Ligas Galegas: Dúas derrotas ante os grandes e unha vitoria que tranquiliza



Non puideron sacar nada positivo os equipos dumbrieses dos choques ante dous grandes como o Deportivo ou o Lugo. Pero o que si levou premio foi o XSC que sumou a primeira vitoria do ano, unha vitoria importante, que alonxa aos de Corredoira dos postos de descenso. Con 16 puntos, está con 5 de vantaxe.
División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 18
R.C Deportivo - Dumbría (3-0)
- DUMBRÍA: Jorge (Gabriel, min.65), Josiño (Xabi, min.65), Fabio, Pablo, Raúl, Jose (Mario, min.56), Ayoze, Marcos, Toja (Adrián, min.41), Borja e Brandón (Gabi, min.45).
- Goles: 1-0, min.13: 2-0, min.65; 3-0, min.77.
Sen embargo, a primera ocasión clara de gol sería para o Dumbría por medio de Ayoze que se plantaba so diante do porteiro coruñés Esteban e logo de regatealo escórase a un lado e dispara fóra moi preto do pao. O primeiro gol do encontro chegaría no minuto 13 logo dun saque de esquina, mal defendido polo Dumbría, a pelota chegaría a Boedo que logo de controlar o balón, na liña do área pequena, e tras dous amagos batía fácil a Jorge. Así remataba a primera metade cún 1-0 a favor dos locais.
Na segunda parte o partido transcorrería igual que na primera, con Deportivo controlando moi bien o xogo e o partido,sen dar opción ó Dumbria, e así chagarían dous goles máis, de Boedo e Diego, rematando o partido cun 3-0 moi claro para o RCD da Coruña.
Liga Galega Cadete, xornada 16
XSC - Orillamar (4-1)
- XSC: Rubén, Guillín (Brais), Raúl, Pablo, Carlos Baio; Juan Lois, Thiago; Manuel (Mosteiro), Carlos Rieiro (Rubén), Óscar e Grille (Héitor, min.63).
- Goles: 1-0, min.6: Manuel; 1-1, min,7; 2-1, min.38: Thiago; 3-1, min.61: Carlos Rieiro; 4-1, min.73: Thiago.
Partido moi intenso onde o XSC, mercé ao seu traballo, ritmo e organización, alcanzou o seu primeiro triunfo do novo ano, ante un rival directo como o Orillamar, que nada puido facer para evitar o claro éxito dos xalleiros, que, deste xeito, colócanse catro puntos por encima dos coruñeses e igualan o golaverage particular co Orillamar, por canto na primeira xornada de liga perderan na Coruña por 3-0.
Xa desde o principio viuse un XSC con ganas de sumar o triunfo, superando aos coruñeses, adiantándose pronto no marcador, pero un gol en propia meta poñía un inmerecido empate un minuto despois.
Durante uns instantes os locais pareceron perder a orde, pero aos poucos puxeron cerco á meta visitante e antes do descanso Thiago restablecía a vantaxe xalleira no marcador.
Na segunda metade mantívose a tónica, pero tralo 3-1 e a expulsión dun xogador visitante, o XSC pasou a ser claro dominador e ata gozou de numerosas oportunidades como para alcanzar un resultado aínda máis amplo que o 4-1 final.
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 15
Dumbria - Lugo (0-3)
- DUMBRÍA: Juan (Breogán, min.60); Samuel, Toni, Luis, Alex; Brais Fdez (Brais Mtnez, min.67), Moisés (Xulián, min.70), Sergio, Xan (Ángel Sestayo, min.65), Berto (Hugo, min.50) e Adrián.
Derrota dolorosa para in Dumbría infantil que dá notorias mostras de melloría a nivel colectivo, pero que segue penalizando en exceso erros puntuais, que aproveitan os rivais.
O sábado do Conco, o Lugo non amosou unha gran superioridade, aínda que tivo o control do balón sobre todo no primeiro tempo, pero sacou petróleo dunha boa contra e dun erro nun saque de banda en campo propio dos dumbrieses para coller unha renta casi insalvable xa no descanso.
Ainda así, os costeiros reaccionaron e equilibraron o partido no segundo acto. A presión avanzou, e empezou a haber achegamentos perigosos, sobre todo coa insistencia de Adrián. Cando se vislumbraba algún gol local, chegou o 3º visitante, cun gran tiro pola escadra.
O Dumbria non baixou os brazos, e con Toni e Luis máis avanzados chegaron máis balòns a Adrián, e algunha ocasión clara. Pero non o gol. Os costeiros deben de seguir remando nesta dura singladura.
Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría
- X.17: Xsc e Dumbria de Cadetes comezan o ano con resultados dispares nas súas ligas.
- X.16: Esperando o turrón para recuperar folgos.
- X.15: Dúas remontadas para a esperanza.
- X.13: Doble xornada dispar para os cadetes xalleiros e dumbrieses.
- X.12: Unha gran vitoria a domicilio.
- X.11: Unha vitoria e dúas derrotas con distinto sabor.
- X.10: O XSC pega o estirón.
- X.9: Dous empates e mellores sensacións.
- X.8: Un punto histórico que sabe a ouro.
- X.7: Pleno en casa.
- X.6: O XSC tamén sabe gañar.
- X.5: Dúas vitorias que puideron sen tres.
- X.4: Merecendo máis.
- X.3: Mala sorte.
- X.2: Primeiros puntos, pero faltan os goles.
- X.1: 3 severas derrotas pero boas sensacións.
Novas relacionadas
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- Xuvenís: Un Camariñas campión e os cadros da seguinte fase listos.
- 3ª Autonómica: O Cerqueda toma o relevo do Ameixenda.
- 2ª Autonómica: O Outes apreta e o Montelouro respira.
- 1ª Autonómica: O Soneira é un vendabal.
- Preferente: O reforzado XSC pasa a un novo Dumbría.
- Análise e resultados da segunda xornada do 2015 no Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).