Preferente: A mocidade toma o relevo de cara a 2015


Parece que tanto os Canosa e Lobelos por Dumbría e Rubén Coméndez por Santa Comba queren deixar bo sabor de boca aos rapaces da canteira. Nesta última xornada do 2014, os equipos costeiros da Preferente - Senra Sport pechaban con resultados dispares, pero rematan o ano moi parellos, cun só punto de diferencia entre ambos e aínda con opcións de meterse arriba.
O máis salientable, é a participación dos Javi, Marcote, Coke, Sergio Barbeira, Steven… Rapaces en idade xuvenil, saídos da canteira que xa están tendo minutos en toda unha categoría como a Preferente.
Aí van o resumos destes dous partidos, mentres quedamos pendentes do Partido Benéfico do Combinado da Costa da Morte artellado por QPC.
Escairón - Dumbría (2-1)
- DUMBRÍA: Iván, Tantán, David (Bryan, min.65), Iago, Aarón, Pablo, Cote, Darío, Javi (Jesús, min.54), Marcote (Diego Cespón, min.55), e Adrián Makaay.
- Goles: 1-0, min.6: 2-0, min,55; 2-1, min.70: Adrián Makaay.
Moita xuventude no cadro de Canosa e Lobelos pero non valeu desta volta para traer algo positivo do campo do Saviñao. E iso que os locais levaban 6 partidos sen gañar. O cadro dumbriés non foi quen de facer o seu xogo combinativo e os locais marcaron pronto, souberon administrar a renda e mesmo tiveron ocasións durante a segunda metade de ampliar o marcador. Adrián Makaay maquillou o marcador a 20 minutos do final, pero non houbo fe no empate.
Xallas StComba - Sarriana (5-0)
- XSC: Julián (Coke, min.90), Rubén Forján, Oscarín, Rubio, Jota, David Baña (César, min.72), Marcos (Sergio Barbeira, min.65), Steven (Choco, min.50), Pablo Muíño, Jesús (Joshi, min.61) e Kevin.
- Goles: 1-0, min.27: Pablo Muíño; 2-0, min.31: Kevin de penalti sobre el mesmo; 3-0, min.52: Kevin rouba na presión, dribla a un defensa e define por baixo; 4-0, min.73: Pablo Muíño de penalti; 5-0, min.87: Kevin.
Bo partido do XSC para pechar este 2014. E iso que custou marcar o primeiro gol, pero a partir do golazo de Pablo Muíño dende 25 metros á media hora, a Sarriana tivo que arriscar deixando ocos atrás para que os Kevin, Marcos e o propio Muíño creasen moito perigo. Kevin marcou o segundo pronto dende os 11 metros, e o terceiro nada máis comezar a segunda metade que xa acababa co partido. Ambos aínda tiveron tempo de repetir.
Novas relacionadas
Crónicas de Preferente – Senra Sport
- X.16: Cambio de marcha.
- X.15: 38296>O XSC caza ao Dumbría.
- X.14: O XSC saca petróleo do Conco.
- X.13: O Dumbría métese definitivamente na loita polo ascenso.
- X.12: O Dumbría pega un salto.
- X.11: Doble premio cun importante debut.
- X.10: O XSC achégase ao Dumbría.
- X.9: Sen fortuna.
- X.8: O Dumbría despega e o XSC aterra.
- X.7: Dous empates con sabores distintos.
- X.6: Para esquecer.
- X.5: Sumando.
- X.4: Punto a punto con boas sensacións.
- X.3: Collendo posicións.
- X.2: Xornada dispar para Dumbria e XSC na Preferente.
- X.1: Arrincou a campaña oficial para Dumbría e XSC con boas sensacións.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
Novas relacionadas
- Rafael Louzán, ‘xefe’ do fútbol galego.
- Os vellos roqueiros toman os pichichis.
- Pablo Varela: Una tarde al lado de Frank Lampard.
- Xa temos Cadro da Copa da Costa 2015.
- Entrevista de David Castro co meta coristanqués de 1ª División, Rubén.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).