Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O Fisober estrea segunda volta e páxina web

O Fisober estrea segunda volta e páxina web
O Fisober facendo estratexia

Este sábado arrincaba a segunda volta para o Fisober da 2ª Estatal, pero tamén a súa nova páxina web www.fisoberfsf.com. Aínda que non puido celebrar a estra co vitoria no derbi galego da Segunda División Nacional, un empate nos serve para entrar e ver como é a nova web. Iso si, as vimiancesas quedan nunha cómoda 6ª praza en metade da táboa.

Mentres, na Liga Provincial, os nosos colleitaron dúas derrotas e unha vitoria. Foi o Concello de Ponteceso o que sacaba os 2 puntos ante A Baña, mentres o Fisober B caía ante o Estradense e o Villa de Cee rompía unha xeira espectacular ca visita do Portosín. Quedan poisas pontecesás na 6ª praza con 19 puntos, as ceenses na 7ª con 15, e as vimiancesas na 9ª con 13 puntos.

2ª División Estatal

Partido do Fisober-
  • Resultado: A FERVENZA - FISOBER F.S.F. (3-3).
  • FISOBER: Eva, Patri, Elsa, Ana e Noelia; tamén xogaron: Nuria, Myrella, Raquel e Inés.
  • Goles: 0-1, min.14: Myrella; 1-1, min.19: Claudia Paz; (descanso); 1-2, min.25: Nuria; 2-2, min.29: Cintin; 2-3, min.31: Nuria; 3-3, min.38: Cintia.

Rematou con igualada nun partido cheo de goles raros e no se lle foron dous puntos o final. As da Costa nunca foron capaces de poñer dous goles de marxe e as de Ferrolterra nunca se rendiron.
Saíron a pista os dous equipos temerosos conscientes da importancia do partido, as xóvenes xogadoras locais por mor da súa clasificación e as visitantes aínda co duro resultado fronte o Stilo na mente.
Primeiros minutos de tanteo cos equipos buscando seu sitio na pista. As visitantes decidiron de saída esperar a media pista e deixar crear as locais. Co paso dos minutos foi crecendo a intensidade visitante.
E así foron chegando as primeiras ocasións para as da Costa por parte de Elsa, Noelia e Nuria despois que tentaron abrir o marcador. Algo que ocorreu no minuto 14 nunha contra visitante que cando parecía que perderan toda a vantaxe ,rematou cun lanzamento de Myrella ca esquerda que se colou pegado o pau para poñer o cero a un.
As locais descentráronse un pouco co gol pero as da Costa non foron quen de aproveitalo, nin Inés nin Noelia acertaron nas ocasións máis claras. Para as locais un lanzamento de Laura Doce que despexou Eva.
E cando parecía que se ía chegar con vantaxe visitante o tempo de lecer un lanzamento de Claudia Paz a pouco máis de un minuto para o fin, esbaroulle entre as mans de Eva e entrou paseniño na portería.

Comezaba un novo partido de vinte minutos e os dous equipos foron máis agresivos na segunda metade. Salio disposto o Fisober e Noelia no primeiro minuto gozaba dunha boa oportunidade,pouco despois era Nuria quen facía dano as costas das locais pero Nerea desfacía o perigo.
A quince para o fin un lanzamento de Nuria despois dun saque de esquina tropezaba nunha serie de pernas e colábase para facer o 1 a 2.
Pero pouco lle durou a ledicia as visitantes xa que un lanzamento local a once para o fin tropezaba na perna de Ana e describía unha incrible parábola por encima de Eva para que Cintia solo tivera que empurrar sobre a mesma liña.

Despois deste gol chegaron os mellores minutos do Fisober, a dez para o fin un perigoso lanzamento de Patri. A nove para o remate do encontro unha contra finalizada por Nuria poñía o 2 a 3 no electrónico. Solo un minuto despois unha xogada de Patri remataba co seu lanzamento o pau. As da Costa non eran quen de poñer un segundo gol de vantaxe que derrumbara as xóvenes e combativas xogadoras locais. A cinco para o fin chegou a xogada polémica do partido cando as visitantes pediron un posible penalti sobre Patri.

E ao igual que na primeira metade a pouco máis de un minuto para o fin cando parecía que os puntos viaxarían cara Vimianzo un lanzamento de Laura Doce colouse por unha morea de pernas Eva despexou, pero a máis pequena da clase, Cintia andaba por alí de novo para aproveitar o balón e igualar o partido. Aínda así a sete segundos para o fin un balón longo que peiteou Ana case se converte no gol da vitoria visitante.

Liga Provincial, xornada 12

  • Resultado: ESTRADENSE – FISOBER “B” F.S.F. (7-2).
  • FISOBER B: Anabel, Tamara, Laura, Inés e Paula Fandiño; tamén xogaron: Andrea e Alejandra.
  • Goles: 0-1: Paula Fandiño, 1-1, 2-1, 2-2: Inés, 3-2, (descanso) 4-2, 5-2, 6-2, 7-2.

Arrancaba a segunda volta o filial do Fisober na casa do líder de provincial pero non puido traer nada para a Costa ante un excelente ambiente en A Estrada con gran cantidade de público. Moi boa primeira parte do filial que lle puxo as cousas moi difíciles o líder, pero na segunda a chegada do cuarto gol foi unha lousa que xa non puideron superar. Comezou moi ben o partido o equipo visitante e incluso se puxo por diante por mediación dun gol da infantil Paula Fandiño. O líder mostrou as súas credencias e deulle a volta o partido poñéndose dous a un o seu favor. Conseguía empatar Inés para o Fisober poñendo o dous a dous no electrónico. O tempo de lecer chegouse con tres a dous a prol das locais.

No arranque da segunda metade Inés tivo a ocasión para o tres a tres que quizais puido cambiar o partido. Case de seguido chegou o catro a dous que fixo moito dano as xóvenes xogadoras da Costa. Con este gol fóronse do partido e así se chegou ata o sete a dous definitivo.

Liga Provincial, xornada 12

Imaxe do Partido do Ponteceso FSF ante A Bana
  • Resultado: SD A Baña - AD Vila de Pondal-Concello de Ponteceso FSF (1-3)
  • A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Bea, Ana, Martina, Carla e Laura – tamén xogaron – Zeltia, Salomé, Sandra e Alba.
  • Goles: 1-0.- Andrea (min.35); 1-1.- Ana (min.45); 1-2.- Sandra (min. 47); 1-3.- Ana (min.49).

O Concello de Ponteceso comezaba a segunda volta da mesma maneira que acabou a primeira, tocado polas lesións de varias xogadoras, o que fai que o equipo non consiga estar ó 100%. Despois dunha irregular primeira volta, chegaban a A Baña con ganas de comezar ben a segunda etapa do campeonato ligueiro levando os tres puntos para a vila de Pondal, pero as locais non llo iban poñer fácil.

A primeira metade comezou co Ponteceso tendo o balón e coas locais esperando atrás, co que as pontecesanas tiñan a posesión pero sen apenas crear perigo. A medida que pasaban os minutos, as locais conseguían disputarlle a posesión ás visitantes facendo que o partido se convertise nun idas e voltas, pero con poucos tiros a portería. Tan só Rocío para as da Baña e Alba para o Ponteceso conseguiron que o balón chegase ás porteriás contrarias, con dous tiros ó pao de cada unha. Foi nos últimos 5 minutos do primeiro tempo cando as xogadoras de Barca e Curro tiveron máis oportunidades de poñerse por diante no marcador, con dous tiros de Alba que pasaron rozando o pao e cunha clara dobre ocasión de gol que nin Alba nin Martina logran materializar. A última en intentalo foi Sandra, que nos últimos minutos manda o balón por riba da portería tras un tiro desde a frontal da área. Ían así cara o vestiario coas tablas no marcador.

O segundo período comezou co Ponteceso máis metido no partido, subindo a defensa e roubando o balón no campo contrario, o que lle creou varias ocasións de gol nos primeiros minutos que non aproveitaron. A pesar da presión das pondalianas, as xogadoras de Ignacio non baixaron os brazos e intentaban chegar á portería defendida por Bea. Nun saque de córner tras un tiro de Andrea que rexeita Ana, a mesma Andrea conseguía poñer ó seu equipo por diante no luminoso cun bo tiro ó que non pode chegar Bea. A partir deste gol, encerráronse atrás as locais e o partido foi un ataque contínuo das pontecesanas, que vían como tiro tras tiro, o balón non entraba na portería. Pero no minuto 45, Ana rouba un balón no medio do campo e, tras unha boa contra, remata a xogada cun bo tiro poñendo o empate no marcador. Dous minutos despois, era Sandra a que volvía a roubar o balón no campo contrario e cunha boa xogada individual conseguía remontar o partido a favor do Concello de Ponteceso. Pero non sería o último tanto, xa que nos últimos segundos, Ana culminaba a remontada poñendo o 1 a 3 final no luminoso tras un despexe da meta local a un disparo de Laura. 
Cinco últimos minutos de infarto nos que conseguían a vitoria as pondalianas que, a pesar de non facer un bo partido, con ganas conseguiron darlle a volta ó marcador, acadando así os 3 puntos que as deixan sextas na táboa clasificatoria.

A próxima xornada o Concello de Ponteceso enfrontarase ó Grupo Work, partido que terá que ser aplazado por non dispoñer de pavillón debido á Motofesta que se celebra en Ponteceso esa fin de semana.

Vindeira xornada na Liga Provincial

  • Fisober F.S.F. "B" - C.D. Mabegondo.
  • A Fervenza F.S.F - F.S.F. Villa de Cee: 08/02/2014 ás 12:30 en As Lagoas.
  • Concello de Ponteceso F.S.F. - Grupo Work: 08/02/2014 ás 18:00 no Municipal de Ponteceso.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios