na que tanto Bárbara como María dispoñían de oportunidades para marcar ó final chegaban co marcador a 0 ó ecuador do partido.

Espabilaron as roxiñas no descanso, e aos 2 minutos e medio marcou Bárbara despois dun brillante regate ante a porteira. Ó pouco empataban as Espartanas cun auténtico golazo no que o árbitro parecía que ía parar o xogo por unha falta a Lía e a colliu fóra de sitio.
Non baixaron os brazos as Roxiñas a pesares do dura que foi a segunda parte no que a faltas se refire e Sandra volvíaas a adiantar no marcador con unha falta directa ó borde da área. Ó minuto, outra vez empataban con unha falta desde o medio do campo as Espartanas.
Seguían a loita as de Lira para levarse o partido e, a falta de 2 minutos para o final do partido Tere, cun disparo raso e colocado ó pau esquerdo batía á porteira poñendo o definitivo 2-3 no marcador, deparando unha fantástica vitoria para as lirachas.

Liga Provincial, xornada 21

  • Resultado: BeArt 5 Coruña - Concelo Ponteceso FSF (1-1)
  • CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Martina, Noa e Sandra - tamén xogaron - Elsa, Cintia, Carmen e Carla.
  • Goles: 1-0, min.12: Alicia; 1-1, min.28: Sandra.

Empate do Concello de Ponteceso ante un rival directo na zona alta, co segundo posto en xogo. O Ponteceso tivo máis o balón ante un cadro herculino que esperaba para saír á contra. E así se adiantaban as coruñesas, que tiñan á fisterrá Leny no 5 inicial.

Á volta dos vestiarios, as de Barca e Curro tomaroin o mando e dominaron por completo, coseguindo un máis que xusto empate co tanto de Sandra.

Liga Provincial, xornada 21

  • Resultado: A BAÑA F.S.F. – FISOBER “B” F.S.F. (1-2)
  • FISOBER B: Alejandra, Nuriña, Paula Fandiño, Andrea Muíño e Laura ; tamén xogaron : Andrea Piroja e Paula Lema.
  • Goles: 0-1 Nuriña, 1-1 Andrea, (descanso), 1-2 Paula Fandiño.

O filial do Fisober fixo unha moi boa primeira metade. Despregando un fútbol sala moi asociativo e que lle permitiu crear boas ocasións. Froito do dominio , mediada esta primeira metade, un balón filtrado por Paula Fandiño cara Nuriña deixouna no man a man ca porteira, da cal se desfixo cun excelso amago marcando a pracer o primeiro gol visitante. Pero o dominio non se traduciu en goles e non desaproveitaron as locais para igualar nos últimos minutos desta primeira metade por mediación de Andrea. Con igualada chegouse o tempo de lecer.

A segunda metade foi moito máis tola e con menos orde. O filial xa non foi quen de coller o dominio do partido. Pero mediada a segunda metade aproveitou unha xogada de pizarra despois dun saque de esquina para levarse o partido cun gol que rematou con lanzamento de Paula Fandiño.

As costeiras aguantaron o resultado para levarse uns tres puntiños que viñan merecendo fai tempo. Destacar que o gran traballo de todo o equipo permitiu, que os goles do filial foran obra das xogadoras máis noviñas da convocatoria, Nuriña e Paula Fandiño, no día que volvía Paula Lema despois de varios meses de ausencia e no que se enfrontaban a súa ex compañeira María Maroñas.


1ª Estatal, xornada 23

  • Resultado: Universidad de Alicante - Viaxes Amarelle FSF (4-1).
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Dolo, Lago, Lidia Mesías, Espi (cinco inicial), Cris, Patri, Noe, Yaiza.
  • Goles: 1-0 Paola (min. 16); 1-1 Lidia Mesías (min. 16); 2-1 Yaiza propia puerta (min. 19); 3-1 Espi propia puerta (min. 21); 4-1 Mónica Castillo (min. 24).
Eva Lema en Alacante co Amarelle

O Viaxes Amarelle FSF segue unha xornada máis sen poder puntuar como visitante, este fin de semana tiña un complicado encontro contra o Universidade de Alacante FSF, e caeu en casa do seu rival por un marcador en contra de 4-1, onde a mala sorte ao encaixar dous goles en propia porta e a falta de definición condenaron ás herculinas.

A primeira metade empezou cun Viaxes Amarelle FSF envorcado na presión do equipo rival e xerando ocasións para poñerse por diante, pero sen fortuna de face a gol. A igualdade estaba patente na pista e os goles non chegarían ata a falta de catro minutos cando Paola aproveitaba un despiste defensivo das herculinas para subir ao marcador o 1-0, pero apenas uns segundos máis tarde Lidia Mesías conseguía igualar a contenda cun disparo de10 metros axustado ao pau. O equipo de José Carlos Martín, Chipi, estaba facendo un bo partido, pero a falta de 30 segundos para o descanso un tiro cruzado de Andrea tocaba no área pequena en Yaiza e subía o 2-1 para as universitarias, resultado co que se iría ao descanso.

Na reanudación, as herculinas mantiveron unha presión alta, pero volvéronse a atopar con outra xogada de mala sorte, nunha xogada de córner das alicantinas chegaba un disparo de Paola e tocaba en Espi para que en propia porta, subise o 3-1 para o Universidade de Alacante FSF aos dous minutos de xogo. O partido non estaba no mellor momento das herculinas e no minuto 24 Paola aproveitaba para nun disparo exterior anotase o 4-1. Malia a diferenza no marcador, as herculinas seguiron loitando por recortar distancias, pero con pouca fortuna de face a gol. O marcador non se moveu malia a intensidade no xogo das herculinas para buscar o gol e as alicantinas quedáronse cos tres puntos ao impoñerse por un 4-1.

Tras este novo varapalo, toca volver traballar durante as dúas próximas semanas para afrontar un partido vital na loita por evitar o descenso, contra o último clasificado, o Tecuni Bilbo FSF. O horario e a data do partido aínda están por determinar.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da temporada

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colabora o Fisober, do Lira FSF, e o Vila de Cee FSF, 5 Coruña e Viaxes Amarelle.

Comentarios