Ligas Galegas: Un paso de xigante e outro atrás
Tres situacións diferentes atopamos aos tres equipos costeiros nas Ligas Autonómicas. Por unha banda, o Dumbría Cadete conseguía unha vitoria que practicamente lle dá a salvación, aínda con 10 partidos por diante.
Mentres o XSC cadete caía pero vía como os seus rivais por evitar o descenso tampouco sumaban, polo se mantén en postos de salvación, pero sen poder baixar a garda.
O que si que ve a cousa complicada é o Dumbría Infantil, tras unha e inxusta derrota deixa xa a salvación a 11 puntos, con aínda, iso si, 12 partidos por disputarse.
División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 24
- Resultado: S.de Compostela - Dumbría (0-1)
- DUMBRÍA: Gabriel, Josiño, Fabio, Pablo, Ayoze, Marcos, Luís (Adrián, min.65), Mario (Cristian, min.69), Xavi, Borja e Gabi.
- Gol: 1-0, min.12: Marcos Mouro remata un córner botado por Borja.
Partido moi serio do Dumbria ante un rival, o Santiago, que buscaba desesperadamente os tres puntos para alonxarse dos postos de descenso. Saía o Dumbría ó campo do Villestro buscando a vitoria sabendo da desesperación que podería ter o Santiago pola súa posición na táboa clasificatoria e os xogadores de Juan e Joaquín conseguían pronto dominar o encontro, facéndose coa posesión da pelota e creando ocasiós de perigo. A primera sería de Luis, no 9', logo dunha falta botada por Borja que o propio Luís remataría preto do pau da portería santiaguesa. A segunda ocasión traería consejo o gol dumbriés, era o 12', logo dun saque de esquina lanzado por Borja e que Marcos Mouro remata ó fondo das mallas santiagueñas. Co 0-1chegábase ó fin dos primeiros corneta minutos.
Xa na segunda meta de o Dumbría seguía buscando o gol e no 54' Luís envía por riba do longueiro outra boa ocasión para os visitantes. No 59' e no 61' Adrián tería dúas boas ocasións para aumentar o marcador pero non o conseguía. A única ocasión para o Santiago sería no 74' cun disparo lonxano que Gabriel, portero dumbriés enviaba a saque de esquina logo dunha boa parada. E con 0-1 remataba o encontró cunha importantísima vitoria para o Dumbria que virtualmente o sitúan na próxima tempada, un ano máis, na DH cadete.
Liga Galega Cadete, xornada 24
- Resultado: R.C. Villalbés - Xallas StComba (2-0).
- XSC: Rubén; Óscar (Carlos Rieiro, R, Pablo, Alberto; Raúl, Juanjo; Juan Lois (Manuel), Carlos Baio, Thiago e Grille (Rubén Suárez).
- Goles: 1-0, min.18; 2-0, min.21.
Tralos dous tantos, o dominio correspondeu ao XSC cun Racing Villalbés replegado e buscando o contragolpe, pero sen crear grandes ocasións de gol, nin uns nin outros.
Na segunda metade acrecentouse o dominio dos xalleiros, que gozaron de tres ocasiones para bater a meta local, pero unha vez máis non foron capaces de materializar en gol o seu dominio e pelexa. Ao final, unha derrota que deixa aos xalleiros como estaban na táboa, pois o Compostela non puido puntuar, e seguen fóra dos postos de descenso.
Esta semana, derby ante o Bergantiños en Santa Comba, onde os dous equipos necesitan os puntos, pero especialmente o Xallas de Santa Comba para poder escapar da zona de perigo.
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría - Play Off Descenso Norte Impar, xornada 2
- Resultado: Dumbría - Residencia (0-1)
- DUMBRÍA: Juan; Xan (Jhonny, min.70), Àlex (.Samuel, min.68), Toni, Luis; Brais Fdez., Moisés, Berto (Hugo, min.46), Adrián, Tajes (Ángel Sestayo, min.60) e Mateo.
- Gol: 0-1, min.55.
3 puntos vitais que se escaparon do Conco, onde, si algún equipo se fixo acreedor á vitoria, ese foi o Dumbria. Os infantís costeiros afrontaron o choque como si fora unha final, e a resposta en canto a motivación foi óptima. E en cando ó xogo tamen foi positiva, posto que o dominio do mesmo sempre estivo do lado dumbriés. Sobre todo no primeiro tempo, onde o porteiro local Juan foi casi un espectador, en canto non tivo que facer paradas salientables.
O Dumbría tampouco se achegaba con demasiado perigo, pero nun par de opcións de Tajes e Adrián, sí q puso o Uuy na bancada.
A ocasión máis clara dese primeiro acto, foi unha boa combinación entre Mateo e Tajes, os puntas locais, onde o camariñán foi derrubado cando ingresaba na área, probablemente cando xa estaba no seu interior, malia que o colexiado entendeu que fora fóra. E a falta botada polo capitán Adrián, foise ó limbo.
Na reanudación, o equilibrio seguía marcando o partido. Pero un balón solto no borde da área nunha xogada aillada, era pateado con arte por un centrocampista lucense, a aloxábase na rede do marco local.
Quedaban 25 minutos para a posible igualada. O Dumbría puxo cerco ó gran cancerbeiro visitante (en altura e seguridade), pero os intentos de Adrián, Sestayo, Luís ou Brais Fdez. non obtiveron recompensa.
Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría
- X.23: Sen perder a ilusión.
- X.22: O Dumbría Infantil pensa xa no Play Off por evitar o descenso.
- X.21: Moita loita e pouco resultado.
- X.20: Dous puntiños para seguir sumando.
- X.19: Unha gran vitoria e dúas previsibles derrotas.
- X.18: Dúas derrotas ante os grandes e unha vitoria que tranquiliza.
- X.17: Xsc e Dumbría de Cadetes comezan o ano con resultados dispares nas súas ligas.
- X.16: Esperando o turrón para recuperar folgos.
- X.15: Dúas remontadas para a esperanza.
- X.13: Doble xornada dispar para os cadetes xalleiros e dumbrieses.
- X.12: Unha gran vitoria a domicilio.
- X.11: Unha vitoria e dúas derrotas con distinto sabor.
- X.10: O XSC pega o estirón.
- X.9: Dous empates e mellores sensacións.
- X.8: Un punto histórico que sabe a ouro.
- X.7: Pleno en casa.
- X.6: O XSC tamén sabe gañar.
- X.5: Dúas vitorias que puideron sen tres.
- X.4: Merecendo máis.
- X.3: Mala sorte.
- X.2: Primeiros puntos, pero faltan os goles.
- X.1: 3 severas derrotas pero boas sensacións.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: A Mikaela e o Muxía case poden co Cerqueda mentres o Ameixenda adica a vitoria a Manolín.
- 2ª Autonómica: Aprétase o alto da táboa con 4 equipos en 2 puntos.
- 1ª Autonómica: O Soneira voa e o Sofán aterra, mentres Esteirana e Corme vén a luz.
- Preferente: Novo cambio de papeis.
- Resultados e análise doutra xornada de Entroido no Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- O Manuela Rial, o Muxía e o Fisterra, campións das LCFS.
- O novo local social do Sofán, unha viaxe pola historia da SD.
- 4 clubs na reunión da Asociación de Clubs do Fútbol da Cota.
- QPC entrevista a Emilio Uzal, adestrador da UD Cerqueda, líder da 3ª.
- Convocada unha reunión dos clubs do Fútbol da Costa.
- Aprétanse as táboas dos Pichichis costeiros.
- Víctor Espasandín: Coñecendo a un xalleiro na elite do fútbol español.
- O Estética Raquel mantense invicto no ecuador das Ligas de FS de Cee.
- Comezaron as obras para instalar céspede artificial en Agra da Filgueira.
- A Noite máis Solidaria do Fútbol da Costa.
- O Campo do Carreiro ou a forza dos veciños.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).